Páginas

12/3/10

Aniversario

Fai hoxe dous anos, que comecei, esta aventura; naquel momento, soamente tiña as fotografías do meu albúm familiar, (loxicamente non son todas da miña propiedade), e as postais que os poucos pola miña conta fun quen de reunir, por iso, antes de seguir, estou obrigado a darlle as grazas a toda a miña familia; con mais ou menos constancia, e interese, todos fixeron á súa achega.
Arquivo Maristas Ourense
O capítulo de agradecementos, sería moi extenso, (podedes velo no lateral do blog, na pestana "botaron unha mán"), aínda así, creo que é de xustiza, mencionar a quen facilitaron, os primeiros pasos deste blog.
Os Irmáns Maristas de Ourense, na persoa do seu director, Don Alfredo Veiga, e o irmán Vázquez, permitíronme acceder ao magnífico arquivo que eles conservan do colexio; moitas desas fotografías, trouxeron moi bos recordos a visitantes deste blog, e nalgún caso, (o último moi recente, ler a entrada de Mail de Carlos Bóveda), espertou unha certa morriña.
O amigo Lisardo Mazaira, quen desde o primeiro momento prestouse a colaborar, xa non só permitíndome utilizar o seu arquivo, senón que mobilizou a todas as súas amizades, para conseguir máis imaxes.
E por ultimo non podo esquecerme do Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde todo foron facilidades, para axudarme na miña tarefa.

Arquivo Colexio Josefinas Ourense
Co paso do tempo, fóronse unindo, moitísimos particulares, e a práctica totalidade dos organismos a quen lle pedín colaboración, Concello de Ourense, Deputación Provincial de Ourense, Arquivo Municipal de Ourense, Arquivo Histórico Municipal de Ourense, Museo Arqueolóxico de Ourense, Biblioteca Publica Provincial de Ourense, se me esquezo dalgún que me perdoe, pero non é a miña intención.
Tamén foron varios os amigos, que tendo a súa propia páxina web, ou blog, colaboraron comigo, e puxeron enlaces nas súas páxinas, para dar a coñecer o meu traballo.
Fotografía do Arquivo "Catuta"


Fotografías dos Maristas, cedidas por Pepe Lui
A todos en definitiva, moitas grazas pola vosa axuda, sen a cal, seria imposible, poder facer este blog.

A entrada do terceiro cumpleanos, agardo facela millor, pero iste ano colleume nun momento que non me sobra o tempo. Se me esquezin dalguen, que estou seguro de que así foi, que me perdoe, non foi intencionado.(por certo se sabedes de algún blog mais que me teña feito un enlace, decidemo, as veces pasa un tempo, ata que me decato dese detalle).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias