Supoño que se busco mellor no arquivo atoparei outra imaxe de mellor calidade, na que se vexa este edificio, que tantos bos recordos tráeme á memoria.
De momento serve, porque esta será unha entrada preliminar.
O ano 66, e logo da miña primeira experiencia escolar, no colexio das Carmelitas, (da que algunha historia e evento taurino xa figuran no blog, facede clic ), comezou a segunda etapa do meu periplo estudantil. O centro era: a "Academia Rosalía de Castro"; situada no terceiro andar,dese edificio hoxe desaparecido da rúa Progreso. Lembro o nome dos que creo eran todo o elenco de profesores, Dona Encarnita (a directora), a señorita Pili (a miña profe), a señorita Mari Fe, (dela teño menos recordos, e ata dubido se ese era o nome, alguén me axudara a aclaralo), e o bo de Don Xullo, (un portento nas materias de ciencias), quen creo que se limitaba a dar clases particulares no centro.
Tamén lembro ao Clemente, coa súa librería no portal, sempre con libros de xadrez na man, e unha gran paciencia con toda aquela tropa de "clientes".
Pero bo, hoxe non se trata de falar do edificio, nin sequera do colexio, senón de intentar localizar aos antigos compañeiros que estivemos aqueles anos no centro; sei que é complicado, pero haberá que intentalo.
De momento teño localizados a moi poucos, a miña irmá Bea, os meus primos Domínguez, Xullo, Pía e José; os irmáns Santos Cao, Carlos e Ana; as irmás Fernandez Gil, Belen e Cristina, e o marido de Cristina, Jesus Lage, fai moito que non vexo a Prudencio, aínda que si á súa avoa, e non creo que sexa complicado localizar a José Luís, e os seus curmáns, (Siboney), se vos fixades, o alumnado, eran familias enteiras. Se algún de vós os meus lectores, pode achegar datos, sería de agradecer, xa que me gustaría, reunir anécdotas, e si e posible imaxes daquela época infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias