Segunda obra que vos poño de don Amador Villar, lédea con calma, e se nos vos provoca un sorriso, facédemo saber.
Os datos que eu tiña de don Amador, formaron na miña mente a idea de que se trataba dunha persoa, seria, ensimismada, e introvertida, aos poucos e sobre todo coa lectura das obras que caeron nas miñas mans, estase transformando, nun autentico Galego, a sua retranca, podería definir perfectamente o estereotipo do Galego.
Eiqui vola deixo.
A misa d´ alba MariaFoi tan cedo certo díaQue soilá no adro se víuMais enton ganas sintíuD´unha cousa qu a oprímia.Mirou prós arrededores,E con perdón dos leutores,Levantando as suas enaugasDispúsoxe á facer augasXa maores xa menoresY asín mirando pr´ô ceoPoñendo a boca moi tortaAlí pretiño da portaDeixou María o que creoNomear eiquí non importaChegou a xente, y-o cregoVendo aquelo de ira cegoBerrou: Me caso con Dios!¿ Quén fixo esto d´entre vos?¡Coiro! ¡si a sabelo chego!Mais é facile saberQu é d´unha porca muller,De porco becerro ou boyNon, d´home sei que non foi.De femia tivo que ser!E sinon fixaivos ben:o sóledo está molladopolo lequedo afondado´Ergo está iste BelenBen craramente expricadoO crego tiña aires de Crissom a lo que semella, e soubo raudo que era de femia; loxico, os homes mexan as paredes, e as bestas fan mais afondado o buraco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias