Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

19/5/16

Xinzo de Limia Na Memoria,



Este venres temos a oportunidade de asistir a  presentación dun novo traballo do limiao Miro Martínez Cerredelo. As súas anteriores obras téñense convertido en imprescindibles pra coñecer a historia de aquelas belas terras. E a de hoxe con toda seguridade será un perfecto complemento; nesta ocasión tratase duna recopilación de articulos sobre: a “pequena historia” de Xinzo, esa que en moitas ocasións pasa desapercibida. Agardamos que teña continuación….


   Edelmiro Martínez Cerredelo (Xinzo de Limia, 1946). Investigador e historiador limiao. Neste novo libro, ao longo dos seus relatos, fainos un percorrido por diversos aspectos da historia da nosa vila nos séculos XVIII, XIX e XX, ao mesmo tempo que reconstrúe, con sentidas palabras, recordos de feitos e lugares da súa infancia e mocidade. Vivencias persoais que nos levan a coñecer algúns aspectos esquecidos da nosa vila, dos anos 50 e 60 do século pasado, e a evolución urbana de Xinzo, sempre presente no seu corazón. 

   Son artigos moi variados entre eles a relación dos condes de Gimondi coa Limia, a historia dos nosos retratistas, a evolución da construción da igrexa nova, a chegada da electricidade a Xinzo en 1911, a historia de radio Ginzo-La Voz de la Limia, historias e lembranzas do noso Entroido desde comezos de século, e tamén a historia do fútbol en Xinzo dende o ano 1919. Son total 30 artigos con diversos temas de interese para coñecer historias do noso esquecido pasado. 



O autor ten publicado varios artigos na prestixiosa revista Lethes do Centro de Cultura Popular do Limia, e os seguintes libros que recollen boa parte da historia de Xinzo e da Limia: no ano 2006 publicou o seu primeiro libro, A prensa en Xinzo de Limia. Século XX (1911-1925). En 2008, Historia e Memoria. A Limia: 1931-1953. En 2009, Julián Toubes (1796-1870). O correxedor de Xinzo que quixo desecar a lagoa. E no ano 2012, Historia de Xinzo de Limia.

No hay comentarios: