Páginas

28/11/08

Marcos Valcarcel "Historia de Ourense"

Non teño a fortuna de coñecer á persoa, pero si as súas obras, tanto escritas coma dixitais, (tedes un enlace ao seu blogue á dereita da páxina).
Aínda que noutro momento faga unha entrada mais ampla para a sección de "Veciños célebres", non quería perder a oportunidade de recordarvos que mañá ás sete da tarde no Liceo, é a presentación do seu novo libro "Historia de Ourense", e que despois recibirá unha merecida homenaxe dos seus amigos cunha cea no Restaurante San Miguel.
Dende este humilde blogue.
Grazas polo seu traballo e felicitacións por ter tan grande e bo grupo de amigos.

27/11/08

O doutor Alveiros

Esta semana, caeu nas miñas garras este pequeno libro, e recordei que coñezo a outro doutor Alveiros, ao cal dedícolle esta entrada, non pola súa condición de doutor, que o é, se non polo seu vicio insano (o non habitual adoita levar este adxectivo??) de achegarnos o cine dende outro punto de vista, para min inimaxinable ata que empecei a ler os seus Medycines, e quero recomendarvos que vos acheguedes a este blogue http://medicinaycine.blogspot.com/, non esperedes un blogue amable, senón algo cru, pero real, por sorte a vida non é só iso, pero iso esta na vida.
Oxalá todas as entradas fosen para saber se os ovos que comeu Newman cabíanlle no estómago, pero por desgraza iso é un detalle simpático, pero illado.
Visitádeo e opinade.
Un saúdo a Aloysius.

A viúva e a Garrapiñada

Grazas á miña amiga Chicha, puiden ver esta fotografía na que saen dous dos negocios que mais visitaban os rapaces os fins de semana.
Que era unha tarde de sábado sen darlle unhas chupadas a unha mazá de caramelo recén feita?, (algúns días do Nadal, os nenos coa súa mazáciña facían xogo coas decoracións dos "Almacéns Santa Eufemia"), pero os produtos estrela eran a améndoa garrapiñada e as pedras de caramelo con améndoa ou cacahuete, (sabores que se gardan de neno e non se volven a atopar).
Non teño que dicirvos que falo da Granadina. (O nome supoño que se deberá á procedencia da fundadora do negocio).
O outro negocio procurarei conseguir outra fotografía para falar del, pero xa imaxinades que é "A Viúva", "A Lisarda", ou a "Viúva de Lisardo", como lle queirades chamar, (será outro día).

26/11/08

Trives no Tempo 1

A partida 1915 nesta carreta, comezamos esta nova sección.

Teño que recoñecer, que a miña intención era que neste blogue soamente se faláse da cidade de Ourense, pero a verdade é que me resultaría desagradable desprezar o material que me fixeron chegar uns amigos.
Por todo iso, inauguro hoxe un nova sección, de vilas pobos aldeas e lugares da provincia de Ourense.
A sección chámase Trives como agradecemento ás persoas que me han “obrigado” a creala, o actual alcalde de Trives Luís Álvarez, e o meu amigo Luís Antonio Pereiro (aparellador municipal).
Trives 1899 Vista parcial

A terra dos “Tiburos”, pobo castrexo foi posiblemente a primeira denominación de “A Pobra de Trives”, a capital chamábase “Nemetóbriga” (Trives Vello ou Ponte Navea), e os poboados, eran Civida, Castelo, As Cigadoñas, e “O Castro”.
En tempos dos romanos, era cruzada pola Vía Nova (de Bracara Augusta a Asturica Augusta).

Xa na idade media, formaba parte do condado de Lemos.

Na leira dos Marqueses Agosto de 1891
O Trives contemporáneo, non se pode definir, sen mencionar aos Señores Marqueses de Trives, o primeiro, Don Nicanor Alvarado e Casanova, foi a parte dun gran benefactor da Vila, un dos focos de atracción da nobreza Galega, que acudía a veranear, á vila, escapando das calores das cidades.
Na actualidade é unha vila con moito encanto, pola amabilidade das súas xentes, as súas casas señoriales, a súa gastronomía tradicional, (menos mal que en Ourense se poden atopar as súas bicas con facilidade), e cando a neve acompaña, pola súa magnifica estación de montaña “Manzaneda”.

A Praza

Os comezos dunha gran empresa

Dou as grazas a Isabel Calviño por prestarme unhas cantas xoias fotográficas
Despois dun ardúo traballo de investigación, conseguimos este importantísimo documento gráfico.
Aquí temos a imaxe que demostra que o nacemento da empresa Coren non foi froito da casualidade, nesta cidade sempre tivemos unha estreita relación con estes animalíños.
Tempos aqueles en que algúns veciños gozaban de ovos de curral sen desprazarse da cidade; acórdome da miña infancia, en casa tiñamos un espertador sen pilas, que non fallaba nunca, era un galo propiedade duns veciños que vivían no patio de mazá das traseiras do "Garáxe Mexicano" (Doutor Fleming, Progreso, Reza e Parada Justel).

25/11/08

Grupo Santa Barbara (Polvorin)

A partir do ano 39 desencadeouse unha euforia construtora, e xurdiron pola cidade e vilas urbanizacións como flores, unha das primeiras foi a do "Grupo Santa Bárbara" no "Polvorín", que impulsou a "Obra Sindical do Fogar".

23/11/08

Albúm Familiar 2

Abuelo.
Domingo de Ramos no 64
Esta fotografía é a culpable de que a miña querida nai teña que ir unha vez ao mes a rezar o rosario vestida de campesiña rusa. (A quen se lle ocorre disfrazarme dese xeito)

O Colexio Maristas sen rematar

Remate
No ano 1958 comezou a súa actividade, o colexio en Bedoia, pero como podedes observar, as obras continuaron durante polo menos dous anos mais.
A parte do edificio con fachada a rúa Valle Inclán foi a primeira en estar operativa.

22/11/08

Os recolle pelotas do Couto

Recolle.
A fotografía corresponde ao ano 1954 no estadio do Couto, aí están, Pepiño-Pis-Pinocho-Tatís-Pachena-Seara e Silvio con Raúl o fillo de Roque. (cedida por Silvio Perez) antes por un erro puña Rodriguez, pido desculpas e botome de xeonllos diante del polo erro involuntario, debia estar matinando no Trova, menos mal que non lle chamei Pablo Milanes. Desculpe Don Silvio Perez.
Daquelas se que había afección, o ser recolle pelotas era unha honra reservada a uns poucos, o habitual era que ocupasen o posto os xogadores da base, como premio ao seu empeño, tamén é certo que o costume era que algún boiante e rumboso directivo, soltáselle unha propina ao final do partido.

21/11/08

Don Jose Samaniego II

"Peor que ignorar algo é non recordalo", esta frase lapidária vén a conto, de que ao facer a entrada de Samaniego, (a primeira), recoñecín a miña ignorancia sobre este gran fotógrafo, o caso é que debido a un comentario de David Paz Nóvoa, ao cal llo agradezo, acordeime dun señor que lera dedicábase a facer proxeccións de cine no Liceo, e que colaboraba con Revistas da época, esta era "Don Jose Samaniego".

A falta de mais exactitude, "Samaniego", recalou na nosa cidade, e montou o seu estudo profesional na Rúa Luís Espada 13, ao pouco tempo as excelencias do seu traballo, convertérono en colaborador habitual da revista "Blanco y Negro", na cal publicou fotografías como a do "Conde de Bugallal na recepción do Bispo Cesareo", e outras como a que podedes ver mais abaixo. (Da festa da fror hoxe Bandeiriña).
Con todo a colaboración que mais nome deulle entre a cultura galega, foron as contribucións que realizo á "Revista Nós", no número 5, aparece unha fotografía realizada por el a un carboncillo de "Farruco Lamas", e no número 12, aparece como colaborador na contraportada, por unhas fotografías realizadas a material arqueolóxico.
Cando dispoña de tempo seguirei revisando, e se encontro mais material, procurarei facer outra entrada deste artista.
No ano 1925, substitúe ao empresario Eduardo Barbagelata, na concesión para a proxección de filmes cinematográfícos, nos salóns do Liceo Recreo Ourensán.
Segundo podemos ler nun articulo de David Paz Nóvoa do libro "El Liceo de Orense 1850-2000", "Samaniego mantiña relación coa empresa de distribución Méndez de Laserna, radicada en Vigo, a cal lle fornecía un amplo catálogo de filmes.
Así mesmo dispuña dun aparello proxector da marca Gaumont de dobre lanterna e dous condensadores".
Nese mesmo articulo, menciónase a bolsa obtida para aprender novas técnicas en Hollywood durante o 1930, e por outra banda, cónstanos pola existencia dalgunha fotografía de estudo con selo da Coruña, que tamén na cidade herculina gozaron da súa arte.

20/11/08

Franco na estación Empalme

Aínda que nalgunha ocasión expreso as miñas ideas en canto a cuestions urbanísticas, e mesmo nalgún momento poida que se nóte a miña inclinación con respecto a cuestións de educación dos fillos, o que desde logo non expresarei neste blogue, son ideas políticas, (mais que nada porque sempre me queda un resaibo amargo no padal, cando falo de política).
"Hestorea" e "Hestorea". Dicia Don Ramón.
Dito isto, aquí tedes unha fotografía histórica, non é Hendaya, nin esta Adolfo por aí, só hai un personaxe en común ás dúas imaxes, Franco inaugurando a estación Ourense Empalme.
Fixádevos no reloxo hoxe desaparecido que adornaba a fachada da estación.

19/11/08

Finca Najera (Rampa de Sas)

s
Fotografía propiedade da familia Najera
Nos anos 60, aínda se vían grandes viñas próximas á cidade.
Esta estaba localizada na parte alta da Rampla de Sas, a casa de dous andares que se ve á esquerda, aínda segue en pé, e detrás dela tense construído o instituto do Couto, o espazo ocupado polas víñas hoxe esta cuberto por unhas cantas torres de vivendas; ¡que se lle vai ha facer o progreso é necesario!.

18/11/08

G. Militar e Refuxio do "Sagrado Corazón"

s
Fai uns días (9-11-08) o profesor Marcos Valcarcel, na súa columna dominical "A Mirada Retida" do diario "La Región", regalounos con esta preciosa imaxe; supoño que debido ás limitacións de espazo no diario, non se estendeu na explicación, sen animo de corrixir nada do dito por el, (que non podería), tentarei ampliar algún dato.
O Articulo do Profesor:
"A foto debe ser de 1953, segundo nos informa Xesús G. Tobío, quen nos achega esta imaxe.
O lugar é ben recoñecible, aínda que cambiaron algunhas cousas: a rúa do Paseo, xa preto do parque de San Lázaro.

Velaí, en primeiro plano, á dereita, o edificio que foi Círculo Católico e que remataría como sede do Goberno Militar.

Máis adiante o Banco de España e moitas casas que permanecen aínda.

Desapareceron varios chalés da rúa, como o chalé Losada, onde hoxe se ergue o edificio Viacambre, este xa dos anos 70.

A imaxe ampliada no ordenador permite mesmo recoñecer pequenos anuncios como a delegación da casa Ford ou esa xastrería que ofrecía “Pañería de alta calidad”.

Daquela, anos 50, a rúa xa levaba o nome de José Antonio Primo de Rivera, o fundador da Falange, imposto en 1937; antes fora rúa de Fermín Galán, nos anos republicanos, e antes aínda, de Vicente Pérez, o deputado liberal.

Case non había coches (un camión, ó fondo) e polas vestimentas podía ser un día de primavera ou verán cos cativos cos seus pantalóns ata os xeonllos. Que slogan poñería aquela pancarta no medio da rúa? E quen o sabe xa...! "

O edificio da actual "Delegación de Defensa", foi auspiciado polo Bispo, coa pretensión de dar acubillo a sacerdotes enfermos e sen familia, pero por diversas circunstancias, en 1903 convértese na sede do "Circulo Católico de Obreiros",(institución con funcionamento similar ao dun sindicato, en canto á súa actividade formativa e educativa, promovida en primeira instancia polo bispo Carrascosa e un grupo de empresarios, penso que se podría chamar un sindicato "Conservador").
No 1908 froito dun acordo entre o Bispo Illundain e os Irmáns Maristas convertese no primeiro colexio Maristas "Los Santos Anxos", durante un curto período no 1918, foi utilizado como hospital de urxencia, fronte á epidemia gripal que se padeceu nese ano, volveu a acoller aos alumnos Maristas durante outro período, ata que no ano 32 abandonan definitivamente o edificio, e temporalmente a cidade.
Foi despois Goberno Militar, e hoxe Delegación de Defensa.
O edificio contiguo, que ocupaba os terreos hoxe do edificio do Banco Santander, era o "Refuxio do Sagrado Corazón", no que segundo creo formabanse as novicias do Divino Mestre.

17/11/08

Doutor Don Luis Gallego Dominguez

Fotografía do diario "La Región" nunha das escasas homenaxes que aceptou o doutor en vida.
Dende este humilde blogue, quero manifestar a miña total adhesión ao expediente de honra que se promove a favor deste inesquecible Doutor, que dedicou a súa vida ao servizo dos Ourensáns. (Ando recompilando material gráfico sobre Don Luís, e cando o teña farei unha entrada, como el se merece).
E animarvos a que o fagades vós tamén, un dos xeitos é por medio do diario "La Región", neste enderezo.

16/11/08

"As Roladas" 1922 R


Reeditada y corregida de la entrada del 16 de noviembre de 2008

Esta entrada levo tempo pensando se ten lóxica que se faga neste blogue, e ao final aquí a tédes.
Non era unha revista, non era ourensá, o seu creador tampouco era de Ourense, e por riba editábase en Madrid, o que fai que figure neste blogue, é soamente a relación que había entre o seu creador Ramón Cabanillas, e os da Revista NÓS, de feito a súa distribución en Galicia, facíase como separata da dita revista NÓS, a maís doutros medios de reparto.
Os datos que teño son escasos; nalgunha ocasión pensei que puidese ser un intento errado dun grupo de amigos, por facer unha pequena revista infantil, (como foi), o primeiro número, é o de maio de 1922, e o segundo saiu en Xuño dese mesmo ano, neles colaboraron:
O Marqués de Figueroa.
Leonardo Rodríguez.
Prudencio Rovira.
M. Portela Valladares.
Antonio Palacios.
Vicente M. Risco.
A. Castelao
e Ramón Cabanillas.
Imprimíase en Madrid, na "Editorial Ibérica"
Para que vos fagades unha idea da súa orientación, aquí móstrovos un detalle da separata.
Se queredes vela completa, neste enlace tédela, iso se ten un pequeno fallo, a cuarta carilla do primeiro número, aparece trocado ca do segundo. http://www.filix.org/revistas/roladas.html#

14/11/08

Os Franciscanos

Cuartel
Os partidarios do Bispo Pedro Yáñez de Novoa, nuns momentos en que existían tiranteces cos representantes locais, nun acto de barbarie, asasiñan a varios ciudadanos, e prenden lume ao convento que a Venerable Orde Terceira de San Francisco levantara, no que hoxe é a praza do Correxidor, (segundo parece por dar asilo aos que escapaban das hórdas de D. Pedro, e por ter actuado en favor dos cidadans noutros intres).
"se acercaron al convento susodicho y rota la clausura de las casas e incendiadas las puertas de la Iglesia de dicho convento, prendieron también fuego por dos sitios de la Iglesia. Luego destruídos el techo y tejados de la Sacristía de los mencionados guardián y frailes, y ensañándose inhumanamente en los dichos ciudadanos, dieron cruel muerte a diez de ellos, que hallaron en la Iglesia, en el claustro y dentro de dicho convento...".
Ampliar información "Historia de Ourense" varios autores, Via Lactea Editorial páx. 154
Esta acción levou a excomúnion do bispo Yañez de Novoa, e el e a súa familia foron obrigados a repor os danos ocasionados, aínda que tardaron uns anos, reconstruíron o convento na zona onde aínda hoxe permanece o claustro, (e ao seu lado edificouse o Auditorio da cidade fai pouquiño), falamos de finais do século XIII.
No 1929, decídese trasladar a igrexa do convento da súa localización lóxica, á zona do parque do San Lázaro, (dirixiu o traslado o arquitecto Don Manuel Conde Fidalgo), onde permanece actualmente, e nos últimos tempos, coméntase que podería volver ao seu lugar orixinal.

13/11/08

Outro deseño de Aldraba na Catedral

Non o podo asegurar, pero posiblemente esta sexa a mais antiga das que permanecen na cidade.

"Orfeón Unión Orensana"

O2
O Orfeón no 1952 (fotografía de Dona R. Valencia)
No ano 1887, e por mor da inauguración da estatua do Pai Feijoo, convocouse un concurso de corais, con ese motivo e sempre co apoio de Don Jose Rodriguez Santos propietario do Café La Unión, (do que xa fixemos algún comentario), creouse unha das sociedades mais representativas e de mais tradición na cidade.
O Orfeón Unión Ourensá (unión en agradecemento ao benefactor)
Na sua última ubicación Avda. de Pontevedra
Tan pronto poida, farei una breve historia da Sociedad, ou se algen se anima eu agradeceriallo.

12/11/08

O antigo solar dos Maristas

Para os que non entendían a fotografía do campo de fútbol dos Maristas, (a maioría xente nova), aquí tedes o plano do solar nos seus comezos na Rúa Bedoya.
A parte azul é a que quedo logo da apertura da rúa Cabanillas, e a roxa a que se perdeu, as modificacións posteriores ensinaréivolas noutra entrada, pero xa son de pouca entidade.

A casa de Don Marcelo Macías y García

Marcelo
Estaba situada na rúa Ensino do barrio do Couto, ata fai uns tres anos, conseguiu aguantar as arremetidas da furia inmobiliaria, pero ao fin sucumbiu. Nesta casa, (que contaba cunha capela), viviu os últimos anos da súa vida Don Marcelo Macías e Garcia, acompañado das súas irmás, Flora, e a viúva de don Sebastián Martínez Risco.
Agradeciendole su colaboración os transcribo estos datos facilitados por Federico Roman Alonso, creo que una de las personas mas autorizadas en el tema.
"Esta casa de estilo galaico-asturiano fue construida en 1935, siendo su arquitecto Manuel Conde y colaborando en su diseño el pintor asturiano y catedrático de dibujo Jesús Soria González.
Constaba de bodega, planta baja, primer piso donde se ubicaba el oratorio (donado en 1997 al Museo Arqueológico Provincial, año de desaparición del edificio) y ático con habitaciones para el servicio y desván; además tenía un jardín, que se extendía por su parte trasera.
En el oratorio de esta casa se celebraron dos enlaces matrimoniales, el de Federico Alonso Blanco (viudo de Remedios Martínez-Risco y Macías) con Jesusa Martínez-Risco y Macías, y posteriormente, en el año 1953 el de Fernando Román Rodríguez con María del Socorro Alonso Martínez-Risco.
En este edificio nacieron los dos hijos de este matrimonio: en 1954, Jesús-Fernando Román Alonso, y en 1956, Federico Román Alonso.
La última propietaria de la casa fue María del Socorro Alonso Martínez-Risco, viuda de Román, nieta de Cándida Macías y de Sebastián Martínez-Risco y Pérez-Santamarina, sobrina-nieta, por lo tanto, de Don Marcelo".
Gracias de nuevo a Federico Roman por su aclaración

Albúm familiar 1

Album 1.
1914 Tuy
Esta semana vou colgar algunha fotografía persoal, para que non me protesten os que me fan os préstamos de parte dos seus recordos.
Algunha xa esta na páxina, "A Saga dos Salgado", "Mestres na arte de Cuchares", e a fotografía do meu perfil, pero vos porei unhas cantas mais para que coñezades á miña familia, iso se, as explicacións dos personaxes van ser parcas, para este blogue en case todos os casos soamente preténdese mostrar o traballo fotográfico, e a contorna en que foi obtida a imaxe.
Desexo que vos gusten
Debido á antigüidade da fotografía, á gran maioría dos personaxes non os coñecín, pero polo que me contan aí están, a miña querida "Ramonita", os meus bisavós e ata a miña tataravoa.

9/11/08

A Torre

Torre.
Nos anos 50 presentábase este proxecto de edificio singular para a cidade, o seu autor foi o arquitecto Alés Reinleim, e o orzamento ( alcanzaba a astronómica cifra dos 60 millóns das antigas pesetas (aprox. 360.000 € achegados pola Caixa de Aforros Provincial de Orense, Caixa Ourense), por ese diñeiro nesa zona, hoxe con moita sorte, consegues un piso de 70 metros.

8/11/08

Aldraba "Man de Fatima"

Esta é a mais común das aldrabas de forxa artística que se fabricaban, facíanse con pequenas variacións de deseño e tamaño; en Ourense teño localizadas mais de vinte na actualidade, e de feito aínda se poden conseguir nas ferraxerías.
De certo, estas das fotografías en concreto, son da rúa Santo Domingo, e das Burgas.

Albúm familiar 0

Abuela.
A miña avoa e dona Fita na voda da miña tía Sira (Celebrouse na igrexa da Trindade), detrás á dereita, a miña nai e a miña bisavoa paterna. (A señora da esquerda supoño que será alguén da familia do meu tío Paulino, cando o confirme poreino)

7/11/08

Estudo Schreck (Unha Saga de artistas)

Don Alberto Muro y Ernesto Schreck Schültz, Muro y Mata
Corría o ano 1922 cando recala na cidade Don Ernesto Schreck Schültz, nacido en Küstrin Alemaña o ano 1897 (hoxe Kostrzyn anexionado a Polonia). Chegaba recentemente casado, con Dona Adoración Muro Gutiérrez, e con moitas ganas de mostrar as habilidades adquiridas, durante un periplo de sete anos por Europa, os tres últimos en España, Barcelona, Zaragoza e Logroño, cidade esta onde traballa con outro gran fotógrafo da época, Don Alberto Muro, que ao cabo se convertería no seu sogro.
A fortuna quixo que nese momento outro gran Fotógrafo, Don José Samaniego, desexase traspasar o seu estudo de rúa Luís Espada (Cardeal Quiroga), aínda que a data de chegada de Don Ernesto sexa no ano 23, non seria ata setembro do 1925, cando no diario "La Zarpa" anúnciase o cambio de titularidade do estudo. Os primeiros anos son moi duros, a competencia estaba exercida por outros dous grandes profesionais con estudo na mesma rúa, (Pacheco e Bruguera), e só a base de tesón e profesionalidade, conseguiu facerse un oco entre eles.

A substitución chega no ano 1951 da man do seu fillo Ernesto Schreck Muro, o cal a pesar de ter o listón moi alto, consegue manter o prestixio da empresa a gran altura, logrando obter o recoñecemento, non só da súa clientela ourensá, senón que empeza a ser un referente da fotografía artística en Galicia.
Na actualidade o equipo formado polo terceiro Ernesto e a súa esposa Enriqueta, xunto con Isabel, a irmá de Ernesto, continúan retratando ás familias Ourensás, co mesmo interese e empeño, adaptándose ás novas tecnoloxías, pero intentando non perder nunca o encanto da vella fotografía de estudo.
Para mais información www.schreck.es

6/11/08

O Urbano

Fotografía propiedade da familia Pereiro
Fai uns meses, xa vos falei dos municipais de Ourense; estes días caeu nas miñas mans esta fotografía, e aínda que sigo buscando unha que deixe ver o trono que por seguridade lle construíron neste cruzamento (Concordia con Progreso), de momento gozade desta, ademais o coche que aparece, creo que merece a pena de ver.
Penso que debe corresponder a finais dos 50 comenzos dos 60, pero non o aseguro.

5/11/08

"La Voz Pública"

Aquí temos outro dos diarios que colaboraron a labrar a sona da pequena Atenas (Auria).
Saíu á rúa, da man de don Francisco Álvarez Nóvoa (colaborador habitual da prensa ourensá, e director dalgún diario mais a parte de iste), e de don Ceferino Valencia Nóvoa entre o 1915 e o 1916 como moitos deles, supoño que realmente por temas económicos, a súa vida foi curta, finou no 1918, como di na súa cabeceira xestábase todo o traballo na Praza de "Topete", actual praza de "Os Suaves".
A verdade é que posiblemente deixase aos seus lectores famentos, xa que soamente contaba con 4 ou 6 páxinas.
O idioma empregado era o castelán, e a súa tendencia era liberal.
Para ampliar datos déixovos aquí o enlace o blogue de David Paz Nóvoa que realizou un articulo de gran calidade, e de ningún xeito eu me atreverei a emendar.
http://madialevo.blogspot.com/2007/06/lvarez-de-nvoa-xornalista-i.html

Os traballadores do ferrocarril

Fernando
Fotografías da familia Docampo
Cando nos E.E.U.U. fíxose o camiño do cabalo de ferro, utilizábase man de obra estranxeira, e as condicións de traballo eran lamentables, nestas fotos podemos ver a un grupo de ourensáns durante esas obras.
É broma, aquí vemos a un grupo de amigos, algún seica traballaba nas obras, pero era na construción dos túneles de San Francisco, o de peóns e o do tren, a finais dos 50, recordamos que se inaugurou no 58.

Non só era fútbol


Publicado no diario "La Región" ano 1945
Cando non había partido unha das poucas opcións que se tiñan, era o cine, daquelas non era estraño quedar sen entrada, e as colas eran interminables, para a sesión infantil, tiñamos que comer rápido, xa que ás dúas e media había que estar para coller a entrada, e despois buscar un bo sitio, afastado das iras do galiñeiro, o costume era tirar as cascas de pipas e outras cousas aos de xeneral.