Foi un dos últimos fotógrafos de rúa que tivemos na cidade, a sua andaina correu toda a decada dos sesenta, e nos setenta foi dos que mais aguantou, como xa vos comentei noutra entrada, o seu posto de traballo variaba de lugar, en función dos eventos, novidades e festexos.
Os domingos polo xeral atopábaselle, nos Xardinillos do Padre Feijoo, agardando os paseos das familias, na saida da misa, a non ser que ese día coincidisen moitos profesionais, que entón se desprazaba aos Xardinillos de Bispo Cesáreo, ou ao paseo da Alameda que tamén eran puntos de lecer dominical.
Outra das súas especialidades, eran os colexios, as festas escolares sempre eran un bo momento para cazar unha instantánea interesante, pero o máis lucrativo para eles eran as celebracións familiares, as vodas e bautizos eran os actos máis cotizados, entre outros motivos, porque aparte de cobrar polo seu traballo, o normal era que o fotógrafo compartise banquete coa familia.
Como puña no seu selo, o seu estudo era en Marcelo Macías 24, pero pouca era a xente que se desprazaba alí, era el quen ía á dirección dos clientes, para entregar os traballos ou realizar algún encargo.
Aos poucos mostrareivos á maioría dos seus colegas, grazas a eles temos moitas imaxes que recordar
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias