Páginas

2/5/09

Almacens Santa Maria e o Taboada

Esta fotografía cedida polo amigo Avelino (Bar Gómez), mostra, a habilidade do amigo Manolo Outeiriño, propietario dos almacéns "Santa María", para idear métodos publicitarios, (certo é que o home anuncio, xa estaba inventado, pero por estes andurriales, non era un concepto extendido).
Ao mesmo tempo que o amigo Taboada, facíalle publicidade, protexía a súa funda dos betuns esenciais para o seu traballo real, (xa vos falarei del noutra fotografía), loxicamente cambiaria a diario de protectores, pero problemas de tea non había.
O sistema era rechamante, e ao mesmo tempo económico, o Taboada fixo que non pedía nada, xa sabía que Manolo era y e home agradecido e sabería recompensar o seu labor.
O seiscentos quen o pillase hoxe en día, seguro que este onde este segue arrincando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias