Outro erro mais que anotar na miña conta, pero nesta ocasión dous amigos (Don Francisco Espino Domarco, e Don Manuel Ángel García Yanes); que son quenes me sacaron do erro, dinme que debo ser benevolente, conmigo mesmo, xa que o erro moitos profesionais, tamén o tiveron. Dito isto no meu descargo, existe un dato que me leva a darlles a razón, eu non tiven naquel momento acceso ao debuxo de forma física, co cal non puiden ler a clara explicación que Don Atico daba do tema na traseira da lamina.
Imos o tema, o debuxo, non mostra a casa do Concello na Praza Maior, senon o Caserón de Don Juan Igneson, que estaba aproximadamente onde hoxe esta a cafeteria "La Coruñesa", durante unhos anos e evidente que foi utilizada polo Concello, pra diversos usos, como conta Don Atico, foi colexio público, tivo capela, e cementerio, etc.
Lembrovos que cando quiso abrirse a rúa do Paseo, foi preciso mercar a propiedade de Don Juan Igneson, que penso que chegaba dende a esquina da Fonte do Rei, ata onde hoxe esta a Casa dos Lentes.
Eiqui tedes o enlace ca entrada anterior, e así podedes ver o erro cometido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias