O xoves pola tarde, asistín á inauguración dunha exposición de maquinas fotográficas antigas, encadrada no Outono Fotográfico. A exposición, en si, mostra algúns obxectos, de autentico luxo: tres álbums de retratos fotográficos, en miniatura, (non puiden evidentemente, tocalos, pero a primeira ollada, son ou ambrotipos, ou ferrotipos), preciosos, e difíciles de atopar; unha serie completa de cámaras espía de comezos do século XX, varias das famosas "Leica", un -ladrillo- (Argus C3), dos que fixo famoso a película de Harry Potter; e algunha xoia máis. É unha pequena mostra, da magnífica colección de Don Humberto Ferreira.
A amplitude da sala do auditorio, onde podedes visitala, unida ás necesarias medidas de seguridade, que obrigan a exhibilas en vitrinas, non colaboran ao lucimento dos artigos, pero aínda así, merece a pena darse unha volta pola sala.
O caso é que a entrada non vai dos obxectos exhibidos, senón das persoas que nola traen á cidade.
Fai uns meses, creouse na veciña poboación de Chaves, a asociación "Lumbudus"; tres dos seus integrantes, fixeron na sala, a súa presentación; e a medida que ían expondo as súas inquietudes e obxectivos, a mín dábame a impresión, de estar escoitando a calquera dos integrantes, da nosa asociación, o "Arquivo visual Ourensán". Terminada a presentación, establecemos unha agradable conversación, na que confirmamos, a similitude de obxectivos, co cal de xeito inmediato, mutuamente, ofrecémonos a unir esforzos.
Irémosvos facilitando aos poucos máis datos. De momento recoméndovos que visitedes un dos blogs, que esta asociación ten na rede, (son varios), se o percorredes con atención, é posible que nalgún momento, parézavos que estades vendo, "Ourense no Tempo" iso si, no canto das nosas rúas e prazas, transportástesvos ás de Chaves. Pra visitar o blog, preme eiqui, Chaves Antiga
Gozade a visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias