Páginas

11/2/10

O entroido de Ksado

Avecíñanse días de diversión, nesta cidade con tradición do Entroido. Para colaborar na difícil decisión, de cal vai ser a personalidade a representar estes días, hoxe e mañá, recibimos no blog a visita de dous fotógrafos destacados do panorama galego.

Varios son os puntos en común destes dous magníficos profesionais do fol e o obxectivo, pero o que máis os une a esta cidade, é o da súa aprendizaxe; os dous, Ksado e mais Xaime Pacheco, foron alumnos avantaxados do noso José Pacheco, no seu estudo da rúa do Alba (Cardeal Quiroga).

Comezamos coas suxestións de Don Luís Ksado, quen no seu estudo de Vigo (o principal tívoo en Santiago, pero durante unha época mantivo os dous abertos), facia estas preciosas fotografías no ano 1923.

Na fotografía superior tedes un imaxinativo violoncelo, ou será un contrabaixo?, bo o que se é certo, é que traballo se lle deu ao cabaleiro confeccionar o seu disfrace.

E nas outras podedes tomar exemplo deste cabaleiro de graza, (posiblemente o traxe xa o tivese en casa; o seu proxenitor, seguro que aínda utilizaba un parecido en máis dunha ocasión), e esta gitanilla sandungueira que aínda hoxe segue de moda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias