Páginas

19/11/10

O meu Pepiño

Fotografía propiedade de Javier Torres
O Pepiño xa visitou o blogue noutras ocasions, unha a xeito de comentario, e outra cunha mala fotografía procedente dun recorte de revista; hoxe despois de moita busqueda, podovos mostrar unha foto de millor calidade.
Antes de continuar, teño que darlle as grazas a un novo amigo e lector do blog, Javier Torres, quen xa por esta fotografía ten o meu agradezemento, pero resulta que a tiña acompañada dunha preciosa serie de imaxes, de xente entrañable da historia da nosa cidade, algun deles xa anda polo blog, pero non dubidedes que vos mostrarei estas novas imaxes; pra que vos fagades unha idea, o Emilio, (Capitán Bombilla), que esta na colección de Javier, debe ter unhos quince ou vinte anos menos co que podedes ver no blog, preme eiqui.
O texto que ven a continuación, vaille soar os lectores habituais, xa que e o mesmo que no seu día acompañou as entradas que falaban do "Meu Pepiño".

"Por se serve de exemplo, acórdome dun deles, ao cal sendo eu pequeno víalle case a diario, refírome o "Pepiño", recoñezo que ao principio dabame un pouco de medo (os seus problemas físicos, e o avanzado da súa idade cando lle coñecín, non irradiaban precisamente unha imaxe feliz) , o caso é que aos poucos, (tamén grazas á carteira da miña avoa ou de quen me acompañase, que sufría os meus embates ao pasar diante das Josefinas), funlle collendo agarimo, e creo ou quero recordar que el tamén me saudaba co seu típico movemento de ombreiros e cabeza, (agora que o penso, lembro que tamén facia algo semellante a esbozar un soriso) ata o punto de que cheguei a tocarlle o seu abrigo, e ata o manubrio que tentaba el con pouco éxito facer virar para que se movese o seu asento.
Como podedes ver na imaxe, a vida non foi nada amable con el, descoñezo se foi por causas naturais, ou doutro índole, pero a súa situación física era lamentable, condenado a permanecer sempre pegado ao seu carriño, e dependendo sempre de alguén para todas as súas necesidades. Os únicos datos que teño del son, que vivía nunha casiña da Canella Cega, pola rúa do Vilar, preto da Igrexa da Trinidade, cunha sobriña que segundo me contan era quen se encargaba do seu coidado."

Algún de vos pode que lembre o carriño que sae na fotografía, eu dende logo que non; no meu tempo, Pepiño tiña un con rodas semellantes as que levan as cadeiras de rodas, e a diferencia, era que tiña un artiluxio no fronte, pra que el poidera moverse un pouco facendoo xirar cas suas mans. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias