O mercores pasado, o amigo Francisco Espino, director do Arquivo Municipal, tivo a amabilidade de invitarme a inauguración das novas salas, do Arquivo Municipal.
Nalgunha ocasión falei do estado, imos deixalo como "complicado", no que se desenrola o seu labor. Hoxe non e momento, pra pedir moitas milloras, eso, por desgraza temolo claro; así que habera que contentarse co que hai.... Bó, soo a xeito de suxerencia, o millor podiase facer un convenio co Centro Civico que comparte as instalacions alí na Cuña, e que se poidera compartir tamén o uso da sala de ordenadores, non sei se sera factible, pero e unha idea.
Deixemos o tema, felicitando a Dona Carmen, Don Francisco, e mais Don Fernando, polas milloras conseguidas; de seguro que o seu traballo non pode millorar en calidade (mais, xa e dificil), pero un pouco millorara en comodidade.
Co gallo da inauguración, fixeron unha pequena exposición de fondos, e sintoo que poucos teñamos sido os que a poidemos ollar; como sei que moitos non se enteraron da celebración, nesta e nalgunha entrada mais, mostrareivos algunha das xoias expostas.
Eiqui tedes, no primeiro lugar, o proxecto inicial do arquitecto Manuel de Navas, pra o edificio do Concello, que si vos fixades non foi o definitivo, pero as modoficacions tampouco foron moitas.
A continuación, tedes unha das primeiras urnas electorales que se utilizaron na cidade, ou eso,supoño, xa que ainda non tiven ocasión de confirmar a información, polo que non descarto, que fora unha urna de votacions internas do Concello.
E de remate, tedes un fermoso diseño de cartel publicitario, que haberia que investigar si chegou a ser realidade, eu pensoque me soa de velo nalgunha vella fotografía, o que non lembro, e si era na Praza Maior, ou na parte baixa dos xardins do Bispo Cesareo.
Pra rematar, agradecerlle o Concello que non se esquecera do Arquivo, e posibilitara estas milloras, pero o mesmo tempo, pedirlle que non o esqueza nas suas "oracions", ainda queda moito por millorar.
Agora que o penso, se cos "rezos" e bastante, teremos que incluir tamén o edificio do Carcere vello, San Francisco, o Arqueoloxico, Banco de España, e non sei se algun estaseme a esquezer. Nesa mesma exposición, figuraba un bando do alcalde Don Feliciano Perez Bobo, informando mais ou menos, (non lembro con exactitude os termos empregados), de que se habia pedido a Virxe de Reza, que intercediera pra que se rematase a dura sequia que padecian daquelas na provincia.
Se sacar o santos a rúa pode resolver algún dos problemas que temos hoxe en día, eu ofrezome a levar unha das andas, por onde sexa preciso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias