Tentarei recompensarvos destes días de ausencia, con algunha fotografía "orixinal".
Fotografía de Marcial Feijoo.
Aquí tedes o comezo da rúa XOÁN XXIII, vese unha esquina do Goberno Civil, (Delegación do Goberno), os solares onde hoxe están "Esteo" e o "Deutsche Bank", e a outra esquina onde estivo moitos anos a Renault, e hoxe esta unha oficina de A Caixa, a entrada de baldosas que está baixando a rúa á dereita, supoño que seria, a entrada traseira do Goberno Militar (Delegación de Defensa).
A foto en si, correspondese cunha batalla de flores posiblemente do ano 1961, e vemos en primeira fila, á Banda Municipal, seguida dos Xigantes e Cabezudos, que tanto gustaban aos nenos.
É unha magoa que non se vexa na zona superior, as instalacións do Club de Tenis, pero noutra aparecerá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias