Dos irmáns de Dios, o que mais coñecín, foi a Don Manuel (falecido o ano pasado), quen me deu clases no Otero fai xa uns aniños, tamen coñecín o seu irmán Alvaro, (e duas sobriñas, dunha delas fun compañeiro de clases). De todolos xeitos, non me sinto capacitado pra facer a entrada que un artista ourensan como el merece, polo cal, deixarei que o amigo Carrión, que si tiña moita relación con él fagaa por mín. Utilizarei pra ese fín, o parrafo dun texto que me remitiu o amigo Carrión o día seguinte do pasamento. "De Dios, con pouco máis de medio século de traballo ás costas, dicía que era a mesma persoa de sempre, un ourensá que estaba con quen lle pedira axuda. Nunha entrevista dicía sobre el mesmo que era a criatura de sempre, que atravesaba a Praza Maior y vía cousas fantásticas, que percibía o cheiro a sancristía e escoitaba las campás da Catedral, xogando a ser de Ourense. Xosé Luís déixanos as súas obras de gran valor, pero sobre todo, de moito máis valor aínda, o seu recordo, a súa personalidade.
Deica sempre, amigo!"
Mais adiante procurarei facer unha entrada falando da sua obra, e tan pronto como poida tamén andaran por este blog os seus irmáns, pero deixaremos pasar un tempo. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias