Un dos moitos carteles que fixo D. Alejandro
Como sempre digo, (e intento), cando poida farei unha pequena biografía 
deste para min vello profesor.
deste para min vello profesor.A parte doutras moitas ocupacións, Don Alejandro foi o meu primeiro profesor na Escola de Artes e Oficios, e antes de nada pedirlle desculpas por todos os "cabreos" que lle fixemos coller, a verdade é que eramos uns nenos, que naqueles momentos custábanos gozar dos ensinos dun magnífico profesor, (raro era o día que non nos castigaba a Antonio C. e a min, de feito o segundo ano con moi bo criterio, recomendounos que o noso era mais o debuxo lineal, e así castigou ao Sr. Raimundez, coa nosa presenza). 
 Pensándoo ben, case aproveito para darlle as grazas pola súa paciencia, a todos os profesores que naqueles anos sufríronnos na escola de artes e oficios, A.Berjano, Delfin Blanco, Aurelio Iglesias, Eduardo Raimúndez, e o Director Alejandro Rodríguez Veiras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias