Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

9/3/15

OUTROS ASUNTOS DO ANO 1926. por Emilio Rodríguez Portabales (3ª entrega)

UNHAS SEMANAS MOI MOVIDAS
A visita da Tuna daquelas era toda unha revolucion nas cidades. A fotografia e dos anos trinta nunha visita da tuna da USC. propiedade de Santiago Mosquera 
   Hai períodos de tempo na vida dos pobos nos que non ocorre nada que teña unha especial relevancia, semanas e mesmo meses anódinos, mentres que noutros momentos parecen confluír unha chea de actividades e acontecementos de todo tipo que mesmo parecen cabalgar unhas a cabalo dos outros nuns poucos días. É o caso deste mes de febreiro e parte de marzo do ano 1926 en Ourense. Vexamos.
    Aparte da magnífica manifestación cidadá que tivo lugar o mércores, día 10 de febreiro, con motivo do “raid” do Plus Ultra, seguindo as páxinas de “La Zarpa”, destaca a presenza en Ourense, o sábado 6 de febreiro, da tuna Universitaria de Oviedo, acontecemento sociocultural de primeira magnitude na época, como o demostra o recibimento na estación coa banda do Batallón de Mérida, as numerosas recepcións, recensións de prensa, aloxamento no hotel Roma, concerto no teatro Principal, etc.

   O día seguinte, domingo 7, convócase unha manifestación popular en favor da construción do ferrocarril Madrid-Zamora-Ourense-Vigo.

   
Dona Ángela Santamarina
O xoves, día 11, en plena resaca das celebración do Plus Ultra, teñen lugar na cidade dúas celebracións importantes: o solemne acto no Concello para a concesión á Sra. Marquesa de la Atalaya Bermeja da Gran Cruz da Beneficencia polas súas numerosas obras en favor dos desvalidos, e a celebración do aniversario da proclamación da Primeira República (11 de febreiro de 1873).
   Non todo eran festas e celebracións e as páxinas dos xornais ourensáns, neses mesmos días, seguen atentamente o candente e polémico asunto da anexión, polo Concello de Ourense, do Concello de Canedo, con apaixonados pronunciamentos a favor e en contra.

Plano de la web www.canedo.eu
   A familia Jaraíz-Franco, que aínda non se repuxera da multitudinaria manifestación de homenaxe ao seu irmán Ramón, continúa a recibir homenaxes, pero, nesta ocasión, polo ascenso de Francisco Franco a Xeneral de Brigada o sábado, día 13, converténdose, aos seus 33 anos de idade, no xeneral máis novo de Europa. Aínda faltaban máis de dez anos para que iniciase, con outros xenerais, o golpe contra o goberno lexítimo da Segunda República, co que se iniciou a longa noite de pedra, como diría Celso Emilio Ferreiro.
   E seguimos coas festas, xa que o domingo, día 14, é o domingo de entroido, co que se inician tres días de festa rachada na cidade a pesar das limitacións impostas pola Ditadura de Primo de Rivera.


    Visita de Pilar Franco Bahamonde á cidade en mayo do ano 37 (supostamente). Recoñécense: a señora Marquesa de Atalaya Bermeja, un jovencísimo Alejandro Veiras, o inconfundible Cándido Cid, e a excepción do Sr. Bispo, todas as autoridades locais e provinciales do momento, alcalde, gobernadores, presidente da Diputación e da audiencia etc. A fotografía con toda seguridade está tomada nas escaleiras de Santa Eufemia a mañá do segundo e último día da visita

   E temos de volver coa familia Franco, xa que, un mes despois, atopámonos con esta noticia publicada o día 12 de marzo polo xornal vigués “El Pueblo Gallego”, procedente da súa correspondencia en Ourense:

La Banda Popular de esta ciudad, ha tenido una iniciativa digna del mayor encomio.Enterada dicha colectividad de la llegada a esta capital de las distinguidas damas, excelentísima señora doña Pilar Bahamonde y doña Carmen Polo, madre y esposa del general Franco, acordó dar una serenata ante su casa.Este rasgo espontáneo de la Banda Popular tuvo ayer noche su realización.En efecto: a las ocho de la noche, salió de la Plaza Mayor la citada colectividad musical y luego de pasar por las calles del Instituto, Paz Novoa, Luis Espada y Progreso, atronando el espacio con los armoniosos sonidos de sus instrumentos, llegó a la casa de la familia Jaraiz-Franco, en donde se hospedan las distinguidas damas.Una vez, ante el domicilio de la familia Franco, ejecutó selectas obras de su repertorio, las cuales recibieron nutridos aplausos del numerosos público orensano que dando una prueba de afecto y consideración a huéspedes tan distinguidos había acudido en manifestación, siguiendo el itinerario de la Banda Popular.El plausible rasgo de la Banda auroleado con el testimonio de admiración que el pueblo orensano ha demostrado a la familia Franco, ha motivado un acto emocionante de grato sabor popular que los familiares del general han agradecido.Reciban los organizadores del aludido homenaje, nuestra efusiva felicitación.
Repítese unha manifestación popular de homenaxe a Franco, pero esta vez a Francisco, o recentemente ascendido a Xeneral de Brigada, co mesmo percorrido, é dicir, comezando na Praza Maior para rematar en Progreso, rúa que anos máis tarde, levará o seu nome durante moitos anos. O mesmo xornal, ese mesmo día, publica unha noticia moi breve sobre a presenza de Francisco Franco en Ourense:
En el expreso de ayer ha llegado a esta ciudad, procedente de Madrid, el bizarro general ex-jefe del Tercio, don Francisco Franco.El citado general viene a esta ciudad con el objeto de recoger a su distinguida esposa doña Carmen Polo y juntos irán a Oviedo, en donde permanecerán hasta fines de mes, en que se trasladarán a Madrid.El ex-jefe del Tercio fue recibido en la estación por el gobernador militar y representantes de las fuerzas vivas de la capital.
Francisco Franco estivo en Ourense ata o día 15, xa que, segundo “El Pueblo Gallego”, do día 16:
Después de pasar unos días en esta capital ha marchado a Oviedo el general Franco acompañado de su distinguida esposa doña Carmen Polo.A la estación acudieron a despedir a los ilustres viajeros la marquesa de Atalaya Bermeja, la madre del general Franco, doña Pilar Bahamonde, la esposa del gobernador civil de la provincia, el comandante señor Siro Alonso y otras personas.
O Xeneral de Brigada Francisco Franco e a súa dona -que estaba embarazada duns tres meses,  xa que a súa única filla naceu o 14 de setembro- ían pasar uns días a Oviedo, de onde era natural Carmen Polo.
Membros do Coro De Ruada nesa época (1927). A foto, que corresponde á primeira viaxe a Andalucía, está feita en Sevilla. [Foto: Pérez Pombal, publicada en Vida Gallega]

No hay comentarios: