Páginas

28/2/10

Algún ainda está.

Caeu a Ibense, o un deste mes (ano 2010), e pra mín dende logo foi unha desgraza.
O caso e que mentras estan ahi, non lle das importancia, pensas que estaba, esta e estara sempre o teu servizo; unha tardiña, chegas tomar o teu xeado (non vou decir sabores, que xa sei que non hai acordo, bo.... o de mantecado sempre tivo mais sona, pero o de turrón, e segun alguns o exotico de Tutti Fruti, para ahí, que xa tes estas a lanzar.), e atopas a porta pechada.
Liin estes días articulos tocando o tema, e facendo unha relación dos enterros que sufrimos nos últimos tempos, "Ramos", "El Cortijo", etc.
O que non liin, foi nada dos que ainda quedan, que eu saiba, non son pazos de exquisiteces, pero son locais co encanto do añejo, onde se respira profesionalidade e bo trato, como senon ian sobrevivir tantos anos.
Algun mais aparecera por eiqui, pero polo de agora, lembrovos estes dous, o da arriba a Armeria do Marcial, leva a lo menos tres xeneracions as costas, o anuncio que vos poño, saiu no periodico "La Zarpa", ala polo ano 1930, xa choveu.
(non ten nada que ver que sexa o primeiro en aparecer, a amistad que lle teño os Feijoo, ainda que de paso quero agradecerlle a colaboración que desde os comezos tiveron con este blog.)
O de abaixo a Reloxeria "El Cronometro", debe ser dunha quinta cercana, non teño datos de cando deu comezo a sua andadura, pero da epoca debe ser, o que e unha pena pra mín, e que non teñan a venda xa ningun dos aparellos de radio que anunciaban daquelas, supoño que tamen terian os Gramofonos desa afamada casa "La Voz de su amo".
(por certo se algun dos interesados o alguen que teña datos, quere aportarmos, encantado os publicarei, entre todos poderiamos facer unha pequena historia dos negocios da cidade, algun xa non esta aberto, pero quedan moitos descendentes entre nos que poderian dar datos.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias