Páginas

23/2/10

A estación de Canedo no final

Protéstome estes días un dos lectores, dicindo que facia tempo que no blog non aparecían fotografías de rúas, e podo asegurarlle, que é froito da casualidade, ou mais ben, a lóxica consecuencia de que cando tocas un tema, normalmente unha entrada quedase curta, polo cal xa elaboras dúas ou tres.
De todolos xeitos, e para compracer ao amigo Ricardo, emendarei o fallo, e modificarei a orde das entradas programadas.
Hoxe podedes ver esta fotografía pouco difundida do Sr. Pacheco, na que podedes ver o estado da que era estación de Canedo, xusto cando foi desmantelada, por deixar paso á nova do Empalme, aproximadamente seria o ano 1952 ou 1953.
Neses terreos que vedes aínda coas marcas das travesas do ferrocarril, edificouse despois o complexo escolar da ponte, o parque, e os viarios que hoxe temos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias