Non quero que volva ocurrir o da exposición de onte, polo cal esta vez voume adiantar os acontecementos, e falarvos desta outra magnifica exposición.
O 24 de marzo, comezou a sua xira por diferentes puntos da xeografía Galega, esta mostra fotografíca, ben organizada, polo Centro de Estudos fotograficos de Vigo (Manuel Sendon, Xosé Lois suarez Canal).
Xa daquelas, comenteivolo, aproveitando a publicación do fermoso catalogo que a acompaña; (facede clic Eiqui e revisade a entrada), por fin, arriba a nosa cidade, o día 18 deste mes, no centro Social Caixanova. Se non tivechedes a oportunidade de visitala ainda, agora tedes esta nova ocasión, pra ser sincero, penso que os que xa a virón, non teran problema en repetir.
Entre centos de marabillas fotografícas, poderedes descubrir algún dos montaxes que o mestre Augusto Pacheco, facia nos anos cincuenta, daquelas o photo shop non existia, pero el xa facia traballos de moita calidade, mirade senon a fotografía que acompaña a entrada, na que un bo amigo del, estaba dentro de un tarro, non sei se seria de formol, tanto era o cariño, que queria conservar o amigo por sempre?, (non sei se a mín gustariame que me tiveran tanto aprecio, e menos se vedes algunha mais dos montaxes que don Augusto fixo con este mesmo amigo; a mín persoalmente, gustame ter a cabeza enriba do tronco, non diante).
Pero non vos vou decir nada mais, somentes recomendarvos que vos acheguedes pola sala, que seguro que vos vai sorprender.
O 18 de novembro, no Centro Social Caixanova, formando parte das exposicions do Outono fotografíco, tedes "Pano de Fondo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias