Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

23/10/15

A ponte metalica das Caldas

Este fotografía pertence a Felipe Chacon, no blogue tedes a lo menos outras duas semellantes.

   Non me podo queixar, xa que as vosas colaboracións son últimamente moi frecuentes, algunhas ata as teño dende fai tempo en carteira, (perdón por iso).

   Mostrábavos a pasada semana unha fotografía de mala calidade (procedente dun programa de festas da Ponte a finais dos 40) na que aparecía esta estrutura que entre 1884 e 1958, acompañou aos pontinos no seu día a día. O amigo Felipe Chacón ao vela, recordou que tiña está no seu arquivo e decidiu compartila con todos nós.

   A misión desta estrutura, era que o ferrocarril molestase o menos posible aos habitantes de Canedo; nalgunha conversación con amigos ten xurdido a pregunta de ¿porque non se fixo un, daqueles tan habituais "paso a nivel con barreira"?, e a resposta unánime é que por fortuna a existencia dun gran desnivel desaconsélloo, imaxinádesvos a vida na máis populosa rúa da Ponte, cruzada por un perigoso tren varias veces ao día??. 

   Esta estrutura estaba situada encima da avda. das caldas, apoiándose no actual parque Da Ponte, e cun alicerce na entrada aproximadamente do que hoxe é  rúa Basilio Álvarez. A propia imaxe proporciona datos suficientes pra situala, ¿non recoñecedes o edificio da esquina superior dereita?, ¿onde está a Ferretería Salgado?.

  Con relación á contorna desta ponte existen varias anécdotas sendo a máis recordada, a dun coñecido Ourensano (anos vinte), un pouco pasado de peso, que nun imprudente paseo pola vía, viuse obrigado a realizar un arriscado "corpo a terra" entre as vías para evitar ser arroiado polo tren; de seguro que un Rosario non lle deu tempo a botar, pero un Ave María fixo que rezou.
  Para entender mellor o ocorrido debedes ter en conta que a vía desde Vigo corría paralela ao rio, por encima do hoxe case oculto ponte Ribeiriño, (o autentico) co cal a pendente ata a ponte da imaxe era considerable e salvábase cunha vía entre terraplenes os lados. 
   Contábame tamén o amigo Andrés Pereiro, vello veciño do Ribeiriño que a coñecida como Casilla, servía para gardar as palas e demais material que no inverno necesitábase pra botar area ou sal á vía coa misión de evitar que os trens patinaran.


Nesta fotografía pódese ver o que perfectamente podería ser a Casilla nos anos 20´s. por desgraza non existen datos nin xeito de confirmalo. (pertence ao arquivo do Antigo Reino de Galicia, e forma parte da serie de imaxes que o propio Arquivo esta a  mostrar públicamente no Facebook)

No hay comentarios: