Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

3/11/15

A Ponte Vella de..... Mende



   Falar da Ponte Vella Ourensana, non ofrece dúbidas sobre a cal referímonos, aínda que en rigor e pra ser xustos habería que lembrar que temos moi preto outro que discretamente a permanecido no mesmo lugar desde datas próximas.

   Trátase da tamén Vella Ponte Loña; si o romano sabemos que existe desde polo menos o século XIII (1218), o Loña sabémolo existente desde pouco despois, 1238. Certo é que o seu tamaño e complicación é infinitamente menor que a  da Ponte Vella, e iso facilitou que se fale menos del, á vez que non é o mesmo cruzar o Loña que o Miño. Pero non deixa de ser unha Ponte con gran encanto.

   A proximidade do Castro de Santomé, fai pensar nunha antigüidade superior, e de feito máis dun estudioso insinúa a posibilidade de que con anterioridade existise outro de madeira, (a mesma teoría lina sobre a ponte vella). Ao mesmo tempo a aparición de achados arqueolóxicos durante as últimas reformas, axudan a relacionalo con periodos anteriores aos hoxe comprobados. A ponte foi obxecto de traballos de conservación e reforma nos anos 1969 e 1988.

   Neste momento só pódese dicir que é unha ponte medieval con probables antecedentes romanos; consta dun único arco oxival de máis de 12 metros de luz. O seu uso é únicamente peonil. 

   Ao longo dos anos foi fotografado por algúns dos nosos mellores fotógrafos, pero hoxe quero ensinarvos unha imaxe que leva a firma do estudo Schreck. Ernesto (3ª xeración), poderíamo confirmar, pero eu creo que forma parte dun traballo que nos 40´*s encárgolle a empresa FENOSA ao seu pai para documentar as casetas e torretas da empresa na provincia. (a fotografía foi un agasallo de Urbano (anticuario na Avda. de Portugal))

No hay comentarios: