Fotografía cedida por Emilio Blanco
A verdade é que no 39, practicamente non había nin vacas nin leite na cidade, logo desa data, aos poucos, (iso si nos pobos próximos á capital), comezou a porse de moda o traballo das "Leiteiras", principalmente, os pobos de Soutopenedo (San Cibrán), Bentraces, Sobrado do Bispo (Barbadás), e San Pedro de Moreiras (Toén), eran os encargados de fornecer de tan necesario alimento aos veciños da capital.
Despuntando o alba, e ata antes a actividade deses pobos era frenética, todos os paisanos tiñan que madrugar, uns para o ordéño, outros para a recollida,e as máis coñecidas, "As Leiteiras" para baixar no "Carrito" o seu prezado tesouro á "Gran Cidade", tiñan que estar á súa hora na parada, de non ser así, "O Antelana" enfurruñabase coas que se atrasaban, xa non por el, senón que despois faltaba o tempo para a repartición, outro día contareivos as reviravoltas dese negocio, sobre todo os mais simpáticos, o ladeo do cuartíllo, as visitas á Burga na metade da xornada, e algún menos hixiénico.
Esquecíame de comentarvos, esa función case sempre a desempeñaban as mozas da casa, se había varias, a maior, esas mañas que vos prometo contar supuñan o beneficio extra da zagala.
Gozade do carrito coa súa ordenada mercancía no teito, podedes supor que nesas condicións, só facíase o regreso, á ida ían todas as cántaras con moito coidado no interior do vehículo.
Un recordo cariñoso para Don Eladio Martinez "O Antelana", e a súa familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias