Como as entradas fagoas con adianto, non podo saber que tempo fara hoxe, un festivo o fin desta larga ponte. Por si o tempo esta triste e non apetece dar unha volta pola cidade, sempre tedes a opción de ir o cine.
Esta opción hoxe require que encaminedes os vosos pasos, nunha dirección unica, cara o "Centro Comercial"; pero houbo un tempo non moi lonxano, no que tiñamos que decidir a que sala iamos acudir.
No centro, e moi cercanos entre eles, o Teatro Losada, o Cine Mary, e o Coliseo Xesteira, (por orde alfabetico pra non dar lugar a queixas); na rúa da Paz, o Teatro Principal (o Peripepe, como queirades, algún día falaremos de onde lle viña este nome), na avenida Wilson (como me gusta ese nome, sen despreciar a Curros Enriquez), o Cine Avenida, e no barrio da Ponte o Cine Yago.
Nos recortes, de prensa, ides botar en falta, o anuncio do Principal, pero e que os obtiven da "Hoja del Lunes", e a lo menos no numero que consultei, non se anunciaba, a ver si ia ser que pechaba os luns por descanso do persoal, coido que vai ser que non, pero ....
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias