O amigo e colaborador Pastor Fabrega, agasalloume hoxe cunhas invitacions pra o concerto que tera lugar o Xoves no Principal, gustariame darlle as grazas pola deferencia que teñen con este Monarquico Vergonzante, como eles (Os amigos da Republica), cariñosamente (supoño) me chaman.
De paso informarvos do evento; pra os afeccionados a musica clasica, e unha das poucas oportunidades que teñen de disfrutar dun concerto na cidade. Sera tamén unha boa oportunidade pra constatar, que Ourense foi e continua a ser terra de bos musicos.
Vou aproveitar tamén pra lamentar a perda da ourensá Dona Dora Vazquez, que ainda con retraso e obligado decilo, (sera outra das entradas pendentes no blogue).
E por último e na mesma linea, comentarvos o falecemento dunha gran Dama do ensino en Ourense, a miña admirada, Dona Maria Teresa Delgado, viuva de Ferro Couselo; acontecido hoxe mesmo; dende este blog quero ter un cariñoso recordo hacia ela, e darlle animos a familia, en especial o seu neto Pablo. (en breve procurarei dedicarlle unha entrada a miña querida Mestra).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias