Grazas á vosa xenerosa colaboración, estou podendo gozar de moitas imaxes inéditas para min, e supoño que pra a gran maioría de vós.
Nestes días, chegáronme varias imaxes da posguerra, e loxicamente ireinas compartindo convosco.
Hoxe podedes gozar desta imaxe, trátase dun curso de cociña dos que se facían na "Escola do fogar".
Non pensedes que a escola do fogar era un edificio, tratábase dun programa de formación promovido pola sección feminina, no que se intentaba dar ás mozas españolas, unha formación básica, co fin de que fosen capaces de levar unha casa; para iso ensinábaselles cociña, pasar o ferro e costura, principalmente, pero tamén se cultivaban as artes, con cursos de pintura, canto, etc.
Para estes cursos, e para paliar a escaseza de medios, pedíase a colaboración das damas (con posibles), da cidade, as cales aparte de facer algunha achega económica, tamén cedían se era posible as instalacións, (normalmente a súa propia vivenda); no caso da fotografía, dinme que o curso fíxose na cociña da casa de Fermín García na praza maior (hoxe sala Caixanova), onde con mais frecuencia impartianse estes cursos nos últimos anos da sua existencia.
Non deixedes de fixarvos na batidora que estaban utilizando as mozas, xogando a adiviño, atreveríame a dicir que lles están ensinando a elaborar unha salsa maionesa, ou un ali oli, que opinades?.
Por certo con sorpresa vexo na imaxe á nai dun amigo, chamareino porque fai moito que non o vexo, e posiblemente agradáselle ver á súa nai tan noviña.
Decateime mentras pedia datos pra esta entrada, de que o paso do tempo, fixo que se mezclen nos recordos, a idea do Servicio Social, cas Escolas do Fogar, tentarei ampliarvos datos, pra non esquecer o que era cada cosa en proximas entradas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias