Esta foto foi realizada a principios dos 60, esta situada nos xardíns do Padre Feijoo, vemos ao fondo o escaparate do "Bazar Nieto" (hoxe "Caixa Pontevedra"), unha das moblerías de referencia na cidade, pero o motivo de colgar esta foto, é como unha homenaxe á ese recuncho.
Que ourensán de mais de 40 anos non ten unha fotografía nesa zona?, os domingos de Ramos, a tradición, obrigaba a porse as galas e retratarse en calquera desas esquinas da zona, alí estaban solícitos os profesionais da fotografía, Sanjurjo, Villar, Cudeiro etc.
Se rebuscamos nos nosos álbums de recordos, ou nesas caixas de zapatos cheas de vivencias, atoparemos rostros doutra época seres queridos desaparecidos, e moitos deles darémonos conta de que tamén posaban nunha desas esquinas.
Un consello, intentade sacarvos unha foto alí, se non, seredes dos poucos ourensáns que non a teñan.
O anano de branco, agora ten barba, e de xeito indubidable segue mantendo ese porte gallardo e varonil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias