Esta entrada non deixa de ser unha amable vinganza, cara a estes profesionais, que se empeñan en retratar a todo o mundo, e con todo eles como é lóxico, ponse sempre detrás da cámara, e a súa imaxe queda en moitas ocasións no esquecemento, non así o seu traballo (por fortuna).
O mais salientable desta parella, á marxe do seu esforzo diario, era que non había ningún inconvinte en intercambiar a cámara, o mesmo disparaba Don Lisardo que o facía Dona Manuela; neses anos o habitual era que a muller encargásese dos traballos de revelado, e non do trato co publico.
Aqui tedes o matrimonio formado por Don Lisardo Mazaira López, e Dona Manuela Saburido Vazquez. Esta parella pode presumir de facer viaxar por todos os medios a moitos ourensáns, o mesmo mandábanos a realizar unha travesía en barco, que os facían viaxar de Santiago a Madrid en avión.
Co paso do tempo, a familia aumento, e tamén se produciron varios cambios en canto á súa localización, deixaron as barracas da Alameda, para pasar á Avenida de Pontevedra, ata que por fin instaláronse no seu local actual na rúa Progreso.
Onde aínda actualmente seguen desenvolvendo o seu traballo, froito da dedicación da muller de Lisardo.
Na fotografía temos a Dona Manuela, co seu Lisardito no colo.
Lisardo Mazaira Saburido, ata a súa xubilación, non só conseguiu manter o prestixio do seu estudo, se non que o aumento, froito da súa afección ao deporte, raro é o equipo ourensán que non se teña posto diante do seu obxectivo, de feito a historia en fotos do Clube Deportivo Ourense, seria imposible sen a súa contribución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias