Páginas

19/4/10

Termas do Outeiro

Poucos seran os que lembran, que na cidade aparte da non fai moito caída, Casa de Baños, "La Moderna", que así se apelidaba, existiu outra moi próxima, coa cal polo menos no publicitario, mantiña unha dura pugna.
Na traseira do vello cárcere, no que daquelas se denominaba "Campo do Outeiro", (e hoxe que eu saiba, non se denomina).
Don Patricio Martín Sánchez, alá polo final da década dos felices anos 20, abriu unha casa de baños, "con todos os adiantos modernos que a ciencia médica aconsella", tal e como rezaba na súa publicidade. Da súa localización, colleu o nome, termas "El Outeiro", pero pra facilitar a súa localización, empregaba como dirección Progreso 29, (que xa daquelas as técnicas de mercadotecnia, eran empregadas).
O aspecto, máis interesante, deste balneario, (penso que común con "La Moderna"), era que se fornecía de auga de mananciais propios, ou o que é o mesmo, utilizaban a mesma auga que manaba das Burgas.
Descoñezo se naqueles anos acudían veraneantes a tomar as augas, cal se dun balneario tratásese, ou se os seus clientes habituais, eran os cidadáns que naqueles anos non podían aínda gozar da comodidade do baño no seu domicilio, quen se consta que facían uso destas casas de baños, eran os membros dos diferentes rexementos do exército, que pasaron pola cidade.
De neno, lembro ver esta casa no seu sitio, pero de certo que levo tempo sen fixarme, por se ainda esta ahí, ireino ver, pero non volo direi, aproveitai o bo tempo que vai comenzar a facer, e dade un paseiño pola zoa, as vistas dende a Ponte da Burga, teñen o seu encanto, e unha visitiña o xardín, nunca ben mal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias