Páginas

10/9/10

A vidreira por Thomas


Levo tempo buscando antigas imaxes da cidade, nas que se poida observar algo; o que sexa, do que hoxe en día sexa posible obter unha imaxe semellante.
E si, teño atopado varias; o edificio do Concello, foi retratado en moitas ocasións, e certamente pouco a variado, algunha placa na súa fachada, e pouco mais; o caso é que en case todas as fotografías, sae acompañado do antigo obispado, (hoxe museo arqueolóxico en obras), e este si que impide a fotografía; nuns casos, pola modificación do balcón, e noutros porque nos seus baixos estaba a tenda "Do Valencia", e saen os seus artigos e clientes na imaxe. (Outro día poreivos varias imaxes para que o entendades mellor).
Outra que case se mantén igual, é a que retrata a noso "Padre Feijoo", no seu pedestal dos xardinillos, pero tamén neste caso, existen variacións; o peche cambiou, e apareceron as escaleiras.
Algunha máis vos podería mencionar, da Alameda, O Instituto, etc., pero en todas teñen algo...
En todas, menos nesta.
Supoño que recordardes, que xa falamos de don José "Thomas" Bigas (as entradas de cartofilia Ourensán), e a súa colección de postais (1905- ...); pois ben, cabe pensar que as imaxes das postais, fosen editadas por el , pero non necesariamente obtidas por el, a fotografía de hoxe con todo quero pensar que se a obtivo el directamente; o libro no que a poderedes atopar (publicado en 1888), é o tomo "Galicia", da serie "España" da editorial Daniel Cortezo e Cía.
O texto que acompaña esta e outras imaxes da nosa cidade, (que supoño algún día tamén vos mostrarei), é de Don Manuel Murguía, co cal folga recomendarvos a súa lectura, (en internet pode atoparse unha versión dixital, en varias Bibliotecas, León por exemplo); Murguía asina o seu traballo en 1885, co cal habemos de pensar que a fotografía corresponde a unha data próxima a ese ano.
En historia, 125 anos, non é un período excesivamente longo, pero no relativo a fotografía, podo asegurarvos que se o é.
Supoño que todos recoñeceriades a "fiestra", pero por se algún se despista, está na fachada da catedral, á rúa Juan de Austria, aínda que cando se fixo a fotografía, é posible que ese tramo de rúa, fóra o "Patín Vello".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias