O que vexo, e o que vedes, e a Ponte da Burga nunha data que levara tempo descubrir, penso que a posición do Señor Pacheco, foi un pouco mais aló da saida da rúa do Baño, cara o edificio do Carcere, penso que o edificio do colexio das Josefinas, e o que temos a dereita, pero ten tantas novidades pra mín que e complicado aseguralo, fixadevos na fermosa cheminea que se ve, no medio do tellado, observase o que supoño que sera o edificio do Hotel Barcelona, ainda que a Cupula que se ve o lado, faime pensar no edificio Junquera, mais ese dato e o que levanta as miñas dubidas no intre de datala, no primeiro plano a dereita, a casiña que se ve recorda a estructura dos vellos fielatos, pero coido que non ten moita loxica a sua ubicación nese punto, a non ser que houbera algún tipo de imposto por cruzar a ponte, que non me consta, (recordo que non son profesional).
Espero que algún dos meus lectores poida botar unha man.
Disculpade por darlle color, pero estou tentando aprender retoque fotografico, e así podedes criticar.
Gracias os meus colaboradores polas achegas, non coincido con todas, pero nestas coido que si, as Josefinas nese intres non estaban ainda ahí, nesa epoca debia de estar a fabrica de Curtidos, elas debían andar xa por Ourense, onde estivo o Colexio San Fernando na Rúa Padre Feijoo fronte da Igrexia da Trinidade, a casa da esquerda, era da familia Mendez Silva, penso que nela naceu o Padre Silva, ahí comezaba a baixada os baños do Outeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias