Páginas

26/2/10

O Fielato?

Dende fai tempo, intento confirmar, se isto que aquí vos ensino, era un dos antigos "fielatos" que tiñamos na cidade.
Resulta que algún dos meus colaboradores, afírmao, e outros o negan, (teremos que recibir máis opinións, para alcanzar o consenso); o problema radica, en que segundo a quen lle preguntes pódeche dar estas tres opcións, (e o estraño é que non o teñan claro, os fielatos desapareceron como tal, nos últimos cincuenta, principios dos sesenta):
- Eran como o da fotografía; ese era o máis grande, e os outros tiñan un só corpo.
- Eran de madeira e tiñan o teito con algo similar á uralita.
- Eran igual que a opción anterior, pero pintados de gris, (xa verás como se confunden co uniforme da policía nacional, que tivo esas dúas cores).
O que se conseguimos, é situar algún destes "locais", que tamén se chamaban "estacións sanitarias", (seria por aquilo de controlar que o porquiño non viñese coxo, ou as leitugas non trouxesen carne no seu interior), na entrada da ponte de Marcelo Macías, onde hoxe está o edificio de telefónica, estaba o que controlaba os produtos vindos da zona de Celanova, Bande, e demais vilas; no cruzamento da rúa Coruña con Bonhome, comentan a existencia doutro, un terceiro, na esquina de Celso Emilio Ferreiro coa Avda. De Bos aires, e á marxe da posible existencia dalgún máis, (que comentarios existen), este que se ve na imaxe, situado no comezo da rúa Progreso pola zona da ponte vella, o carón do taller de bicicletas e motos do *Canalla, onde hoxe esta Mapfre, que ainda non fai moito estaba en pe, (somentes unha das duas estruturas).
Outra posible opción que se me ocorre, é que todos teñan razón, e non estivese unificado o seu deseño, sería lóxico pensar que cada un acórdese mellor, do fielato que vía de cotio.
Agardo mails aclaratorios.
*Correción feita polo amigo Ricardo Blanco, quen tamén apunta a existencia doutro Fielato, onde agora esta a Casa da Xuventude
Pra os que pola idade ou calquera outra circunstancia non lembren que eran os fielatos, eiqui vos deivo o enderezo da wikipedia, onde podedes ampliar coñecementos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias