Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

2/2/16

Eternos del Carnaval "Miro Cerredelo"

Miro nunha das suas caracterizacions

   Neste mundo das redes, en ocasións tes a fortuna de contactar con xente moi interesante, e sempre disposta a colaborar. É o caso que hoxe vos presento. Edelmiro Martínez Cerredelo “Miro”.

   De certo, os que gozades revisando a historia Ourensana xa o coñecedes, grazas a el  A Limia, esconde menos secretos. “Historia de Xinzo de Limia”, “Historia e memoria. A Limia: 1931-1953”, “A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925)”, son tres obras imprescindibles pra todolos ourensans e moi recomendables pra todo o que queira coñecer a historia desa fermosa terra galega. (A súa produción conta con a lo menos que eu saiba dous títulos máis, pero polo de agora non figuran na miña biblioteca).


Miro e o mais baixo
 Pero bo, hoxe non se trata de falar da faceta de historiador de Miro, si non doutra mais simpática.


   Miro é un dos habituais animadores do Entroido en Xinzo. Desde moi pequeno viviu esta época do ano como algo moi especial, e a súa pantalla ha ido crecendo con el como marca de identidade. Algunha fotografía prestoume cunha das súas primeiras pantallas, pero non sei si coincidiredes comigo que Miro ten unha habilidade especial pra o disfraz de mascarita. No encabezamento, e por eiqui abaixo tedes dous das súas espectaculares caracterizacions.

   Ten outra faceta que o completa como carnavalero (fáltame saber que tal pégalle ás rosquillas e bicas, pero todo andarase), que son as súas postas en escena de grupo. Unha das máis lembradas seguramente é esta que el mesmo relátanos no seu Facebook.

A "TVE", no entroido Limian da man de Miro e os seus amigos


    "No Entroido de 1977 fixemos correr a voz de que o martes de Entroido as 5 da tarde a TVE en Galicia (acababa de instalarse en Santiago), faría unha filmación. A hora indicada, a praza a rebosar, aparecemos nós cunha carretilla elevadora convertida en cámara de TV. O conductor era o Aurelio "Chaveiro", e na plataforma eu de cámara con peluca rubia e larga, meu irmá Chicho de axudante e dentro da TV o me primo José Luis Fariñas "Catá", e ademais dúas azafatas: Tere e Marité, que levaban o micro a xente que entrevistabamos. Tamén fixemos entrevistas aos espectadores nos balcons das casas.
   Houbo bastantes mais ocasións que seria interesante recuperar, pero por fortuna o propio Miro faino compartindo as súas vivencias con todos nós no seu facebook. Pasarvos por alí e decatáredesvos de como se arranxo a ausencia de banda de música no 64 e unhas cantas anécdotas mais.
Outra sinxela pero imaxinativa caracterización de Miro

No hay comentarios: