Páginas

18/2/09

Typical Auriensis

Non me puiden resistir, deixáronme esta mañá esta fotografía, e recoñezo que non teño outra que en tan pouco espazo poida reflectir unha época concreta da nosa historia local, cunha chiscadela á historia europea.
Á marxe do elegante cabaleiro que loce ben coidado mostacho, símbolo de elegancia en por si, pero unido ao pano na solapa, e a gravata, identifican a un verdadeiro cabaleiro dos 60.
Unha chiscadela á florecente Europa, ao montar unha Vespa , pero non vos perdades a esquina de "Previsión" (I.N.S.S.), autentica locomotora de castañera, (posiblemente a que ocupaba praza fixa na esquina do Banco de España ou contiguos), e ao seu lado (é a primeira fotografía na que vexo un na cidade, en pobos e vilas teño varias) o carriño dos Xeados, eran unha marabilla da tecnoloxía, rodas para facilitar o seu transporte, deposito "illado" para as barras de xeo que conservaban o produto, tejadillo para salvagardar ao operario dos lategazos do astro rei, colgador lateral para os trapos de limpeza, e nalgúns modelos tubos transparentes (de momento non eran de metacrilato, pero o plástico servía) para transportar os barquillos.
Resumindo unha fotografía das que se cadra sen querer recolleu moitos recordos para todos nós.
Grazas a Don Marcial Feijoo, "Armería Marcial", por permitirnos gozar a todos deste o seu recordo.
A fotografía tomouna no seu día "Cardoso" un dos moitos fotógrafos de rúa, que permitiron que moitas cousas esquecidas, recuperen un espazo na nosa memoria.
En canto poida fareille unha entrada a el e outros moitos, "Cudeiro", "Gómez", "Cine", "Novo", etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias