Páginas

7/3/09

Foto Franchutit

F
Fotografía da colección particular de Lisardo Mazaira.
Neste caso e sen que sirva de precedente, interésame máis o autor, que os retratados.
Os retratados son xa vellos coñecidos, vístelos noutras fotos do blogue, e en varias do blogue amigo de "Fotos Históricas do Fútbol Ourensán", aquí déixovos de novo o enlace, aínda que o tedes á dereita ( http://fotofutbolourense.blogspot.com/ ).
Son: Suarez, Cortizo, Marcial, Chicho, Milucho, Pio, Madriles, Obeso, Ginés, Bolitas, Mirlo e Malet. Club Deportivo Orense 3ª División, tempada 55-56.
Como vos dicía, neste caso o comentario vai sobre o autor, home querido na cidade, pola súa simpatía, tiña o seo "estudo" na rúa do Baño 2, e por diversas razóns nas que non debo nin quero entrar, a súa situación económica non era todo o boiante que el desexaría, iso facía que este bo home agudizase o enxeño, co fin de obter unhas perrillas, víaselle sempre nos partidos de fútbol, e considerábase un fotógrafo de rúa, e ao seu xeito érao.
A gran virtude que lle caracterizaba, era a súa capacidade de obter cun só carrete, e se era preciso sen ningún, todas as instantáneas da xornada, que el procuraba cobrar ao momento, (cando fixese o revelado, xa llas achegaría el ao domicilio do retratado), era frecuente ao velo pasear polo estadio que se escoitase: "Queeeeee Franchutit, Hoxe traes carrete?".
A pesar diso, repito era moi apreciado, pola xente que o coñecía, o último que se soubo del, aínda que non o puiden confirmar, é que marchou cara o Brasil, supoño que pola súa paixón futboleira.
Espero se segue por alí, que me envie algunha fotografía das súas, se é posible utilizando CARRETE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias