Páginas

31/10/10

ἐκεῖνος - Ekeinos - Ese

Deixando o marxe, o obituario (por desgraza inevitable, por cuestions de respeto, e admiración en moitos casos), iste blog, sabedes que non se caracteriza precisamente por seguir a actualidade, hoxe non sei o motivo, decidín facer esta, pra moitos "rara" entrada.
Pode ser que a celebración estes días da F.I.T.O. por certo, cada ano millor. Fixerame lembrar dunha obra de teatro que vín fai un pouquiño mais dun mes; foi na capital do Reino, no teatro Maria Guerrero, e o actor era un tipo con pinta de tolo, destes que ves pola rúa e pensas que vai sacar en calquera momento, o brik do San Simón, (que crueles somos as veces, e que rapido poñemos etiquetas, e non somos quen de aprender dos nosos erros, que son moitos), ou o millor se o pensas e te fixas ben, ten un aire así como de xenio...; bo deixareime de parvadas.
Falo dun dos millores actores, (e digoó así pra evitar discusions), que temos na actualidade, Rafael Alvarez "El Brujo";  inclinome pola segunda opción das apuntadas; é un xenio, quen sino seria capaz de facer una obra de teatro, ou chamalle monologo, (que esta agora tan de moda), como "El Evangelio de San Juan". 
Espectaculo puro, no senso de "espectacular", e douvos datos, o guión sinxelo, reconocible (que che soe coñecido como queremos os que soo buscamos evasión no arte), a quen non lle soan os pasaxes da Biblia, (eso si cunha perspectiva diferente, de seguro que algún poderia decir que incluso irreverente, non o comparto, pero admitiriao), pois decideme unha cousa: como consigues falar case que duas horas da Biblia, e que a xente pense que non pasaron siquera dez minutos. O escenario, unha mesa, unha cadeira e un cabalete, pouco mais. A musica; non sei como expresar a musica, e os efectos musicais que catro señores, (os que xa confeso qué lles teño envexa, por poder ver a diario a representación), fan durante a representación con Voz, Percusión, Corda e Saxo, (o orden penso que e o que gardan no escenario), e un autentico pracer, non debia, pero vouno dicir, a voz e a percusión, ainda que xa fai mais dun mes, sigo a lembralas con deleite.
Penso que o miñor tamén ten algo que ver pra que decidira facer esta entrada, que estes días escoitei a unha actriz, decir, se tes un bo guión e facíl facer un bo papel. Coido que actores como Rafael Álvarez conseguirian que un mal guión dera un bo papel.
Non se si, se notara moito, que o 16 de decembro ven ca sua representación a Vigo, e gustariame volver velo, se poidera ser pola "patilla" millor, pero senón, irei igual. Como diria Doña Lola, "se me queredes irse", a vela, non a perdades. E de paso a ver se alguen trae algunha das suas obras, que ten un par delas pra escoller, e que as podamos gozar eiqui en Auria.  Pra entender o titulo da entrada, teredes que ir ver a obra, senon quedaredevos sen entendelo sintoó.

30/10/10

Fotografía Estenopeica en Ourense

Comezou o Outono fotografíco, e non podemos queixarnos, da cantidade de mostras de fotografía que podemos disfrutar; neste caso a cantidade non vai reñida ca calidade, e ainda que as opinions deixovolas a vos, penso que non nos van defraudar. 
 O que si quero e recomendarvos que non deixedes pasar a oportunidade, de pasaros polo Museo Municipal, (si ese que cando estamos de viños pasamos por diante e nin nos damos conta de que, ahí esta).
 Dende o xoves 28 de outubro, temos a oportunidade, de ollar na cidade, unha exposición fotografica, "innovadora", (xa vos teredes decatado, que cando poño comillas, non e pra remarcar, senon, porque non estou certo, de que ese sexa o termino mais indicado pra utilizar).
Confeso que cando fai unhos días o amigo Pastor Fabrega, gran afecionado a fotografía, veume avisar, de que se ia facer esa exposición, nun primeiro momento, pensei que me falaba de fotografías - Estereoscopicas -, (esas que estiveron de moda a comezos do siglo pasado (mais ou menos), e como xa saberedes, consistia en facer duas fotografías o mesmo tempo, cunha pequena diferencia entre o enfoque de cada unha, de xeito que o ollalas cun aparello, xa preparado o efecto, veiase somentes unha, pero con certa profundidade,, algo así, como o efecto 3D). Pero rapidamente, sacoume do meu erro, e puxome o día do tema.
Pra non liarvos, cas miñas malas explicacions, voume limitar a decirvos, que a fotografía Estenopeica (non sei se pode chamarse tamén estenoscopica), e a que se fai cunha "caixa de zapatos", e recomendarvos que vexades os datos que da a Wikipedia Preme eiqui.

Despois de leer os datos, e saber como se conseguen as imaxes por ese metodo, animadevos e ir ver a exposición; penso non errar o decirvos que vos vai sorprender; os resultados obtidos polos expertos desa tecnica, dende o meu punto de vista, son espectaculares.
Se lle sumamos a eso, que o enfoque da exposición, e que cada artista busque a forma de fusionar os catro elementos, terra, auga, aire e lume, e mostrarnola cas suas fotografías, poderedes descubrir que ainda non todo esta descuberto, sempre quedara espazo, pra imaxinación.
Se vos fixades nas duas "camaras" que vos mostro, veredes que a unica diferencia entre elas radica no obxetivo. Xa entendo por que nas tendas de zapatos, sempre che preguntan se queres a caixa, chamalle parvos.....

29/10/10

Un Chevrolet ???. Por que non

Quedoume mal sabor de boca o domingo, co tema do automovil novo, e andiven intentando atopar a Don Justiniano. Non sei se sera porque non me poderia ofertar os mesmos prezos, pero sexa como fora non teño xeito de atopalo; cando andaba na sua busqueda, dín con este outro anuncio, e tamén poderia servirme un Chevrolet, sen dubidas.
Pero claro tampouco son quen de atopar o concesionario, deixarome este plano, da fachada do Paseo, pra que o buscara, pero non hai maneira. Xa veras ti, vai ser que non seguiron o pe da letra o proxecto de Don Daniel Vazquez Gulias, e non e sinxelo de recoñecer, de seguro que hoxe ten seis plantas a lo menos.
Os amigos do arquivo dicenme que eles lembrano no cruce do Paseo con Concordia, pero eu non o vexo.
Bromas a parte, chamoume a atención, que non corresponde exactamente o deseño do plano, cas fotografías que teño deste fermoso edificio, algun cambio se que tivo na fase constructiva. Eso si nada que ver co que hoxe ocupa o solar.

28/10/10

Bar deportivo


Fotografia do arquivo de Javier Taboada, facilitada polo amigo Lisardo Mazaira.
Case que estiven a punto de poñervos esta fotografía a xeito de exercicio, pero logo pensei que non; somentes terian problemas pra identificala, a xente nova; os vellos coma mín e "superiores", non terian mais que pensar un pouquiño, ou ampliar a imaxen, pra ver o cartel dos toldos "Tapia", ou recoñecer o negocio dos Lombardero.
A carroza do Sr. Taboada, pasaba neses momentos, polo cruce de Ervedelo, con Progreso, corrian os últimos anos da decada dos sesenta, e o edificio daba os seus últimos estertores, o Bar Deportivo otrora tan frecuentado, semella pechado, e o resto dos locais, penso que lle quedaba pouco pra seguir os mesmos pasos. Outro detalle curioso, e que en primeiro plano vese alguén facendo unha fotografía, e no primeiro momento, eu identifiquei, coma o herdeiro dunha saga de fotografós ourensáns, (que eu saiba a unica no seu orixen), tiveno que descartar, xa que daquelas o amigo teria entre seis ou nove anos, co cal non o é. 
(O balcón gustariame que o amigo Santiago Mosquera, poidera confirmarme se ainda era a ubicación da clinica dun seu parente).
Ese solar hoxe esta invadido, por un edificio que non garda relación co anterior, e que como sempre xa que non ten remedio, imos encuadrar no debe das necesidades do Progreso. 

26/10/10

Quen sabe onde?

Seica este e moi complicado, e case que misión imposible, pero por preguntarvolo non perdo nada.
O ano 1955, no baile de entroido no Liceo, (de paso sirve pra recordarvos, que o entroido en si, non estivo prohibido, dicen que nas rúas non se podia, e de feito falan de que existia a limitación de non utilizar disfraces de militares nin eclesiasticos; non o sei, polo que non volo podo afirmar; pero o que si e certo, e nas sociedades, sempre se mantuveron os bailes de entroido), este espigado tubo de Profiden, andaba a "fardar" con esta fermosa moza do brazo; xa lle gustaria a él que fora a sua moza; temos constancia de que lle tuvo que rogar que o acompañara.
Como podedes ver na fotografía, ela portaba o cepillo, supoñemos que a modo de defensa dos embites do dentrifico; o caso e que o paso do tempo, non conseguiu borrar a imaxen desta fermosa rapaza da mente do meu amigo, (que ainda e un rapazote), e gustarialle saber que foi dela, e de certo que a mín tamén; se ainda andivera entre nos, que e posible, (andara polos setenta, pero prometemos non revelar a idade real, somos unhos cabaleiros, e non e de bo tono revelar ese dato), seria un pracer poder repetir esta fotografía, no Liceo.
Ainda que sei que e complicado, se tedes algún dato, eu e o meu amigo Francisco, estariamos agradecidos de que no lo facilitasedes.

25/10/10

O Chalet dos.... Taboada?

Antes que nada, agradecervos a vosa colaboración, 38 de vos, molestaronse en dar o seu comentario, sobre a fotografía do luns pasado.
Non coincidiron todas, pero si a gran maioria, incluso algun de vos aporta datos penso que concluintes; o mais significativo, facilitao o amigo Paco Espino, quen me dí que o seu bisavoo, foi quen se encargou da construcción, co cal no quedan posibles dubidas.
Imos afirmar logo que este chalet, estaba no cruce da rua Garcia Mosquera ca rúa Progreso, frente por fronte en García Mosquera, ca fabrica dos chocolates Los Remedios.
Algún de vos tamén so tomou a molestia, de darme datos dos habitantes e usos desa fermosa casa. Así me falades de un apelido Ourensán, os Taboada, nun mail, comentades a posibilidade de Carlos Taboada, e noutro dicenme Taboada Tundidor, poderian ser os dous certos perfectamente, xa que Carlos Taboada Tundidor, foi un respetable ourensán, irmán dun alcalde da cidade, facilitadesme tamén unha posible relación con Don José Perez Davila (Pepito), e outro de vos aproximaa mais, afirmando, que Don Carlos casado en segundas nupcias con dona Carmen Galan, era o pai da esposa de don José Perez Davila, un dos mais recoñecidos avogados da cidade.
E tamén me comentades, que os últimos anos desta edificacion antes de "caer", foi utilizado coma fonda ou cafetaria, e que o pe da palmera, estabase moi a gusto falando cos amigos e tomando un bo viño, ca atenta vixilancia dos Garda civiles que aseguraban o edificio do Carcere, co cal a tranquilidade na terraza estaba garantida.
Xa pra rematar tamén me facilitades o dato, de que na casa do lado por Garcia Mosquera, vivia dona Paz, cuxo marido era pintor, e profesor da escola de artes e oficios. (magoa que non lembren o nome do profesor).
Dos 38 mails recibidos, 32 coinciden nesa ubicación, somentes 6 non a lembran, (eu sinceramente tampouco, co cal somos 7, os que non podemos presumir dese recordo), tres de vos, situadelo fora da cidade, en vilas da provincia, un, pero penso que o millor estaba influenciada por un comentario que lle fixera eu, ubicao na confluencia de Bedoya co Parque de San Lazaro, (descartado), outro, un pouco mais arriba, no cruce de Bedoya, ca avda. de Bos Aires (penso que e complicado), e o último apunta a Praza de San Cosme e Damián, a casa dos Encinas, como posible ubicación; lembro esa casa perfectamente, incluso fai pouco estaba alí unha amiga, no baixo, e podo asegurar que non era esa, a casa da fotografía.
Hoxe mostrovos o outra fachada da casa; a da rúa García Mosquera, e deixaremos o exercicio pra maña.
Sinceramente, volvo darvos as grazas pola vosa colaboración. GRAZAS.  

24/10/10

Escolle o teu automovil

Estou pensando en cambiar de vehiculo, e recibin este catalogo.
O caso e que mentras me decidia por un deles, cousa que ainda non conseguin, xa que me gustan todos. Pechou o concesionario, e non dou localizado a Don Justiniano, pra pedirlle asesoramento, se algun de vos podeme decir onde anda ahora o concesionario, que mo diga, que llo agradecerei, e sei dalgún amigo que tamén.

Por desgraza non pode ser mais que unha ilusión; quen poidera conseguir un destes autos; e o mais importante co precio que se publicitaba, penso que 600€ ainda ca crisis que temos, poderianse empregar en mercar todos eses vehiculos, magoa que a oferta fora do ano 1923, e atopar hoxe un dese en perfecto estado, non e sinxelo, pero no caso de atopalo, ponlle un par de ceriños mais a cifra.
Acepto agasallos.

23/10/10

Cronica Negra de Ourense II (O Marracú 3ª parte)

O asasinato do Federal, a investigación

Fotografía do diario ABC, no que se ve o cadaver tal e como foi atopado polos investigadores. (Foto Pacheco)
Os poucos días da sua desaparición, loxicamente o fillo o ver que non volta pra madrid o Federal, denuncia a sua desaparición, pero a pesquisas ian ser moi complicadas, debido as precaucions tomadas polos delincuentes.
Durante unhos días, as investigacions centraronse en conseguir seguir a pista do viaxe, e a casualidade quiso que o revisor do tren de Asturias, recoñecese na prensa a imaxen do Federal, como a dun pasaxeiro, que falou con él, pra pedirlle axuda, logo de haber perdido o tren de Ourense. O revisor lembraba telo deixado seguir viaxe ata Leon, onde poderia coller un enlace cara Monforte, o que non foi quen, foi de decir se viaxaba soó, ou con mais xente.
Fora dese detalle, non houbo xeito de atopar ningunha pista durante uns días, incluso chegouse a confundir o cadaver dun suicida que apareceu preto de Ribadavia, co do Federal, pero rapidamente se descartou.
Así as cousas, o final coma sempre os criminais terminan por cometer un erro, e neste caso veu da mán doutro asasinato.
O Valentón, e detido na Roda (Albacete), por asasinar a El Gallego, e coma parte da sua xustificación, declara que El Gallego era un home pendenciero, que xa tiña asasinado a tres persoas, polo cal viuse necesitado de matalo en defensa propia.
Tirando dese fio, o xuiz da Roda, chega a descubrir a relación destes delincuentes, co caso do Federal, e consigue que o Valentón, testifique sobre este asasinato, e revele o lugar no que esta agochado o cadaver.
*n.del a. durante as investigacions comprobouse que o Valentón era zocato.

Permitideme que expoña a miña idea, antes de leer os datos do xuizo.
 O 21 de xaneiro do 1919, logo de varios enganos, O federal, e asasinado na casa do Marracu, en Ourense. 
Os autores materais do crimen, foron El Gallego, O Marracú, o Valentón, e non se pode descartar a intervención dalgun dos familiares do Marracú.
O executor do asasinato, poidera ser o Valentón, pola sua condición de zocato, pero penso que seria un dato irrelevante, e de imposible comprobación, dado que a posterior morte de dous dos intervintes, facilita a evacuacion de responsabilidades cara eles.

Como decia aquel, así son as cousas, e así temolas contado. Nunhos días comezarei a leer os datos do xuizo; que segun contan tivo gran repercusión publica; segundo parece mezclaronse co caso, conflictos de "clase".
Eso sera dentro dunhos días. 

22/10/10

Cronica Negra de Ourense II (O Marracú 2ª parte)

O asasinato do Federal (2ª Parte)

Fotografía do diario ABC, na que estan sinaladas a casa, o galpón, e ca C o lugar onde apareceu o cadaver (Foto.Pacheco)
Deixamos onte o tema, co percorrido previsto da viaxe.

O Crime
E retomamolo hoxe, confirmando que valendose do coñecemento que tiña o Gallego dos enlaces e horarios da viaxe, conseguiu chegar a nosa cidade, de xeito que fora preciso pernoctar nela, e o mesmo tempo que non fora sinxelo seguir a pista dos desplazamentos feitos. Pra empezar, logrou que perderan o tren directo de Madrid a Ourense, collendo logo, sen billete, o que ia pra Asturias, facendo trasbordo en Leon, rematan tendo que dormir na estación de Monforte, e cediño, arrancan cara Ourense, onde chegan a estacion de Canedo.
Logo conseguiu chegar a administracion do autobus (o pé do Hotel Roma), xusto uns minutos despois de que partira o autobus; en todo momento a apariencia, era de que as perdas de enlace e retrasos, eran froito da casualidade e mala fortuna.
Chegados a este punto, temos xa o Federal e o seu acompañante, na cidade de Ourense, ca necesidade de pernoctar, e o mais importante, sin que ninguen soubera da sua presenza na cidade.
Este momento, e o que aproveita "El Gallego", pra comentarlle o Federal, que ten un amigo que vive eiqui, e que o millor tamén lles pode ofrecer aperos de labranza cos que negociar no rastro, e incluso e posible que poidan dormir na sua casa. O Federal, con certos recelos, pero supoñemos que o verse fora do seu ambiente, e vendo que o seu acompañante movese con soltura, acepta, e a pé collen o camiño, cara Mariñamansa.
*n.a. .- posiblemente a decisión de ir sempre a pé, a pesar da distancia, e a incomodidade de trasladar o equipaxe, (que supoñemos liviano, dado que o viaxe ia ser somentes dun par de días), fora tamén suxerencia do Gallego, pra evitar que ninguen se fixara no Federal.
Logo dun rato de camiño, o Gallego non pode evitar levar o seu acompañante a comer, xa que levaban un día enteiro de viaxe, e decide levalo a unha fonda da rúa de Colón, rexentada por "Lola do Porto", (quen despois foi unha das claves, pra seguirlle a pista os malhechores), onde logo se soubo, que o Marracu, andaba por alí supoñemos que ca intención de verlle a cara a victima, pra evitar erros, (a premeditación evidentemente non deixa lugar a dubidas). Esa foi a unica oportunidade, na que asumiu riscos o Gallego, xa que a parte da Fonda, ninguen se fixara na presencia do Federal na cidade.
Logo de xantar, achegaronse a casa do Marracu, (falase tamén de que o Gallego, referiase as fillas do Marracu, coma moi complacientes), onde ian pasar a tarde, e a noite, primeiro negociarian os aperos vellos a comprar, el logo dormirian pra continuar a viaxe o día seguinte.
Entrar pola porta marcada na fotografía cunha A, e o último certo que sabemos fixo o desafortunado Federal.
Posiblemente case que o chegar, alguen deulle un golpe na testa cunha "machada", ou unha "marreta", vaciaronlle os bolsos, que inesperadamente, non levaban mais que oito mil pesetas, e rapidamente levaronno o pozo que xa tiñan preparado os asasinos.
Ata eiqui os datos que poidemos recompilar de como se desenrolaron os feitos.
Añadovos estes procedentes da autopsia, ainda que queda pendente outra entrada do proceso de investigación, e como foi posible a resolución do caso.

Xa dentro da casa, sabemos que non chegou a comer nada, xa que na autopsia non apareceron mais restos, que os dos callos que comera na fonda, e outro detalle interesante da autopsia, e que o golpe que presentaba na cabeza, era moi probable que lle fora asestado por unha persoa zocata.

Maña remataremos ca  3ª parte: a investigación.

21/10/10

Cronica Negra de Ourense II (O Marracú)

Na fotografia do diario ABC, o xuiz Marquina (X),  autoridades,  policias que levaron a cabo a investigación, e os operarios precisos, pra conseguir sacar o cadaver, do seu enterro. (Foto Pacheco)
As cousas non son como se quere, moitas veces e como se pode. Fai tempo que abrin unha nova sección, a "Cronica Negra de Ourense", e por falta de tempo, non fixen mais que a primeira entrada, hoxe pra que non quede no tinteiro esta sección, presentovos a segunda entrega. (Debido a cantidade de información ira en varias entradas, co detalle, de que non quisen ler os datos do xuizo, a fin de ver se cos datos que facilitou a prensa local e nacional nos primeiros momentos, podese aproximar un, a realidade). 
O asasinato do Federal (1ª parte)
(mais coñecido en Ourense, como o caso do Marracu)
O ano 1919, a cidade de Ourense, foi noticia a nivel nacional, (como case sempre, por desgracias); don José Delgado Guzman, mais coñecido como o "Federal", nun primeiro momento foi dado por desaparecido, e posteriormente, descubriuse que fora asasiñado.

Os implicados, e o lugar do crime 
(exceptuando o nome da victima, evitaremos citar nomes, ainda que presumiblemente todolos implicados xa faleceron, consideramos que hoxe carecen de relevancia).
Don José Delgado, era un industrial de 68 anos, moi coñecido, no ambito do Rastro madrileño, poderiase decir que era un anticuario da época (non esta claro, pero nalgun texto, falan del como chamarilero, e noutros como ferralleiro), e o igual que hoxe, andaba sempre na busqueda dos preciados obxetos, que pra uns non sirven pra nada, e outros ansían a sua posesion; hai cousas que non cambiaron co tempo.
Esa busqueda de obxetos, foi aproveitada, por un coñecido, "El Gallego" (A.E.C. natural de Ourense, con antecedentes delictivos), pra convencelo de facer unha viaxe a Galicia; alí, según decia, tiña amigos que lle podian facilitar pezas interesantes pra negociar
Ese amigo, non era outro que o Marracu (A.F.V. tamén natural de ourense), un perxonaxe conocido pola xusticia na cidade, (ainda facia moi pouquiño, estivo a piques de entrar na carcere por un asunto cun crego de Celanova),  que tiña a sua residencia, na carretera Vigo-Villacastin, (preto da zona do actual cruce do Paco Paz), a propiedade era do Farmaceutico Don Carlos Valencia, quen a pesares de recoñecer que non estaban o corrente do pago; por lastima, e que "parecianlle xente humilde",  deixou que o Marracu (viuvo), a sua nai, as duas fillas e un fillo de 15 anos, residiran no galpón que habia na finca. Nesa casa foi onde se desarrollou o traxico episodio.
Os personaxes, citados, xunto co "Valentón" (N.R.V.), amigo Navarro do "Gallego", (entablaron amizade no carcere), conformaban a trama do asesinato.

*O desenrolo dos feitos, tedes que comprender, que non se pode garantir a sua total veracidade, xa que antes de producirse o xuizo, no ano 1925, o Gallego, e o Marracu morreron, levando con eles a sua version dos feitos. E ademais lembrovos que este relato esta feito sen coñecer os datos do xuizo.

Primeiros pasos
Durante unha estancia no carcere Modelo (setembro de 1918), o Gallego e o Valentón convirtense en bos amigos; o Gallego o sair en liberdade, axuda o Valentón a conseguir a redención de pena, e ofrecelle acubillo en Madrid, na vivenda dunhas parentas (tia e prima) o sair. (segundo algunhas opinions, xa se coñecian con anterioridade).
Nos últimos meses do 1918, o Gallego, entabla relación co Federal no rastro madrileño, e empeza a argallar como poder roubarlle os cartos.
Entre Novembro do 18 e o mes de enero do 19, consta a lo menos unha visita destes dous elementos, a cidade de Ourense, o obxetivo recoñecido, era recoller unhos cartos agochados dun robo anterior cometido polo Gallego; segundo pensamos agora, esa viaxe tiña como obxetivo ter preparado o terreo e os complices, pra poder actuar no momento oportuno, dese xeito contactan co Marracu vello coñecido do Gallego, que ainda por riba, reside nunha zona discreta da cidade.
Dalgun xeito o Gallego tivo noticias, de que o Federal fixera os comezos do ano 1919 unha operación que lle deixara uns 5000 duros.
Esa e a desgraza do Federal.
O Gallego con no pouco traballo, xa que don José era un home experimentado, convenceo de facer unha viaxe a Galicia, onde poderia mercar a maquinaria dunha fabrica de azucre que habia pechado en Padrón, de paso poderian ir a Ourense, onde, "tiña un amigo que lle poderia facilitar gran cantidade de trebellos de labranza, dos que tanto gustan os señoritos da capital, pra adornar nas suas casas da Sierra", (esta parte e dubidosa, xa que en algún momento se cree que a estancia en Ourense non estaba no programa do Federal).
Dese xeito o 20 ou o 21 de xaneiro saen cara Galicia, O Federal e o Gallego, e de xeito presumible mais non confirmado, o Valentón.
O traxecto, seria: Madrid- Ourense (no tren).  Ourense- Santiago (no Autocar). Santiago- Padrón (no Carrito)
Maña seguiremos co relato.....

20/10/10

José Adrio vs Vicente Risco

Non, evidentemente, non se trata dun combate de boxeo, entre Don José Adrio, e Don Vicente Risco, estes dous cabaleiros ourensáns, penso que repudiaban a violencia, co cal pra dirimir as suas diferencias sentarianse diante dun café, a dialogar sobre o tema.
Estaredevos preguntando, que querra decir este tolo, e que ten que ver a fotografia con estes dous señores?.
Pois, veña imos o tema:
Fai tempo, que lín por primeira vez, o libro de Don José Adrio, "Del Orense Antiguo"; unha xoia, pra o meu gusto, tanto polo que conta, como polo xeito familiar de contalo. E nese libro podemos atopar unha simpatica anecdota, que o mismo tempo, marca un fito, na historia da cidade, por primeira vez, ibase encender unha luz na via publica; supoñemos que algun ensayo experimental, xa se tiña feito no interior do laboratorio, do Instituto, como insinua don José, pero na rúa e a vista de todolos ourensáns, polo que contan, este foi o primeiro intento, falamos do ano 1887, e dos actos festivos organizados pra homenaxear o Padre Feijoo, e inaugurar a estatua que ainda hoxe podemos disfrutar.
Pero vou deixar que sexa don José quen o conte:
"....., En sesión municipal de 14 de mayo, donde se trató del apoyo que el ayuntamiento había de prestar a los festejos del P. Feijóo, propuso un conocido edil, la adquisición por cuenta de los fondos municipales, de los elementos necesarios para alimentar una lámpara de arco voltaico que posee el Instituto de 2ª enseñanza, para utilizarla durante los festejos. (sic).
Atendida la proposición y aceptada por el Claustro, no había transcurrido una quincena cuando, en gran velocidad, vino de Barcelona el material indispensable, para poner en marcha aquel cacharro - que otra cosa no era - guardado en anticuada vitrina de la cátedra de Física.
Ya todo a punto, díose oportunamente a la publicidad el Programa festero, que terminaba del siguiente modo: " al final lucirá una hermosa e intensa luz eléctrica".
Mas de 4000 personas situadas a las 10 de la noche del 11 de septiembre en las calles del Instituto, Fuente del Rey y Plazuela de Isabel la Católica, dirijían la vista al arco estilo mudejar, emplazado donde en la actualidad comienza la calle de Paz Novoa.
Y en una ventana del Instituto situado enfrente, un viejecito encorvado, de enmarañadas cejas y nariz larga, unía reóforos, alimentaba pilas, intentaba contactos, y ..... ¡todo en vano! La luz negábase a hacerse y el pobre señor sudaba tinta.
Pasó una hora...... y luego otra, y el público callejero e inculto, comenzó a gritar:
-¡Que salga! ¡Que salga!
Y efectivamente: prodújose un chispazo, después varios; y por último quedó fija una lucecilla, de menos intensidad que la de un fósforo............"  (sic)
Como supoño que coñecedes os antigos nomes das rúas da nosa cidade, estaredes xa co arco ubicado, onde hoxe esta o comezo da rúa do Paseo, entre a "Casa de los Lentes", e a tenda de alfombras dos "Barros".
Pois ben, eiqui chega o problema:
Entre os articulos que frecuentemente escribia no diario "La Región", don Vicente Risco, aparece un no que relata de xeito mais curto, o que semella a mesma anecdota, pero situando a acción no antigo Hospital de San Roque, na alameda, Onde hoxe esta Correos (onde estaria o "viejecito encorvado....."), e o arco non di onde estaba, pero supoñemos que pola alameda andaria.
Xa vos advirto, que eu non me atrevo a inmiscuirme nas diferencias destes dous señores, así que deixo a cada un de vos o veredicto.  
Eso si, pra intentar facilitar unha saida airosa os dous cabaleiros; o millor este recorte de prensa, publicado o día 20 de setembro do mesmo ano 1887, no Heraldo Gallego de Don Valentín Lamas Carvajal, remata por dar a razón os dous, sendo o primeiro intento como di don José, feito dende a fiestra do Instituto, que vedes na primeira fotografía, e o segundo, do que falaria Don Vicente, dende unha fiestra do Hospital de San Roque.
Agardando que esta solucion sexa a correcta, imos tomar un viño, e deixemos as desputas.

19/10/10

O chalet dos....

Fai duas semanas, conseguin un lote de fotografias da cidade, dos anos 60, entre as que estaba esta, que hoxe vos mostro.
Son catro fotografías do mesmo edificio, e nesta e na que mellor se ve a fachada principal, o caso e que por mais voltas que lle dín, e mais amigos o que lla mostrei, non consigo una identificación valida cen por cen; ten moitas posibilidades, de ser un edificio, que estaba na esquina de Progreso ca rúa García Mosquera, frenta a antigua Normal. Son duas as personas, que nese lugar o situan, pero a mín continua a non convencerme, son un pouco tozudo, e tamén resultame moi extrano, que non estea na miña retina, de ser esa a sua ubicación, tiven que pasar diante del, en incontables ocasions; na esquina de enfrente, estaba a que era casa dos meus primos os dos chocolates; ... mira que son parvo!, terei que ensinarlla a eles, pra ver que me dín.
Xa que a colguei, deixareina, pode ser que non sexa esa a localización, e algún de vos e posible que me poda botar unha mán.
Se non atopamos a solución, a proxima semana no exercicio do luns, porei outra das fotografías do lote, pra ver si o fai mais sinxelo.
Xa sabedes, as propostas que podades achegar; e xa vos digo que me interesan ainda que non o teñades claro, enviadeas o meu mail ourensenotempo@hotmail.com

18/10/10

O coiñal

A entrada de hoxe, non e miña, deume a idea, e a fotografía, o amigo Pastor Fabrega; tocaba exercicio, i él, tirando do fio do que puxen a semana pasada, que por certo esquecinme de novo de dar a resposta o sabado, suxireme este exercicio: seria por a fotografía de arriba, e preguntar, que e o que hoxe non esta?.
Os novos non se ian decatar, e os vellos, e posible que non o lembren, de non ser as mozas que presumian de ter o bronceado mais oscuro da cidade; o que hoxe falta, e, O Coiñal, que era como chamaban a esa zona do rio, cheiña de coios brancos, que actuaban de potenciador dos raios do sol.
Non se sabe, se ca boa intención de coidar os pes dos bañistas, ou facilitar o traballo do contratista que naqueles anos urbanizou, e fixo moitas das casas do barrio de San Francisco; o Coiñal foi desaparecendo, o mismo ritmo, que se facia a cimentación desas casas. Non deixa de ser un xeito de reciclaxe, semellante o que nos anos trinta, se fixo cas pedras que o concello, decidiu sacar das vias publicas, pra asfaltar e adoquinar, que a modernidade así o exixia; y en vez de tiralas, fixo con elas o muro que ainda luce hoxe o instituto Otero Pedrayo; xa digo non e o mesmo, pero si semellante.
A fotografía que tedes abaixo, mostra o mismo lugar, rematados duos edificios do devandito barrio.   
E pra que non me rifedes, eiqui vai a solución a pregunta do lunes pasado, a fotografía, que por primeira vez, ningún foi quen de dar solución correcta, mostra onde esta o alicerce da ponte nova que teria que sair a dereita na imaxen de hoxe. A fotografía penso que se sacou dende preto da Ponte Vella, na zona da rúa Ribeira de Canedo, antigua rúa Xeneral Aranda.

17/10/10

El Cercano e outros consellos de lectura

Este fin de semana, vai de recomendacions, e despois do libro de onte, hoxe van ir dous, pero antes, gustariame comentar a existencia dun centro de reunión, que o amigo Moncho Conde Corbal, abriu fai un tempo, na cidade; moitos dos meus lectores, sei que xa o coñecen, e tedes un enlace a sua paxina web, no lateral do blog, pero ainda quedan moitos ourensans, que penso podelles interesar saber da existencia deste punto de encontro.
Nunha perfecta ubicación xeografica, na cidade, a rúa da Habana, o amigo Moncho, pon a disposición de todos nós, un lugar de descanso, tertulia, e lecer, no que a unica prohibición, e a intolerancia, e os malos modos. Nun agradable entorno, o mesmo podes disfrutar da presentación dun libro, como dunha cata de bo viño, pasando por un desfile de moda, ata se queres, podes asistir en directo a un programa de radio. A parte deses eventos, o millor e que naquelas paredes, podes atopar xente de calquera ideoloxia, ou tendencia, ca que podes entablar unha tertulia, totalmente aberta; a unica pega que lle poño a idea, e a da falta de tempo, que as veces non nos deixa aproveitar estas oportunidades, teremos que facer un oco, nas nosas axendas.
Precisamente nese foro, tiven a ocasión, de coñecer a Fernando Sánchez Salinero, o autor dun dos libros que que quero recomendarvos, "La casa al Reves"; ainda que o titulo, a portada, e o estilo da edición, non o suxiran, e un tratado de economia, Fernando no quere competir evidentemente cos gurus da economia, (por certo, últimamente un pouco denostados), a sua unica intención, e mostrar un punto de vista, cercano (Moncho escolleu ben o nome...), a maioria dos cidadans, como demostra no seu libro, non son precisas complicadas teorias, nen sesudos estudos, pra que unha empresa funcione, o mais preciso, e como en toda nesta vida, O sentido común.
E por último, pra rematar o fin de semana, este outro libro, que fai tempo escribiu Valentín Barreiros, pero non tiven ocasión de botarlle o ollo, ata fai moi pouco tempo, a verdade e que teño que agradecerlle a Valentín que tivera a deferencia, de agasallerme un exemplar.
Seria sinxelo, calificalo como o mellor libro sobre a historia do cine, en Ourense, xa que polo que eu sei, e o unico que podemos atopar ata o de agora;  tratase realmente, da recompilación dos seus articulos publicados no periodico "Ourense por Barrios", pero sinceramente, e un bo traballo; conto tamén ca vantaxe de saber que en breve saira do prelo, outro libro tamén de Valentín, mais elaborado ca mesma tematica, e que continua a traballar no tema, buscando mais documentación; por experiencia personal, podo decir que tarefa complicada, e prá que sabe que o igual que todos os que traballan pra recuperar a historia de Ourense, conta co apoio do Arquivo visual Ourensán.

16/10/10

A ponte por Fernandez Sobrino

Este fin de semana, dín que baixan as temperaturas, co cal pode ser un bo momento, pra retomar o pracer da lectura.
Vouvos recomendar hoxe este traballo de José Manuel Fernández Sobrino, quen escapando do seu habitual fútbol, fai un percorrido polo barrio da Ponte, acompañado dunhos amigos, lembrando recunchos, xentes, e anecdotas que no seu conxunto, conformaron a historia deste barrio ourensán.
Falando as veces, con amigos dese barrio, e teño moitos; lembrar o meu querido Andres Iglesias, que nalgunha fotografía ten pasado polo blog, (poñede no buscador "Bimba"), o meu admirado, Manolo Dominguez, da web amiga http://www.canedo.eu/ ,  o Pichel, e como non, o seu irmán, e añorado  amigo, Andres Pereiro Sotelo; notabaselle certo desagrado ca fusión de Ourense con Canedo (non vou decir as palabras exactas que algún deles empleaba, por si algún rapaz visita o blog), o "animal" do meu amigo Andres Pereiro ainda iba mais lonxe, él era da Ponte, pero antes era do Ribeiriño, pra todos eles, e sen animo de polemizar, agradecerlles, que dende o seu corazón Pontino, sempre tiveran un respeto, a lo menos, polos da Burga, como son eu.
Volvendo a libro, penso non errar, o decirvos, que e un traballo excepcional, de Don José Manuel, dalgún xeito a sua lectura, trae a cabeza, a Don José Adrio, no seu "Del Orense Antiguo", polo tono proximo e familiar, unha forma de lembrar a historia que a mín particularmente, resultame moi agradable.
Supoño que algo terian que ver os colaboradores que tivo, moitos amigos e colaboradores deste blog, o xa citado Manolo Dominguez de Canedo.eu, os amigos de carrileiros.com, o sempre disposto a colaborar e moi bo amigo Lisardo Mazaira, e o que me encantaria coñecer, e ainda non tiven a oportunidade, Pepe da Guardesa.
Pero a pesar de ter tan bos colaboradores, non podemos deixar de felicitar o Sr. Fernandez Sobrino, moitos dos relatos, son vivencias e recordos propios, que ten a amabilidade, de compartir con todos nos.
Grazas por este magnifico libro.
Polo que eu sei, xa pode ir pensando nunha segunda edición, o exemplar que conseguin, tiven que leelo con moitas prisas, pra deixarllo a un amigo, que a pesares de ter influencias no ambito editorial, non foi quen de conseguilo.

15/10/10

Re vivir Ourense

A fotografía de hoxe, é da rúa Xullo Prieto Nespereira, (Rúa Porta dá Aíra?); fai moi poucos días, mostreivos unha fotografía dos restos que crin que aínda podíanse ver, da Porta que daba nome á rúa, e como podedes ver na foto inferior, hoxe xa non están todos, (espero que sexa unha cuestión loxística, e retirásense momentaneamente para a obra que aparentemente se está facendo na zona).
Se por algún motivo quixésense retirar, sei de máis dun que lle daría acubillo a esas pedriñas.
Pero hoxe a entrada non vai diso; aproveitando a preciosa tarde dominical que gozamos o 10 de outubro, e como me apetecía asistir á charla do Sr. Mañá dentro dos actos da semana de Literatura Histórica "Auria", no Posío; deime unha volta por esa zona do vello Ourense.
Calquera de vós pode facer o mesmo, e gustaríame que se o facedes, comentédesme, se as sensacións foron as mesmas.
O xardín, víase vivo, case se podería dicir que recordaba os meus anos mozos, nenos en bicicleta, algúns balóns, e moito Ourensán gozando das case primaverais temperaturas. O resto da zona, rúa Pai Feijoo, a xa nomeada Xullo Prieto, Colon, Hernán Cortes, as prazas da zona San Marcial, Saco e Arce, Herrería etc., víanse con todo silenciosas e tristes.
Xa noutra ocasión, comentei este tema, pero me gustaría non deixalo de lado, na zona vese que se está traballando para lograr a súa recuperación, varios servizos de titularidade municipal teñen ou en breve terán a súa sede nesas rúas, a asociación de construtores, tamén achegou o seu granito de area, en Colon 20 abriuse o centro cívico, varios edificios recuperáronse para aluguer de mozos, os artesáns florecen nos baixos, fálase do museo da Maxia, etc.
Felicito a todos os que tan duramente están traballando pola zona, e publicamente doulles o meu agradecemento; pero, (por que sempre haberá un pero?), a modo de suxestión, aínda que posiblemente xa sexa tema de estudo e procura de solucións, a zona segue tendo o serio inconvinte, da falta de aparcadoiro, para os residentes. Podería construírse un en San Marcial, no terreo do antigo Hospital da Trinidade, ou en San Cosme, por exemplo?. É unha pregunta, non unha crítica.
Desde o meu punto de vista de simple cidadán, sería o empuxón definitivo pra re- vivir o casco histórico.

14/10/10

A Alameda no 1923

Non sei se coincidides conmigo, pero este tipo de fotografías, pra mín teñen algo especial, e son as miñas preferidas.
Un sitio que modificado, continua existindo; unhas roupas significativas dunha epoca, fixadevos nos rapaces, que iban todos a xogo, o uniforme do militar; e como remate, a fortuna de que un dos retratados, sigan entre nos pra poder falar, ainda que sexa de oidas, daqueles anos; fixadevos no pequerrecho que esta no colo; e o amigo Joaquin Fernandez, un rapaz deportista de 87 aniños, tedes outra entrada del eiqui.
Teño a dubida de si a fotografía esta feita diante da barronca, ou diante do solar que acolle a praza de Abastos; poderia saberse comparando con outras imaxes da zona, pero sinceramente, non me preocupa, estas fotografías gustame soó velas, non estudialas.

Vou aproveitar a entrada, pra recomendarvos que maña, vaiades as 20,15 o liceo, onde poderedes escoitar una charla da amiga Lola Pelaez, sobre a historia dos Mendez Montoto, a familia que construiu a Capela dos Remedios, de la que por motivos certamente tristes, estase a falar nos últimos tempos.
Non puden asistir a de onte de Don Miguel Angel Gonzalez Garcia (arquiveiro catedralicio etc), polo que lle pido desculpas, e a vos tamén por que non se me acordou, facer unha referencia, pra os que non o souperon. Sintoó

13/10/10

A igrexia do Santo Anxo

O luns, algún dos meus amigos, non fixo a ponte do Pilar, e aproveitou o día, pra facerme un favor, e de paso un agasallo; estes si que son amigos, traballan de balde, e ainda por riba fanche regalos. Como vedes xa me adianto os comentarios de algún.
Xa buscarei o xeito de agradecerlle a sua amabilidade, pero polo de agora, vou aproveitar unha parte do agasallo, (supoño que xa imaxinades, que se trata de fotografías antigas), pra pedir perdon por un erro, que teño no blogue, (buscadeo, eu non o vou correxir ata dentro de unhos días, pra que podades facer escarnio, pero mais importante pra que vexades que teño moitos fallos, e preciso da axuda de todos vos, pra "enmendallos").
Recoñezo o meu erro, como ten que ser, e nunhos días retirarei da entrada en cuestion, "foto hoxe imposible", o ano 1924.
Si ben e certo, que a obra exterior, do templo, entregouse o 2 de Xunio do 1925, (co cal e imposible, que Don Luis Ksado obtivera a imaxen no ano 24); o edificio, como sabedes nun primer momento, foi un encargo de Dona "Angelita Varela", Dona Angela Santamarina Alduncín, Marquesa de Atalaya Bermeja, e Condesa do Valle de Oselle,  a Don Daniel Vazquez Gulias, dunha capilla, e os edificios do que ia ser un Museo.
Dende o 1918, que comezou o traballo, foron cambiando os planes, a medida que mudaban os obxetivos, e por elo, decidiuse, o pouco tempo facer tamán as instalacions precisas, pra levantar un edificio, que poidera acubillar, as orfas de obreiros. A orixen do Colexio Santo Anxo
Cando poda o cando algún de vos mo envie, publicarei un traballo en condicions intentando relatar, as visicitudes da vida de Dona Angelita, e a sua familia, que ben poidera ser o guion dunha pelicula de cine; da biografía do seu pai, Don Ramón Santamarina, xa existe unha novela, "La Carreta", que narra os duros anos que pasou, pra facer fortuna nas Americas.
Podedes atopar moita informacion en Wikipedia. 

12/10/10

As mulleres en Ourense

Fotografías do Arquivo familiar de Don Antonio Rodriguez Martin
Non pensedes que lle vou empezar a facer a competencia, o blog amigo Historia das nosas Mulleres ourensás, que Rosa Cid Galante, con tanta xenerosidade, nos regala. Tedes un enlace fixo no lateral do blog, pero se queredes facede click, e disfrutade del.eiqui
Hoxe e o día do Pilar, patrona de España, e de sempre eu asociei esta festa, como unha festa das mulleres, por eso, e de paso darlle unhos datos a amiga Rosa, poñovos esta fotografía.
A sociedade por fortuna, deixou de considerar as mulleres, como de segunda fila, pode que a igualdade total ainda non se conseguira, pero un salto sustancial, si que temos vivido nos últimos tempos. Eu de feito teño a sensación que xente da miña xeneración, os dos sesenta, xa o vivimos dun xeito moito mais natural e loxico; como dato, (e non quero entrar en mais profundidades), as miñas compañeiras do bachiller no Instituto, nun porcentaxe altisimo, remataron carreira universitaria, Maria José, Salome, Maria Holanda, Angelica, Pia, etc. a quenes aproveito pra enviarlle un agarimoso saudo, (e casualidade que todas exerzan a Mediciña).
O certo e que non sempre foi así, no blog da amiga Rosa Cid, podedes comprobar que as Ourensans que conseguiron rematar unha carreira, eran case como unhas heroes, e ainda encima non pensedes que por ter obtido o titulo, xa o tiñan todo feito, despois ainda tiñan que seguir a demostrar, que eran bos profesionais.
A fotografía de hoxe mostra unha xeración intermedia, entre as primeiras universitarias, e as da miña xeración; e a promocion do 44-51 do I.n.e.m.o. (instituto nacional de enseñanza media de Orense), hoxe Otero Pedrayo, o problema e que quen ma presta, (teño que preguntarlle se me deixa por seu nome), soo ten recoñecidas a tres das mulleres, Olimpia Grande Gago, Marilo Rodriguez Perez e Mercedes Fuentes. 
Gustariame que entre todos intentaramos recoñecer a todas, e xa postos si a amiga Rosa nos pode aportar algún dato sobre elas millor.
O titulo que tedes abaixo, era dunha desas mulleres, que naqueles anos non e que tiveran moitas opcions nin facilidades pra estudiar, o de Perito Mercantil, era xunto co de Maestra, as principais opcions que se lle daban.
  
De paso PARABENS pra todas as Pilares

11/10/10

Que falta?

Tedes que perdoar, pero o sabado esquecín dar a resposta o exercicio da semán, tamén e certo que supoño, polas respostas recibidas, que era moi sinxelo; non sei se polo dato dos Reinoso, ou polo facilmente reconocible que ainda hoxe e a sua casa, da rúa de San Domingos, si, o edificio do colexio da Purisima; a procesión dirixia os seus pasos cara a Igrexia de Santo Domingo, e como algún de vos apuntou na resposta, non temos xeito de confirmalo, pero poidera ser perfectamente, a celebración do día da Policia, os Santos Anxos Custodios, coincidentemente, o dous de Outubro.
A de hoxe aparentemente moi sinxela tamén, pero non tanto; ser e o noso Miño, eso xa volo digo eu.
Pero que ponte e a que hoxe estaria na fotografía?.
A unica que vos descarto, e a Vella, porque desa zona do rio sen ponte non conseguin ningunha,  prometeronme unha fotografía, pero estou a pensar que non a teñen,  a vos que vos parece?. Pensandoo ben, o millor alguen habilidoso co Photoshop, poderia facer unha, e no último caso, sempre podemos pedirlle o amigo Paco Boluda, que nos faga unha das suas obras retrospectivas.
Os que saiban cal e a ponte que ahi esta que mo digan o mail.

10/10/10

Paco Madrid

Fai moito tempo, que teño intencions de presentarvos estes persoeiros, que fixeron parte da historia da cidade; pra non repetirme recomendovos que lle botedes unha ollada, a que foi a primeira entrada desta tematica, (facede clic eiqui), Toniño , dende aquelas, non o comprobei, pero faltan moitos, e algún de gran importancia, O paxaro, O Cepo etc; a ver si podo poñer algún mais, pero xa sabedes que me lio, e teño demasiadas entradas pendentes.
Hoxe lembreime, desta sección, (o millor tivo algo que ver o agasallo que con Arturo Vispo de intermediario,  fixeronme os amigos do Bar Orellas).
O protagonista da visita de hoxe, e o gran Paco Madrid; de Madrid, non sei si seria, o que si sabemos e que Ourensán non era. Dende os anos cincuenta, ou quizas antes, e complicado imaxinar a Alameda sin este cabaleiro, segun os "entendidos", (eu non o coñecín), chegou a cidade como Picador de touros, e por algún motivo quedou dos festexos dun ano ata os do seguinte, e xa postos debeulle coller cariño a nosa cidade.
A sua profesión non houbo quen ma dixera, pero moitos lembran os seus berros vendendo rifas pola rúa, de feito a fotografía que vos mostro, poidera ser desa actividade, pero non teño claro que daquelas rifase un automovil último modelo, como o que se adiviña detras do personaxe, pero quen sabe...

"No campo de fútbol do Couto rifaba un porco, co que daba unha volta ao redor do campo, os días de partido, e a diario un par de polos nos bares (levar o porco polos bares podía ser conflitivo), Tamén vendía décimos de lotería."

9/10/10

Quince anos só ou xa (Off - Ouff)

Remata a edición numero 15 do Festival de Cine de Ourense, e ainda que sabedes que non adoito falar da actualidade, nesta ocasión non queda mais remedio, as veces cen anos non son nada, e outras como e o caso, quince anos son un mundo.
Un mundo de traballo, de superarse ano tras ano, e de intentar que Ourense avance na sua oferta cultural. Como eu sempre vou o de "onte", o Off, hoxe Ouff, naceu da mán de algun dos poucos profesionais do cine que tivemos en Ourense. Eloy Lozano e Abelardo, estiveron ahí, nos comezos desta aventura.
A lista da "xente do cine" en Ourense, e tristementente, moi corta, podemos xuntar os nomes de Toni Román, Carlos Velo,  Tacholas, José Samaniego (?), e algún mais que a miña cachola non lembra, e xa remataria.
A esperanza esta nos novos valores, algun non tan novo, o amigo Sergio Pazos xa vai chegando os cincuenta, pero se que últimamente estamos vendo xurdir xente con moita ilusión, e capacidade; tamén contamos por fortuna ca escola de audiovisuales, que sinceramente o que teñen feito, e todo un luxo, eso que os medios con que contan, darialle a mais dun a risa, pero como sempre gañas e esforzo dan bos resultados.
Felicidades polo Festival a organizadores, e todo o mundo do cine Ourensán. 
Na fotografía que corresponde a unha rolda de prensa que Eloy e Abelardo, mais o amigo Lisardo Mazaira, xunto co representante do patrocinador (Caixa Galicia), deron, pra inaugurar a exposición de carteis cinematograficos antigos, que daquela se fixo como actividade do Festival.
Aproveito con ela pra ter unha lembranza de Eloy, e Abelardo; este último foi colaborador do blog, polo cal estoulle moi agradecido. Unha aperta
A exposición foi posible grazas a excelente colección que tiña e ten Lisardo Mazaira, de carteis e Programas de mán antigos, supoño que se falan con el poderia en anos sucesivos facerse algo semellante, o do primeiro ano. 

8/10/10

Convivencia en la blogosfera

El año pasado hablamos en este día de solidaridad, y hoy los amigos
y Ángel Cabrera http://blog.artecar24.com/ 
me piden que hablemos de convivencia.
Realmente no sé como atacar el tema; os hablo de razas, de religión, de familia, de política, de filosofía; no me siento capacitado, para catequizar, ni impartir doctrina; siempre encontraras a alguien con buenas razones, para rebatir tu comentario, y no siempre estarás dispuesto a aceptar su validez.
Es por ello, que prácticamente voy a pasar de puntillas por el tema convivencia, y voy a limitarme a deciros lo que para mí es convivir; no será un argumento extenso, más bien sencillo.

Convivir es respetar.

Espero que los amigos Ángel y Senovilla, me perdonaran, la brevedad, pero doy por hecho, que entre todos los comentarios, que hoy, por medio de su iniciativa podréis encontrar en la red, disfrutareis de entradas más cualificadas que la mía
Para intentar enlazar la entrada, con la temática del blog, reconozco que le he dado muchas vueltas, y me ha resultado muy complicado encontrar la manera de hacerlo, finalmente, no me he quedado muy satisfecho, pero creo que unos cuantos amigos enamorados de la historia del cine en Ourense, (aprovecho para recomendaros que sigáis la pista, a David Paz Novoa, Valentín Barreiros y Miguel Abad Vila, auténticos conocedores del tema), ya lo sabrán, pero otros,  me agradecerán este dato.
"En los comienzos de la historia del cine en la ciudad, mejor dicho de la exhibición cinematográfica; aparece un apellido llamativo y para la Galicia de aquellos tiempos, un poco exótico; “Barbagelata”, sabíais que este señor, Eduardo Barbagelata Mucci, fácilmente identificable como italiano (nacido en Génova), estaba casado con una señora francesa, María Curotti, (nacida en Burdeos, a pesar de que su apellido también indica raíces italianas), su hijo Eduardo era español, nació en Zaragoza y su hijo Jorge era un portugués nacido en Lisboa".

Ya os comente, que no me dejaba muy satisfecho la relación, entre este comentario, y la convivencia, pero me apetecía comentaros el dato; ya sé que alguno me dirá, que mas que ejemplo de convivencia, se trata de un caso de movilidad laboral, pero….
Que más da, Respeto, por favor.

Por cierto la entrada como veis esta escrita en castellano; supongo que la mayoria de los lectores que se acerquen a la iniciativa de Ángel y Senovilla seran "Castellano-lectores", (otro palabrejo que supongo me abre inventado), por lo tanto, para fomentar la convivencia entre regiones....

7/10/10

Onte e hoxe

Non vou falar hoxe do negocio que montaron os empleados do Doutor Leon, nin da Praza do Ferro, nin sequera da rúa da Corredoira, hoxe vouvos mostrar un agasallo que me fixo a miña amiga Ana Iglesias. Evidente é que o mundo da fotografía, ten evolucionado nos últimos tempos ata limites insospeitados, a fotografía dixital, pon a disposición de calquera a obtención de imaxes; o asunto e que non e o mesmo, ter unha imaxen, que conseguir unha imaxen fermosa. Pra esto, non chega con ter unha boa maquina, fai falla, ter cualidades, e mais que nada sensibilidade.
Mostrovos eiqui estas duas fotografías, a de arriba ten preto de cincuenta anos e a sua autoria e anonima, cumple perfectamente o seu obxetivo, mostrar o edificio; a outra ten quince días, e nela dende o meu punto de vista, perde importancia o representado, e pasamos a disfrutar da imaxen en sí, texturas, luces e brillos, son cousas diferentes, nun caso buscamos a información, e no outro a beleza.
Lamento que a calidade na que vola podo mostrar, (os blogs teñen certas limitacions), e mala, pero ainda así, penso que se nota perfectamente a diferencia.

Aproveito pra avisaros, que posiblemente en pouco tempo, podamos disfrutar dunha exposición de fotografías da amiga Ana, tan pronto teña os datos, fareivolo saber.

6/10/10

A porta????

Que porta vai ser, por que este tolo enche o titulo de signos de interrogación?.

Moi ben da cachola os me coñecedes xa sabedes que non estou, pero como decian os vellos do lugar, (e algún mais), "non ai tolo sin idea".
Son os restos da "Porta da Aira", quen o dubida, eu non dende logo, ou si.
Vale, deixemos as tonterias pra outro día, que o asunto require atención.
De sempre, pensei que o nome da porta, era relativo a unha posible Aira, (lugar onde se mallan ou secan os cereais), que estivera na zona do Posío; e xa me servia así, a mín e a mais xente; e un nome sonoro e agradable, de feito unha fantastica publicación cultural leva ese nome, e un local con encanto e ovos con patacas "fretidas", tamén, (perdón pola fusion destes dous elementos, pero o fin e o cabo cada un no seu campo, os dous son moi bos).
A devantita porta, deu nome a toda unha rua que tiña nela un dos seus limites, a Rúa da porta da Aira, logo chamouse Reina Victoria, e hoxe Xullo Prieto Nespereira. Pois ben, neste punto xurde o lio; que moitos dos padrós de habitantes da Cidade, recollan a rúa como "Puerta del Aire", non e de ter en conta, non sei se xa vos falei nalgunha ocasión do iluminado que propuso castellanizar os nomes de Mariñamansa, e Salto do Can entre outros, (aproveito pra que algún me diga que nomes queria poñerlle?). E tamén esta o tema de que os axentes que confeccionaban esa documentación, as veces, non eran precisamente sobrados de coñecemento, haberia de todo.
O verdadeiro problema, aparece cando diarios como "El Avisador Orensano", o "El Heraldo Gallego", publican anuncios, dando esa denominación a devandita rúa, aparece como "Puerta de Aire", o "Puerta del Aire", penso que Don Valentín Lamas Carvajal, non e sospeitoso de falta de coñecemento.
Co cal non se me ocurre, mais que pensar que Don Valentín, non podia pasar o control de calidade final os seus periodicos, ou que nalgún momento na cidade utilizouse ese nome pra esa rúa.
Se podedes botar luz sobre o tema, agradeceriavolo.