Hoxe no blog remata o periodo post vacacional, e todo retorna a normalidade, despois do case paron veraniego, ainda quedaba por retomar as entradas do fin de semana; e eiqui as tedes xa.
Antes de seguir, esta pendente a solución do exercicio do luns, pero polos comentarios que me fixechedes, non seria preciso decir que se trata das obras da actual Delegación do Goberno, no parque do San Lazaro, daquelas ia ser o Goberno Civil.
E agora imos ca entrada. Miradea ben, que non se trata da testa dun elefante sen colmillos, nin dun xabarin co morro alongado; tratase dun plano, no que se pode ver a fusión de Galicia e Asturias, que poderia ser perfectamente, non se di: Galegos e asturianos, primos irmans?.
Bo, polo de agora non vai ser a fusión, e o plano xa non e de hoxe, fixose no ano 1886, pra ilustrar unha guia de viaxeiros de Don Emilio Valverde.
Xa falamos nalgunha ocasión de guias deste tipo, eran de moitisima utilidade, lembrade que os medios de locomoción, non eran nin remotamente os actuais, e facer un viaxe requeria unha planificación rigurosa, a fin de evitar incomodidades adicionais as loxicas do desplazamento. Antes de existir estas guias, os viaxeiros recurrian os amigos que xa tiveran feito o recorrido, pra aconsellarse e saber como moverse; non era cuestion de coller o coche e marchar cara Madrid, antes dunha viaxe a non ser que fora moi curto, requeria saber dos trasbordos, os lugares onde se podia comer, onde hospedarse, en algun detalliño mais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias