Páginas

31/3/09

Baloncesto Ourense

Equipo Baloncesto Orense año 1941. (Fotografía propiedade de Don Joaquin Fernandez)
Cando falas da historia do baloncesto en Ourense, o habitual é escoitar a historia duns señores cataláns, que apareceron pola cidade cara á metade dos 40.
Só uns poucos recordan que alá polo 39, dous instrutores Galegos, os señores Eduardo Saavedra, (posteriormente Alcalde da cidade) e Martul, formaron os primeiros equipos entre os mozos ourensáns, e ensináronlles as primeiras nocións, certo é que o momento era complicado, e os medios escasísimos, os balóns non se pode dicir que tivesen o bote correcto, e menos cando no canto das actuais canchas, xogábase en terra.
Debo dar as grazas de novo, ao amigo Lisardo Mazaira, pola súa inestimable colaboración, sen a cal moitas destas imaxes, non poderiamos gozalas.

As Pontes ano 56

Panoramica pouco vista das pontes do Miño en Ourense, temos toda a ribeira esquerda do rio aínda sen urbanizar, votase en falta o novisimo, a pesar de ser tan pouco agraciado xa se lle ten un certo agarimo.

30/3/09

Antonio de Puga

O Ourensán que nos visita hoxe, a pesar do descoñecemento de moitos dos seus concidadáns (habendolle dedicado unha rúa), é un dos primeiros artistas Galegos que conseguiu ser coñecido a nivel nacional e internacional, falamos do pintor

Don Antonio de Puga Rodríguez, (Ourense 1602- Madrid 1648),
evidentemente non podo mostrarvos ningunha imaxe da súa persoa, pero si da súa obra, aquí tedes algún dos seus cadros, distribuídos polas máis importantes galerías internacionais; é de agradecer, que algunha das súas obras estean en poder de entidades bancarias galegas. (Caixanova - Caixa Galicia)

Eiqui tedes unha breve biografía do artista.
Por Susana Calvo Capilla
Antonio Puga, nacido en Orense en 1602, comenzó su carrera de pintor en Madrid como discípulo de Eugenio Cajés.
En 1635, fue su ayudante en la ejecución de dos cuadros de batallas para el Salón de Reinos del Palacio del Buen Retiro, una de las grandes empresas artísticas de Felipe IV.
Después se especializó en retratos, fruteros, paisajes y escenas populares, géneros en los que, sin duda, era muy estimado como lo demuestra el comentario elogioso que hizo de sus obras, en 1641, el embajador del duque de Módena.
También pintaba fondos arquitectónicos para autores como Juan de la Corte.
Sus pinturas, sin embargo, son mal conocidas razón por la cual se le han atribuido obras de género de otros autores.
Según Ceán Bermúdez, que conoció una serie de cuadros de temas «domésticos y triviales» con su firma, tenía un estilo naturalista muy cercano al de Velázquez en su etapa sevillana y al de Murillo, el máximo representante de esta pintura naturalista centrada en protagonistas sacados de la calle.
Se sabe, igualmente, que Puga era un hombre de cierta cultura, a juzgar por el contenido de su biblioteca, donde figuraban obras de filosofía, poesía y teología, así como de pintura, arquitectura y perspectiva.
Tenía, además, estampas y pinturas de sus compañeros de generación o anteriores.

Bar Gomez (Doctor Fleming)

Xa notastes, que as fotografías recentes, escasean no blogue, por norma xeral, todas deben ser anteriores ao ano 70, esta de forma merecida, vai ser unha das excepcións.
Fai unhas escasas entradas, fáleivos das empresas de autocares na rúa Doutor Fleming, para aderezar o comentario, do bo do "Labandeira".
Hoxe tráiovos, non ha alguén que viviu esa etapa da historia da cidade, senón, un local onde se viviron moita desas historias, o Bar Gómez, situado enfronte á entrada das galerías Roma, segue mantendo a estética e as instalacións daquela época, o seu actual propietario, Avelino Vázquez, a conseguido non sucumbir ás modas, e á marxe da inevitable Televisión, (que a parroquia, os partidos quere velos en cor), nada cambiou, á conta de dispor de menos espazo para a clientela, o despacho de billetes dos Autocares Gómez, segue disposto para despachar os billetes, e recibir os encargos para o chofer, a caixa rexistradora segue esperando pesetas e volta de manivela, para responder co seo soniquete Rraaas, Rassss, (aínda que tamén se viu obrigado a pór unha nova, pero discreta).
Realmente, ao cruzar por esa porta paréceche que en calquera recuncho pode estar tomando un vaso coa súa tapa o Charleston, antes de irse para a praza maior a pór en marcha o seu negocio, ou que nalgunha mesa poden estar botando a partida o Telas e o Taboada con algún inxenuo que terminase pagando o vaso, e se cadra o bocadillo, iso se como se escoite o ruxir do autobús, todo quedase deserto, o traballo é o primeiro.
Non eles xa non paran por alí, a inmensa maioría deles cambiaron de destino, pero por sorte e grazas a Avelino, moitos Ourensáns, podemos tomar un café nese ambiente e recordar outra etapa, posiblemente nin mellor nin peor, só diferente.
A fotografía é unha mala montaxe, pero é que as miñas habilidades son escasas, pido perdón por non saber facelo mellor, pero vos recordo que acepto de bo grado as colaboracións.

29/3/09

O cadro de profesores do cisneros no Roma

Presentovos esta xoia, tal e como ma deixou "Candido" Don Antonio Cid Miranda, (seica esta a preparar outro libro, estaremos atentos.).
Podedes ver os mestres do colexio Cisneros, e como xa vos comentei doutra vez, podese usar a lista dos nomes, para seguir o Rueiro Ourensan (si os ourensans adicamoslle rúas da cidade, por algo sera).
A fotografía a maiores ten outro punto en extremo interesante, velai a magnifica escaleira do Roma, (¡ Ahí si se poidera volver facer!!!!!!!!!!!).

28/3/09

Sin Xeito

A.v.
Vou aproveitar esta imaxen que me prestou D. Avelino Vazquez, para contar unha anecdota que me contou o meu amigo Alberto, (home que no seu día tamen andaba con eses carritos entre mans).
Baixaba un día o Sen Xeito pola estrada de X, e atopouse un veciño que ía camiñando, o Sen Xeito que o coñecía ben pensou para os seus adentros, ¡¡este por non pagar un peso non colleu o carriño!!, e amablemente detivo o autocar á súa beira, "¡Pepe sobe que te levo!, ¡non home, non te ocupes que vou a Farmacia e levo presa!".
Para os mozos que se cadra non o entenden direilles que as estradas antigamente (e algunhas aínda hoxe) tiñan un trazado infame, e nin antes nin agora púidose demostrar que non sexa a recta o camiño mais curto entre dous puntos.
O Pepe andando lixeiro chegaría antes que o Sen Xeito , e encima forraba bos cartiños.
Outro día falareivos da empresa de transportes Barreiros, e de Don Eduardo Barreiros.
Xa postos a aproveitar esta excelente imaxe, feita no seu intre por Foto Villar, enviolle un recordo a un Terrateniente de Pantón amigo meu.

27/3/09

Don Emilio Calatayud y Don Emilio Amor

Esoutro día atopeime a un Gran amigo; e como sempre que nos vemos aproveite para gozar das suas doctas verbas.
Dandolle grolos a un café alí na Praza da Constitución, entre outros sisudos temas, fíxome un comentario sobre Don Emilio Calatayud, (Xuíz coñecido polas suas intelixentes e orixinais sentenzas a menores), afirmaba o meu Gran amigo que o ínclito Don Emilio estaba alcanzando Gloria e Fama, aparte doutras zarandajas pecuniarias, en base a "dicir obviedades", e dende logo, que razón ten.
É obvio que na sociedade actual, hemos sufrido cambios, e perdido costumes, é fácil escoitar: "non hai educación", "perdéronse os valores", "non hai respecto", e máis frases que tentan dar unha explicación ao que está ocorrendo.
A miña dúbida e motivo da entrada é:
De verdade é tan obvio todo isto?
Transcribo a continuación unhas palabras escritas por Don Emilio Amor, intelectual e mestre Ourensán, doutra xeración, (tentade ler o texto sen mirar ao fondo a data).
“Las palizas y el trato severo a los hijos han desaparecido casi totalmente, por fortuna; pero, por desgracia, los procedimientos que debieran sustituirlos, o se desconocen o no se aplican, ……………………………………………
Cansado ya de oír a las madres, a cuyos ojos asoman las lágrimas: ¡Ya no tenemos hijos!, un día hice esta observación, que algunas de entre ellas creyeron injuriosa, y que hay que considerar justa, pues con frecuencia la verdad es lo único que hiere: “Decís que no tenéis hijos; sea; pero, ¿Creéis que hay padres?.
O texto forma parte do epilogo que escribiu Don Emilio para o libro do seu amigo José Adrio "Del Orense Antiguo", e segundo reza no pé do texto, escribiuse en Maside, o mes de Agosto de 1934, (os que non me fixésedes caso e lestes a data sen ver o texto, por favor facédeo, que vos estrañara).
Un saúdo para o meu Gran amigo M.I.S-N, que de verdade o é (amigo, o de grande xa é outro cantar), porque o vin un pouco "baixo", e por certo ten que buscar a forma de protexer mellor as súas ideas, que está perdendo "as defensas".

A Fonte do bosque (O Posío anos 50)

Tentade recoñecela, e situala no seu asentamento hoxe en día, no xardín fai tempo que non a atopan.

26/3/09

A Ponte do Ribeiriño

Ribeiriño Fotografía Pacheco (Propiedade Arquivo Municipal)
No 62 este era o estado da construción desta ponte, non había excesiva urxencia por rematalo, os enláces precisos para a súa utilización dentro da rede de estradas do estado, non se puideron rematar ata o ano 71, de todo-los xeitos, daba o seu servizo.
No fondo xa espuntaba unha das torres do Pino.

25/3/09

O Labandeira (Doutor Fleming)

Fotografía propiedade de Avelino Vazquez Vazquez
A rúa Doutor Fleming, tivo a súa época de esplendor, cando todas as empresas de autocares, "Cartelle", "Castromil", "A Directa", "Gómez", "Barreiros", etc., tiñan nela a sede das súas administracións, (a ultíma foise seica a comezos dos 80 se non recordo mal).
Para dar servizo a empresas e viaxeiros, xurdiron xentes en grao sumo entrañable, non é que fosen un exemplo a seguir, pero eran boa xente, hoxe vísitanos un deles, (aínda que non se sentirá só, en breve acompañásenlle mais compañeiros de tarefas).
O Labandeira.
Levar un vulto ao autocar, acompañar ao paisano coa súa carga á administración, facer recados de última hora para as empresas, esas eran parte das súas ocupacións, e el sempre estaba disposto, diñeiro non tiña, pero amigos que o convidasen ao bocadillo, a fumar e a "tomar algo", tiñaos por toda a cidade.
Deixou de verselle alá polo 78, posiblemente porque a súa saúde xa non era todo o boa que sería necesario, e o baixón da actividade da rúa, coméntase que levo á súa familia a convencelo de que se "xubilase", (os que o coñeceron situan as súas orixes na zona de Santa Cruz), aínda que dende esas non se sabe nada del supoño que onde este, seguirá disposto a levar a cabo calquera recado que se lle encomende.
Recordos para O Labandeira.

As tertulias no Hotel Roma (1934-36)

Regresa ao blogue un dos máis belos edificios con que contou a cidade, o hotel Roma.
Construíse no 1915, substituíndo outro alí existente (do que en calquera momento mostrareivos unhas fotografías de Pacheco no 1908, e no 12), dunha soa planta, propiedade da familia Cuanda Cruz, (de feito o anterior negocio chamouse "Fonda da Cuanda", aínda que xa antes da renovación, cambiara o nome polo de "Hotel de Roma"), o proxecto foi obra do Arquitecto Don Daniel Vázquez -Gulias Martínez.
Realmente a visita de hoxe non é para falar da súa construción, nin sequera da súa estética, (espectacular por dentro e por fóra por certo), senón para contarvos que ocorría nos belos salóns da cafetería do Roma nos anos 34-36.
Momento de turbulencias políticas, (que desembocarían na máis terrible das guerras que sufriu o país), tivo diversos escenarios, pero un dos cotiáns, era a cafetería do Roma, (segundo contan competía duramente coa barbería de Linares, outro día presentáreivola).
Naquel amplo salón, tiña reservado o seu sitial na zona do fondo, (afastado das fiestras, pero observando toda a sala), o Excmo. Gobernador Sr. Ibars, xunto a el sentaban, amigos independentemente da ideoloxía, e moitas das forzas vivas da cidade, a maioría ( no 1934) afectos ao Partido Radical (Republicanos), e algún membro do C.E.D.A.
A zona central, (e digo así, porque era un conxunto de mesas moi próximas entre si, situada no centro xeográfico da sala), a máis ampla, acollía ao grupo socialista con Don Manuel Suárez (alcalde no 36) , e na súa contorna ampliando o circulo, o resto de grupos, Os Galegistas, un dos mais numerosos, dado que seguía aglutinando a intelectuais de diversas tendencias de pensamento, pero nacionalistas de corazón, así coincidían Risco, Otero, Cuevillas, Bóveda (que se deixaba ver pouco pola cidade), Peña Rey, etc. , tamén neses niveis do circulo, asentábanse o grupo dos "apolíticos" (os que eludían falar de política), que incluía entre as súas cadeiras, a verdadeiros elementos neutrais, así como a membros de grupos na clandestinidade, ou case, Valencia, Meleiro, Bárcena etc., (Falanxe ), non nos esquezamos dos renovadores de Calvo Sotelo , en cuxas filas estaban algún dos mais importantes industriais da cidade Villanueva, Meruéndano, Cambón etc. Para terminar de formar o cadro político, teremos que situar aos comunistas, e estes ocupaban a zona das ventás do Bar.
Por non alargar a entrada deixarémolo aquí, xa farei o número II.
A fotografía do Roma procede do diario La Voz de Galicia, e publicouse tamén no blogue http://vellaenobregallaecia.blogspot.com/.
Os escuetos datos do texto, poden ser ampliados en varias obras, unha das máis recomendadas é a de Dona María Victoria Carballo-Calero Ramos "La Transformación de una ciudad Orense 1880-1936".

24/3/09

Automóbiles en Ourense

Mañá mércores a partir das 6,30 da tarde aproximadamente, os amantes do antigo teñen unha cita na Praza Maior, visita a cidade o "XXX Rallye de Cambrils", de vehículos clásicos, segundo parece os vehículos que nos visitarán saíron de fabrica, ao redor dos anos 20, mágoa que este de a fotografía, xa non poida competir contra eles, era da familia da miña amiga Marilo Borrajo alá polo 1915.

Os Trabazos no 1942

Castro Caldelas
Don Saturnino, Don Gervasio, Don Perfecto, Don Luis, Don Manuel, e o Pitilá, formaron un dos primeiros grupos de Gaiteiros da provincia, a sua zoa de traballo era o Castro.
A fotografía foi obtida no 1942 en Castro Caldelas e as andanzas do grupo, xa se remontaban a mais de quince anos.

23/3/09

Maristas Ourense reunión Antigos alumnos

Facede o favor de fixarvos na corrección,
Este sabado 28 de Marzo, os antigos alumnos de Maristas Ourense, "promocions 70, 71, 72", as do Cesta y Puntos, teñen a posiblidad de reencontrarse no colexio, para que vos acordedes de como erades daquelas, eiqui tedes unhas imaxes do pasado, nalgun caso moi recente, e noutros xa case perdido na memoria, non datarei ningunha, tentade atoparvos.
No mes de xuño o día sete, esta prevista outra de todolos alumnos do colexio, e xa vos informaremos dende este blogue.
No blogue xa tedes algunha mais, darlle a etiqueta Maristas, ou a de Recordos Estudiantis, pode ser que se repita algunha, perdon.





O Colexio dos Salesianos

Fotografía Pacheco (Propiedade Arquivo Municipal)
Eiqui tedes outra imaxe dos Salesianos do prolifico Pacheco, nos 50, o pavillón de abaixo ainda non era moi utilizable como podedes imaxinar.

21/3/09

Arturo Noguerol

Arturo José Noguerol Buján.
Ourense 6 de Maio do 1892, (Cardeal Quiroga 1, a esquina da Armería Marcial),
Serantes (Ferrol), 12 de Setembro 1936.

A vida deste Ourensán Galego, foi a dun loitador comprometido coa súa terra, as súas xentes e a súa cultura.
Non se pode entender a actividade editorial da Atenas de Galicia, sen nomear a Don Arturo Noguerol, avogado de profesión, preferiu dedicar os seus esforzos mais á cultura galega, que ao seu interese persoal, amigo de Risco, Otero, Pena, Losada, etc., homes todos eles envorcados na produción literaria, alguén tiña que organizar e administrar, ese desagradecido (no mundo cultural) rol, foi o que lle toco desenvolver, de bo grado por servir aos seus amigos, pero non esquecendo nunca as súas propias inquietudes, xa non só as publicacións en que era parte activa, La Centuria e La Revista NóS, se non tamén en todas as demais da época La Billarda, O Tío Marcos etc., gozaron coas súas colaboracións.
De todos eses artigos e colaboracións merece a pena destacar, a súa articulo "LA PATRIA" aparecido no número 2 da Centuria, no que fai o primeiro manifesto Galegista Ourensa, considerado o xerme da Irmandá Rexionalista d´Ourense.
Escribiu Don Ramón da súa morte n0 "O libro dos amigos".
"Foi seu pasamento como un espertar punxante e frío".
O falecemento de Arturo Noguerol, é outra penosa mostra da intransigencia humana, e o antinatural da violencia, foi executado, a noite do 11 ao 12 de setembro do 36, e a causa houbo que esperar ata o ano 41, para que alguén de xeito vergoñoso, a cualificase,
"Desafecto ao glorioso movemento nacional".
Mis mas expresivas gracias a Jesus Fernando Roman Alonso polo seo agasallo, e colaboura.
Sin sus comentarios, e o apoyo da sua obra "Arturo Noguerol Buján -Xornalista, arbitrista e financieiro do galeguismo" (Ed. IR INDO 2003), esta entrada non seria posible.

San Lázaro a Ermida

Polo menos esta Ermida xa visitou o blogue en dúas ocasións, pero nesta imaxe podedes vela desde moi preto na súa localización orixinal, a esquina do Parque enfronte do Banco Pastor.
Recórdovos que a trasladaron, e se ninguén a levou (que todo é posible), hoxe está no barrio de Peliquín.

Os rapaces da A.D. Couto no 52

Aquí tedes outro grupo de figuras do balompé Ourensán, algún deles, (case todos) formo tamén nas filas do Club Deportivo Orense, ese era o ano do nacemento do club actual 1952.
Identificados por varios amigos (Silvio, Alberto, Mazaira) aquí tedes os nomes destas figuras,
Pepiño Roque-Lañe (ou Liaño)-Manolo "Zampa"-Pepe Ventura-Cesar-Emilio "Milo"-Alberto Parada-Jesus Huete-Sejo-Toniño Regueiro-Rafa-Cuña-Souto-Nolete-Abel y Pepiño
Recórdovos que podedes ver moitas máis fotografías de temática futboleira no blogue de fútbol histórico Ourensán, tedes un enlace á dereita, pero para que vos sexa mais cómodo aquí déixovos outro.

20/3/09

A confiteria do Valcárcel d´Allariz

Isto que vos mostro hoxe non se se coincidiredes comigo, pero é unha xoia da publicidade, xa vos mostrei algún anuncio deste estilo, (e mostrareivos mais seguramente), ao contrario que a publicidade actual na cal todo ten que ser rápido e visual, antigamente agudizábase o enxeño, para que o lector lese de punta a cabo todo o anuncio, hoxe seria moi estraño expor un anuncio publicitario sen imaxes, pero antes??..
Esta publicidade publicouse no estrañado semanal Ourensán "O Tio MARCOS D´A PORTELA", en setembro do ano 1884.
CONFITERIA
__Pr´adozar o mais que podo
as amarguras d´a vida,
cando teño forro un peso,
vou gastalo â dulceria.
__¿A d´o Lis?
__Non tan alá
__¿A d´o Brasa?
__Mais enriba.
__¿N-aquela qu´está ond´estivo
o comercio d´a Gallipa?
__N-a mesma. Bastian, n-a mesma,
n-a mesma confiteria.
qu´o Valcárcel d´Allariz
estabreceuche n-a esquina
d´a rua Tetuan por baixo,
d´a Fonte Nova por Riba.
__¿E teñen alí bos dulces?
__¡Si viras, Bastian, si viras
os atracos que me dou
de pasteles e rosquillas,
de mazapás, piñonates,
e mais d´almendras! ¡Si viras!
Haiche dulces tan xeitosos
e cousas tan esquisitas,
que ô velas alí parece
que un as degora co-a vista
De froita en dolce non falo
de tartas xa non se diga,
e de rosarios, de cónchega
santiños e paxariñas
feitas d´o azúcre mais branco,
haiche alí unha romaria.
__¿E ten resolio.
__Tamen
hay toda cras de bebidas,
d´as que quentan e confortan,
bébense moito e non chispan.
__¡Ave Maria de Gracia!
Vámonos â dulceria,
á derreter tres pesetas
que levo eiquí n-a faltrica,
pois sinto, oubíndote, antoxos,
cal nunca sentin n-a vida,
de ter unha larpadela
de cousas tan esquisitas.
__¡Pois ala que xá, Bastian!
Pr´ aló vámonos eixiña,
que vale mais tomar dulces
que brebaxes d´a botica.

Barqueros no Miño

Crise Habemus, pero non é o tema desta entrada, na fotografía temos a un sector, que sufriu unha crise radical, tanto que supuxo a súa extinción.
Aínda que hoxe pareza difícil de crer, nunha época pasada, o Rio Miño tiña suficiente poboación piscícola, como para que concidadáns nosos, puidesen vivir da pesca, de feito eran os que fornecían de peixe fresco á cidade, (da costa chegaban salgaduras, pero o fresco se chegaba, faríao un pouco "mareado".
Outra ocupación contorna ao rio era o transporte de viaxeiros e mercancías, entre os dous concellos, Canedo e Ourense, habemos de recordar que a ponte maior "A Ponte Vella", frecuentemente non era transitable, (mais que nada porque caeu en repetidas ocasións).
Segundo contan podíase ver navegando polo rio sobre todo en días de feira a Gorrinos, Tenreiros, Pitas, e demais animaliños que viñan na proa aventando a brisa cal Leonardo di Caprio na súa Titanic, que por certo nalgunha ocasión, segundo parece, tamén se produciu o afundimento da nave, (seria posiblemente interesante que algún buscador de tesouros animásese a traer un submarino, e explorase os fondos en busca dalgún tesouro, non dubido que se aparece algún ánfora, o caldo que puidese conter no seu interior, valería un potosí).

19/3/09

Ballet Folklórico Orensano

Esta é unha entrada breve, pero imprescindible para o blog, (noutro momento ampliareina), non podía estar moito mais tempo, sen dar entrada a este grupo, que desde o ano 1967, traballa na conservación dos bailes populares de Galicia, e sobre todo de Ourense.
Fotografías da colección de Don Lisardo Mazaira.
Nas fotografías, tedes a dous dos seus máximos representantes, na primeira aparece a alma mater do grupo, CHICHO (Juan Goncalves Babio), e na segunda Pedro Navas, outro dos alicerces da agrupación Ballet Folklórico Ourensán. (obtivéronse nunha das moitas ocasións, que os compoñentes do Ballet, acudiron a entreter aos nosos maiores no asilo de anciáns).

Fotografías da colección de Don Lisardo Mazaira.

Xa sei que tamén falta a Coral de Ruada pero tede paciencia.

18/3/09

Jose Adrio Menéndez "Del Orense Antiguo"

Nunha lista de obras sobre a historia de Ourense, non podía faltar nin este autor, nin este libro, "Del Orense antiguo", é (dende o meu punto de vista), a mais entretida e mellor recompilación de feitos acaecidos na cidade ata o 1900.
A imaxe mostra a portada da edición facsimil auspiciada polo Concello no ano 2001 dentro da colección Auria, o orixinal imprimiuse na "Popular", o ano 1935.

Outra Chevrolet

Temos que recoñecer, que a súa situación era envexable, esa esquina era das máis transitadas, se non a que mais, durante o Século XX.
Á marxe de que tivese unha estética moi peculiar e rechamante, o certo é que durante a súa existencia, deu varios e valiosos servizos á súa cidade.
A falta de confirmar datas, e algún momento da súa historia, nestes momentos, os datos fiables que coñezo deste edificio, son: Comezou a súa andaina cara ao ano 1922, sendo a sede da representación dos vehículos "Chevrolet", (segundo algunhas fontes, vendíanse os automóbiles habitualmente por encargo, e na zona traseira, (como se ve nesta fotografía era bastante ampla), realizábanse as reparacións) de aí o nome polo que se lle coñeceu durante a súa existencia, a pesar de cambiar de ocupantes en repetidas ocasións.
O segundo paso (sen confirmar datas), foi ser a sede do "Banco Hispano Americano", durante a guerra como vedes na fotografía foi a oficina de información de "Frontes e Hospitais", e posteriormente (é onde me faltan máis datos), cónstame que foi durante un longo período, o "Bazar Pedro", "Banco da Coruña",(Vou facer unha aclaración, para aforrarvos comentarios.
Na fotografía podedes observar que o edificio cara á rúa Paseo, tiña 6 arcos; nunha data que descoñezo, os tres últimos, foron separados do resto, dando lugar á aparición doutro local de negocio, foi neste como algún de vós comentoume, onde se instalou o "Bazar Pedro", tamén é certo que esquezin nomear ao "Bazar Outeiriño", que ocupo o mesmo local, hoxe ahí esta unha tenda de moda, descoñezo a cronoloxía, pero xa sabedes que admito datos que completen a información.
En próximas imaxes do edificio, (que por fortuna teño), poderedes ir vendo a confirmación a estes datos.
Mergullando polo blogue, xa tedes unha na que se ve o "Banco Hispano Americano")segundo parece tamén chego a albergar durante un curto período ao "Banco Central", e actualmente xa co edificio novo é a sede do B.B.V.A.
As fotografías forman parte da colección do meu amigo J.V. das que xa vos mostrei outras dúas dos actos do funeral en memoria de D. José Calvo Sotelo, e a xúra de bandeira dos alféreces de Ávila, o 13-7-1938.

17/3/09

"Médicos Ourensans represaliados..." David Simón Lorda

Ocurriuseme hoxe e xa esta feito, tentarei darvos a coñecer os libros que eu poida, e saiba, que tratan de Ourense e as nosas xentes, algun xa apareceu por aquí, como o do profesor Marcos Valcarcel da "Historia de Ourense",e algun mais, pero non estaban ca intención que agora pretendo. (se vos fixades na fotografía da portada entenderedes por que inaugura este apartado, (eu non teño este libro), que non se malinterprete, a queixa).

Inaugura iste apartado un dos libros do Doutor David Simón, no que lembra a todos o case todos, (non vaia ser que algun se exquecera), os galenos represaliados a partires do 36.
"En este trabajo se pretende ofrecer una visión panorámica de los médicos que ejercían en Ourense en la “Longa Noite de Pedra” (Guerra Civil, posguerra y resto del período de la dictadura franquista), y que sufrieron en sus vidas y en la de sus familias las diferentes formas de represión y depuración que el régimen franquista impuso desde los primeros días del golpe de Estado en la provincia ourensana".
Por desgraza a súa edición está esgotada, e é complicado atopar algún exemplar.

Acea de Untes nos 40

Hoxe e feira, co cal sintome xeneroso, aqui tedes outra imaxen dunha das aceas que poblaban o Miño, esta en concreto, penso que ainda se pode ver, (teño que admitir, que non adoito percorrer os paseos fluviais, e perdome esas vistas).
A fotografía e dun rapaz que hoxe peina canas, e pasou a sua vida entre papeis e maquinas de facer libros.

1940 Ponte Nova


Grazas a preocupación de empresas coma Roisin (da cal e a postal que vos mostro), Hauser e Menet, Editorial Arribas e algunha mais que non lembro niste intre, podemos disfrutar agora destas imaxes.
Era o ano 1940, e podemos observar unha das moitas praias das que gozamos en Ourense, quen di que Ourense non ten praias?, dacordo Praia America, nin A Lanzada temolas preto da casa, pero para quitar o vicio, ben valian as do Miño.