Páginas

16/4/10

Don Celidonio (Bela Auria III)

A semana pasada, na entrada que fixen pra presentarvos modelos de época, para a festa de "Bela Auria", comentei a posible asistencia de Don Celidonio.
Recibín algún mail, preguntando por este cabaleiro, e realmente enténdoo, dado que non é o típico heroe, que deixe pegada no lector. No meu caso, relín non fai moito "O porco de Pé", de Don Vicente Risco, polo cal teño recente na memoria a descrición diste "ficticio" cabaleiro.

O xastre Nogueira fixo de Don Celidonio un señor: chaqueta e chaleque negros; pantalón de listas; camisola branca, co cuello almidonado; cravata escura, con clavillo de brillantes; leontina douro, delgadiña, nos bolsos d´abaixo do chaleque; botinas lustradas, polainas grises; bimba na cabeza, sortellas nos dedos, con pedras finas, guantes de gamuza, abrigo de peles….”.
Esta é a descrición dun xa boiante Celidonio; tedes nesta interesante novela de Don Vicente, outros estilos de vestir, tanto deste cabaleiro, como da súa dona e o seu contorno, polo cal recoméndovos un repaso á obra; (xa postos se conseguides a edición que no 2008 publico a fundación Vicente Risco, coa achega do profesor Manuel Outeiriño "O humor político de Risco", teredes unha visión máis clara da novela).
A fotografía que acompaña esta entrada, non é máis que un chafalleiro traballo de photo shop, polo cal como adoita dicirse, "calquera parecido con personaxes reais, é mera coincidencia", non así a magnífica caricatura que Don Pastor Fabrega prestoume, da colección do seu pai na cal caricaturizou a un Ourensán de prol, do cal vou a omitir o nome, por non ser procedente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias