Páginas

9/1/10

"Espiñas Follas e Frores"

Teño un pouco esquecido a don Valentín, e non é precisamente por gusto, confeso que forma parte do selecto grupo de Ourensáns que máis admiro, (un día destes presentareivos o meu ranking, para que me deades a vosa opinión).
Hoxe móstrovos varias portadas dun dos seus mellores libros.
Das tres só unha pasou polas miñas mans, as demais contenteime con recibir unha imaxe escaneada, o caso é que á marxe do seu excepcional contido, as propias portadas, requiren un certo detemento.
A imaxe que vedes en grande, é dunha primeira edición, e se vos fixades na data, dinos que saíu do prelo en "1875", o estraño, é que a seguinte folla, é outra portada moi similar, na que pon ano "1874", se agora mirades a imaxe de abaixo á dereita, trátase dunha edición facsímil, na que nos di outra vez que o ano foi o "1874", a terceira imaxe non nos axuda nada, xa que se trata dunha sexta edición, na que o ano loxicamente é outro.
Vexamos se alguén pode arroxar luz sobre este pequeno detalle; é só curiosidade; a min ocórrelleme, que Don Valentín posiblemente entregase o orixinal, en tempo para a súa publicación no 74, pero algún atraso na imprenta, levou ao editor, a elaborar outra portada coa data real de saída de imprenta.
Grazas a Dona Ana Malingre polas súas achegas; é un luxo que alguén tan cualificado, sobre todo neste tema, no que ten lazos familiares, hónreme coa súa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias