Tedes no blog unas cantas entradas, nas que se fala da farmacia do Sr. Fabrega.
Moitos de vós, (os mozos), xa non recordades ningunha, e os maiores (como eu), identificamos esa Farmacia, como a do Paseo, a que hoxe é Farmacia Cobián. Xa nalgunha ocasión coménteivos o tema, pero creo que aínda non todo o mundo teno claro.
Logo de buscala, conseguín acceder fisicamente a esta postal, e o escaneo desvéloume algunhas sorpresas, que a primeira ollada, escapábanlleme; con respecto ao que hoxe "toca", tedes unha boa visión, da entrada e escaparates da primeira Farmacia Fabrega, a que no ano 1904 (3 de Xullo), abriu Don Luís Fabrega Coello, na esquina de Progreso coa Rúa do Alba, (hoxe seria esquina Progreso con Alejandro Outeiriño).
Ese edificio, aínda hoxe en pé (e esperemos que siga así), coido que pertencente á familia Espada, descendentes do Deputado Luís Espada, que deu nome á rúa; durante un tempo estivo ocupado en gran parte, por Don Luís; o baixo principal, era onde estaba o despacho de farmacia, que se complementaba, coa Droguería, (naqueles anos era habitual, a coexistencia das dúas actividades, aínda hoxe nalgunha zona rural, continua sendo así); a parte do baixo que quedaba na rúa do Alba foi en tempos o almacén, ao que foi preciso incorporar a entreplanta, e creo que ata algún piso do edificio, para poder aloxar todas as referencias, dos dous negocios.
Se aguzades a vista, veredes que no escaparate da esquina, facíase publicidade dos produtos de fotografía AGFA, e na fachada, mostra o cartel dos produtos Kodak, (lindando co local que ocupou a Imprenta do Sr. Magdalena, logo a Popular). Supoño que de aí lle virá ao meu amigo Pastor, a afección e os coñecementos, sobre a arte fotográfica.
A segunda Farmacia Fabrega, a que aínda moitos recordamos no Paseo, adquiriuna Don Luís, a Don Constantino Añel, para o seu fillo Luís Fabrega Santamaría. O responsable da decoración, deste histórico local, foi Don Constantino, quen se soubo apoiar nos mellores profesionais da época (os Irmáns Rodríguez), para facer o fermoso traballo de ebanistería, que afortunadamente, consérvase en perfecto estado, grazas ao bo criterio da actual propietaria Dona Margarita Cobián.
Espero que o amigo Pastor saiba perdoar os posibles erros, que involuntariamente, de seguro que cometín, e anímese a facilitarme un texto de maior exactitude e contido.
* Xa sabia eu que algun erro tiña que ter, senon non seria eu. Por sorte o amigo Pastor adoita levantarse cediño, e xa fixo unha corrección, eiqui vola poño tal e como a recibín.
Todo está muy bien, salvo que el negocio lindante con la farmacia en la calle del Progreso, era la ferretería de D. Francisco Villanueva, y después de ésta se encontraba la imprenta la Popular propiedad de D. Arturo Madalena. A continuación estaba el local donde se inauguro la primera oficina de la Caja de Ahorros Provincial ya en los bajos de la Diputación. En esta oficina me abrió mi abuelo Luis mi primera cartilla de ahorro con 25 pesetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias