Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

15/4/15

A SEMANA SANTA DE 1929 EN OURENSE (Emilio Portabales)


"Para a miña nai, que tantas veces participou na procesión dos Caladiños."

A MODO DE INTROITO

Hai unhas semanas comezou a emitirse na primeira canle da TVE unha nova serie que está a ter moito éxito, titúlase “El Ministerio del Tiempo”. Trátase dunha atractiva proposta na que se nos convida a viaxar no tempo para coñecer os máis representativos momento da nosa historia. Tendo en conta os días en que nos atopamos, resultaría interesante utilizar os servizos dese Ministerio para facer unha especie de viaxe no tempo que nos situara a finais de marzo de 1929 para ver coma os nosos devanceiros celebraban a Semana Santa nesa altura. A falta de tan peculiar Ministerio quédanos a opción máis realista de mergullármonos nas páxinas amareladas polo tempo dos xornais locais La Región e La Zarpa.
  
XOVES SANTO: OS MONUMENTOS E O LAVATORIO DE PÉS.

Despois do Domingo de Ramos, os actos máis relevantes da Semana Santa tiñan lugar entre o Xoves Santo e o Domingo de Pascua.

O Xoves Santo foi día de visitas aos Monumentos. A catedral, igrexas parroquiais e capelas da cidade competían en cantidade e calidade de ornamentos, flores e iluminación. Os numerosos fieis dedicaban o xoves e a mañá do venres a visitar estas fermosas composicións artísticas. Tamén participaron nestas visitas, segundo La Región do venres 29 de marzo,
 
... las autorizades y fuerzas de Cazadores, Carabineros y Guardia Civil. Éstas vestían de gala con pantalón blanco.
El ilustrísimo señor Obispo, al que seguían los alumnos del Seminario...

O bispo de Ourense, monseñor Florencio Cerviño González, participou na cerimonia de lavatorio dos pés.

Por la tarde, a las tres, el ilustrísimo y reverendísimo señor Obispo lavó los pies a doce pobres, teniendo lugar tan conmovedora ceremonia en las naves del Rosario de la Santa Iglesia Catedral, con asistencia del Cabildo.

A nota curiosa da xornada está a cargo das mulleres con mantilla española.
 La nota brillante y espléndida la dieron en nuestras calles numerosísimas damas y señoritas luciendo la españolísima mantilla.
La airosa y elegantísima prenda, rimaba muy bien con los encantos de nuestras mujeres, que cruzaban las calles de la ciudad ante la creciente admiración de público, y envueltas en los madrigales más sentidos y galantes.
¿Nombres? Ahí van unos cuantos: Señoritas de Ochoa, Torres Pintos, Torre, Porto Veiras, Meruéndano, Quirós, Elices, Álvarez Saenz, Romero Romasanta, Valcarce, Nóvoa, Gallego, Núñez de Couto, Cid y otras muchas.
Baste decir que pocas veces la mantilla española acariciaría rostros tan bellos como los que en la tarde de ayer supieron adornarse con esa prensa tan airosa y tan nuestra.
Ourensana con mantilla española en los sesenta

 TARDE DO VENRES SANTO: PROCESIÓN DO SANTO ENTERRAMENTO, COA PARTICIPACIÓN DA SCHOLA CANTORUM DO SEMINARIO E DO ORFEÓN “UNIÓN ORENSANA”.

Tanto La Región como La Zarpa dos días seguintes dan ampla conta dos actos celebrados en Ourense o Venres Santo. Deste xeito coñecemos que comezaron ás seis da mañá na Catedral co Sermón da Paixón, continuando cos oficios do día, a Adoración da Cruz e a procesión do Santísimo polo interior do templo. Xa pola tarde, na capela do Santo Cristo, tivo lugar o Sermón da Agonía, presidido polo bispo e coa presenza do Cabido. A continuación rezáronse Completas, Laudes e Matíns, executando a Capela as Lamentacións e o canto gregoriano.

Ás seis da tarde comeza a procesión do Santo Enterramento dende a igrexa de Santa María Nai, organizándose na Praza da Constitución (actual Praza Maior). Abría a marcha un pelotón de cabalaría da Benemérita, ao que seguía a Cruz e as insignias da Venerable Orde Terciaria, a furna que gardaba o corpo do Señor levado por sacerdotes e escoltada por forzas da Garda Civil con armas á funeraria. A continuación, e por esta orde, a Schola Cantorum do Seminario dirixida polo mestre de capela D. Agustín Rodríguez Iglesias, a banda municipal, a imaxe da Dolorosa escoltada por forzas de Carabineiros, o señor Bispo co Cabido da Catedral, gobernadores civil -Vicente Rodríguez Carril- e militar -Rubín de Celis-, alcalde accidental - Jesús Soria González- presidente da Deputación -Aureliano Ferreiro Carballo-, tenentes de alcalde -Sr. Rodríguez García e Sr. Perille Garra- e concelleiros. Pechaba a marcha unha compañía do batallón de Cazadores  de Mérida con música baixo o mando do capitán Enríquez.

O percorrido da procesión foi: Praza da Constitución (actual Praza Maior), Lamas Carvajal, Isabel la Católica (Eugenio Montes ou Padre Feijóo, que se chamaba antigamente Isabel la Católica), San Miguel (a parte inferior, actual Cruz Vermella), Progreso, Luis Espada (actualmente Alejandro Outeiriño e Cardeal Quiroga), Praza do Ferro, Lepanto, Catedral, entrando pola porta Norte e saíndo pola porta Sur cara á praza do Trigo, Modesto Fernández e Praza da Constitución. Tódolos balcóns do traxecto aparecían engalanados con bandeiras e colgaduras.

En relación co acompañamento musical, o xornal La Zarpa do domingo 31 de marzo relata:
 La Schola Cantorum del Seminario entonó en el tránsito un Miserere a fa bordón y a cuatro voces iguales, del maestro Palestrina y el “O vos omnes” también a voces iguales del maestro Victoria.
El orfeón “Unión Orensana” en los jardinillos del Padre Feijóo y en la Plaza Mayor [sic] cantó: “In adoratione Crucis” del maestro Victoria [baixo a dirección do mestre Florián Coba].

 NOITE DO VENRES SANTO: PROCESIÓN DA SOEDADE OU DOS CALADIÑOS, COA PARTICIPACIÓN DA CORAL “DE RUADA”.

Ás nove da noite, despois do Sermón na parroquia da Santísima Trindade, púxose en marcha, dende a Praciña do Topete (actual Saco y Arce), a procesión da Soedade, máis coñecida como dos Caladiños polo silencio en que se desenvolve, tanto por parte da gran cantidade de mulleres que participan na mesma coma dos homes que a presencian. O seu percorrido foi o seguinte: Praciña do Topete, rúas da Liberdade, Primavera, Cisneros, Unión, Fornos, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Lamas Carvajal, Praza da Constitución, Modesto Fernández, Praza do Trigo, Cisneros, Liberdade, Praciña da Leña (actual Sueiro) e Padre Feijóo, para recollérense na Trindade.

Segundo La Zarpa,
 La imagen de la Virgen se detuvo en los sitios acostumbrados cantándose los tradicionales “ayes”, por cierto, con mucho gusto.
Frente al local del coro “De Ruada” en la calle de Lamas Carvajal [en realidade Pereira, actual avenida de Pontevedra, facendo esquina coa praza Maior], se detuvo la imagen de la Dolorosa entonando una plegaria titulada “La Soledad de María” de la cual es autor el director del coro don Daniel González, interpretada desde el balcón del domicilio social por los elementos de la laureada agrupación y acompañada al órgano por el director de la misma.
  
Foto tomada en 1926 do local social do Coro “De Ruada” na esquina da Praza Maior [Arquivo da Coral “De Ruada”]. Mesmo local na actualidade [Foto: Emilio Rodríguez Portabales].


La Región do martes 2 de marzo matiza:
 Tanto el solista señor Montes como los demás señores que interpretaron la composición lo hicieron admirablemente, elogiándoseles de verdad.
También se cantaron los tradicionales “ayes” y unas “saetas”, que gustaron mucho, desde un balcón en la calle de la Libertad.

Contan as crónicas que, como no caso da procesión do Santo Enterramento, tódolos balcóns do traxecto ostentaban fermosas colgaduras e artísticas iluminacións, destacando, neste último aspecto, o local social da “Coral Polifónica Orensana” situado na Praza Maior,  na que lucían potentes lámpadas “Petromax” subministradas polo bazar “Puga y Hos.”.

A pesar destes potentes focos, non todo foron luces na procesión dos “Caladiños”, xa que, como relata a crónica de “La Región”:
 La procesión resultó al final muy desorganizada debido a cierta parte del público, que puso de relieve su falta de cultura y manifiesta grosería.

 SÁBADO SANTO E DOMINGO DE PASCUA

O Sábado Santo tiveron lugar na Catedral os oficios do día e a beizón do fogo na porta de Mediodía do templo. Despois dos cantos rituais celebrouse a Misa de Gloria soando as campás de tódolos templos da cidade. Pola tarde rezáronse Completas e o Cabido foi colle-la imaxe á igrexa de Santa María Nai para a procesión do domingo.
 O domingo, moi de mañá, tivo lugar na Catedral o canto de Matíns e Laudes, celebrándose despois a procesión do Encontro polas naves do templo. Despois o bispo, revestido de Pontifical, celebrou a solemne misa do día e deu a beizón papal. Finalmente, tería lugar a procesión ata a igrexa de Santa María nai da imaxe da súa advocación, cerimonia do desplante incluída.

E ENTREMENTRES...

O día 22 de marzo, Domingo de Ramos, saía do aeródromo de Tablada, en Sevilla, o avión Breguet XIX Gran Raid, bautizado co nome “Jesús del Gran Poder” polo cardeal arcebispo de Sevilla monseñor Eustaquio Ilundain y Esteban, que fora bispo de Ourense entre 1904 e 1921, antecesor, polo tanto, de monseñor Florencio Cerviño. O avión ía tripulado polos capitáns Ignacio Jiménez Martín e Francisco Iglesias Brage, enxeñeiro natural de Ferrol. O avión viaxou a Bahía e Río de Janeiro (Brasil), Montevideo (Uruguai), Buenos Aires (Arxentina), Santiago (Chile), sendo o primeiro avión español que sobrevoou os Andes, Arica, Lima e Paita (Perú), Colón (Panamá), Managua (Nicaragua), Guatemala e La Habana (Cuba).
O Domingo de Pascua, ademais dos actos relixiosos propios do día, tiña lugar un multitudinario xantar campestre no exterior do Hospital (actual campus universitario)  en homenaxe ao escritor costumista e co-fundador do coro “De Ruada” Xavier Prado “Lameiro”.
 O coro “De Ruada” estaba a preparar unha velada músical e teatral que se celebraría o 27 de abril no teatro Losada, a beneficio da Casa do Pobo.

 Emilio Rodríguez Portabales (Ourense, 1953).
Vicepresidente Primeiro da Coral De Ruada

con la entrada pendiente de publicar, falleció la madre del amigo Emilio, de ahi la sentida dedicatoria del articulo. Desde ourensenotempo quiero enviarle animos para sobrellevar este duro momento. 

No hay comentarios: