Páginas

20/8/09

Otto Bodmer, Reloxeria Suiza

Das moitas cousas que descoñecia desta nosa cidade, esta era unha delas.
Xoieros artesans, ainda hoxe en día podemolos atopar pola vila, pero un reloxero suizo, que traballara na cidade, eso si que e todo un luxo; non sei cando arribou a Ourense, o señor Otto Bodmer, somentes me consta, que no ano 1911 tiña aberto o seu taller e tenda na rua do Instituto, (Lamas Carvajal), ese que tedes enriba, e o logo que tiña na entrada da sua tenda, e a fotografía que tedes abaixo, e dun dos reloxes feitos artesanalmente por il, e ainda agora segue a dar as horas.
Non o podo afirmar, pero nas datas debeu coincidir ca reloxeria Portuguesa, (da cal anda pola rede unha fermosa fotografía), que tamen sei que estivo nesa rúa instalada, dalgun xeito poidera ser que tiveran relación, o mesmo que o detalle de que ainda hoxe existe na cidade unha xoieria con ese nome, na rúa de Lepanto, penso que pechou, pero coido que nas galerias Xesta ainda esta unha con ese nome, "Xoieria Suiza", os poucos irei atopando mais datos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias