Páginas

3/2/09

XIX "Encontros Literarios"

Ao fío da entrada anterior, cóntovos:
O marco onde tiven o encontro co Sr. Valcárcel foron os encontros literarios do Liceo, a conferencia, impartíaa, Don José Mª Merino- Sánchez, e teño que recoñecer que cumpriu co obxectivo, foi aparte de didáctica, moi amena.
Pero, (que sempre haxa un pero!), teño un pequeno reproche que facerlle, ilustrando a conferencia, menciono en dúas ocasións ao meu admirado Xoan da Cova (por certo onte coincidentemente coñecín a outro Xoan da Cova "actual", ao cal saúdo e volvo agradecer a súa colaboración), na primeira deixou todo perfectamente no seu sitio, o "Trampitan" era un idioma unipersonal, co cal máis orixinal imposible, pero na segunda cando nos contaba que Don Carlos Casares, proporcionoulle información acerca de Don Xoan, déixoo no aire e seguiu con contos de orixes e históricos , (torre de Hércules, Breogan ,etc.).
Co cal sinceramente "deixoume a medias", realmente puiden haberlle feito o reproche durante o coloquio, pero non me pareceu procedente, dado que non era o fondo da conferencia, senón un comentario ao fío, noutra ocasión será.
Hoxe por desgraza non poderei asistir á de don Bieito Iglesias Arauxo, alguén ma contara?, pero espero poder asistir á do venres, co Sr. Vicent, e Don Angel Sánchez Harguindey
Aproveito para felicitar aos organizadores, polo nivel conseguido nos Encontros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias