Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

3/3/15

O “RAID” DO PLUS ULTRA, 1926. por Emilio Rodríguez Portabales (Ourense, 1953). Vicepresidente Primeiro da Coral De Ruada


Ramón Franco no intre de comezar a sua xesta.
Afortunadamente nos últimos tempos conto coa colaboración de amigos que de verdade se dedican a investigar e ou a escribir; grazas a eles o blog comeza a conseguir maior nivel.
Hoxe é o amigo Emilio Portabales, incansable investigador (e namorado da música); quen nos permite relacionar a nosa Auria, cun dos logros mais significativos da aviación Española

 O “RAID” DO PLUS ULTRA, 1926

(ao fío desta investigación, atopouse con datos sobre a estancia da familia Franco en Ourense durante aqueles anos e permitiume que volos mostre no blog. Pola extensión dos textos, dividirei en varias entradas o excelente traballo de Emilio).
 Sei que vos vai a gustar.

A iste de hoxe seguiralle outro o xoves. E a próxima semana luns e mércores pra rematar.

Las fotos, relativas al vuelo del Plus Ultra pertenecen al libro "De Palos al Plata" por Ramon Franco y J.Ruiz de Alda. Madrid 1926 (original). recogidas de la web. http://www.histarmar.com.ar/

 DE PALOS A BUENOS AIRES

Ramón Franco
O 10 de febreiro de 1926 foi un día histórico para a aviación española -para España en xeral- polo chamado “raid” do Plus Ultra, un hidroavión Dornier Wal pilotado polo comandante ferrolán Ramón Franco Bahamonde -irmán do xeneral Francisco Franco Bahamonde-, ao que acompañaban o capitán Julio Ruiz de Alda Miquelez como observador -anos máis tarde co-fundador de Falange Española-, o tenente de navío Juan Manuel Durán González como observador da Armada -que non realizou as etapas máis longas, entre Porto Praia e Pernambuco, para alixeirar o peso e que morreu apenas seis meses despois nun accidente aéreo en Barcelona- e o cabo mecánico Pablo Rada Ustarroz. Partiu do mesmo lugar do que, séculos atrás, o fixera Cristóbal Colón.
Julio Ruiz de Alda
Deste xeito, o 22 de xaneiro de 1926, despegou de Palos de la Frontera para amarar no porto de Buenos Aires vinte días despois, o 10 de febreiro, en medio dun recibimento apoteótico.
O voo supuxo un percorrido de 10.270 quilómetros en 59 horas e 30 minutos, cunha media de 172 km/h repartidos nas seguintes etapas: Palos-Las Palmas (1.300 km.); Las Palmas-Porto Praia (1.745 km.); Porto Praia-Noronha (2.305 km.); Noronha-Pernambuco (540 km.); Pernambuco-Río de Janeiro (2.100 km.); Río de Janeiro-Montevideo (2.060 km.); Montevideo-Buenos Aires (220 km.). Na primeira etapa, ata Las Palmas, tamén viaxou o fotógrafo Leopoldo Alonso. A viaxe recibiu o apoio do destrutor "Alsedo" e do cruceiro lixeiro "Blas de Lezo" ata Cabo Verde e Pernambuco. Foi o primeiro voo importante español e tamén o primeiro do mundo que conseguiu cruza-lo Atlántico Sur cun so avión. O Plus Ultra foi agasallado ao pobo arxentino e atópase no Museo de Luján (Buenos Aires), mentres que no Museo do Aire de Cuatro Vientos (Madrid) existe unha reprodución do mesmo a tamaño real.



 Juan Manuel Duran y Pablo Rada

Case que catro anos antes, en 1922, os aviadores portugueses Carlos Viegas Gago Coutinho e Artur de Sacadura Freire Cabral foron os primeiros en cruza-lo Atlántico Sur -entre Lisboa e Río de Janeiro-, pero empregando dous avións distintos: o Lusitania, que tivo varias avarías e que fallou definitivamente nas proximidades de Noronha, e o Patria, que lle tiveron que enviar dende Lisboa por barco e co que remataron a travesía. A duración total foi de algo máis de dous meses e medio, entre o 30 de marzo e o 17 de xuño.

ENTUSIASMO POPULAR. O CASO DE OURENSE

Esta fazaña foi moi seguida dende os seus inicios e moi celebrada en tódalas cidades, vilas e pobos de España. En Ourense había un motivo especial para a celebración: a única muller dos irmáns Franco Bahamonde, Pilar -María de la Paz morrera en 1903 con preto de cinco anos de idade-, vivía en Ourense, concretamente no entón número 74 da rúa do Progreso, debido a que o seu marido, Alfonso Jaraíz Jerez, enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, estaba destinado na nosa cidade como enxeñeiro na Xefatura de Obras Públicas. Esta circunstancia, unida ao entusiasmo con que se acolleu a noticia en toda España, foron as razóns que levaron ao xornal  “La Zarpa” de Basilio Álvarez a facer un chamamento ao pobo ourensán para homenaxear a Ramón Franco a través da súa irmá Pilar. Así, na primeira páxina do citado xornal do domingo, día 31 de xaneiro, pódese ler unha entrevista ao matrimonio Jaraíz-Franco na que falan tanto de Ramón como de Francisco. Ao remate da mesma, anticipándose ao éxito da empresa, o redactor engade:

La Zarpa, interpretando el sentir del pueblo de Orense, cree que éste debe hacer hoy un homenaje de admiración y respeto a los hermanos del comandante Franco, personándose ante su domicilio en manifestación popular para testimoniarles el júbilo inmenso por haber llegado a feliz término el gigantesco RAID; que hoy asombra al mundo entero.
Las autoridades locales seguramente cooperarán a la mejor brillantez del acto, cuya idea patrocinamos.
O chamamento de “La Zarpa” non parece ter eco, inicialmente, na sociedade ourensá mentres se vai acercando o día da previsible chegada do Plus Ultra a Buenos Aires, polo que o xornal fai un novo chamamento, moito máis directo, no número do mércores, 3 de febreiro, tomando a iniciativa de convocar a unha grande manifestación popular para o día da arribada a Buenos Aires, dando por suposto o apoio dos ourensáns á iniciativa, nos termos seguintes:

O Plus Ultra amerizando en Buenos Aires
A la hora en que recibamos la noticia y al sonar una salva de bombas de palenque, saldrá de la Plaza Mayor, precedida de una gran manifestación, la banda popular que dirige el notable maestro S. Rego, trasladándose por las calles del Instituto, Paz Novoa y Progreso, al domicilio de los hermanos del comandante Franco, Progreso, 74.La Zarpa, en su afán de que el homenaje popular tenga la brillantez que merece, se ha dirigido a los presidentes de los coros De Ruada; y Os Enxebre; y al del Orfeón Unión Orensana;, solicitando su valiosa cooperación al acto.

Edificio da rúa Pereira  actual Avenida de Pontevedra esquina coa praza Maior onde onde tiña o seu domicilio social o Coro De Ruada engalanado para a ocasión Arquivo da CDR

Nesta ocasión, o chamamento ten o seu efecto e os coros directamente aludidos comprometen a súa participación neste acto de manifestación popular. Tamén parecen comprometerse os mecánicos e “chauffeurs” en homenaxe paralela ao mecánico Pablo Rada.

O día vaise achegando e así, o martes 9 de febreiro, “La Zarpa” informa de que, seguramente, non se terá noticia da chegada do Plus Ultra ata a noite, polo que o acto de homenaxe á irmá e ao cuñado de Franco non se celebrará ata o día seguinte. Anuncia, iso si, que asistirán músicas, gaitas, coros galegos, orfeón, exploradores, alumnos da Normal, Instituto e Escolas públicas, numerosos simpatizantes e os “chauffeurs” que darán a nota simpática uníndose á manifestación en caravana automobilística. Tamén informa o xornal de que ao chegar a Rio de Janeiro produciuse un pequeno problema de tipo electromecánico no hidroavión que foi rapidamente arranxado polo mecánico Rada, que Franco envía saúdos á súa familia, que o propio martes sairán cara a Buenos Aires e de que no último Consello, os ministros de Mariña, Guerra e Estado transmitiron a Ramón Franco a orde de proseguir a viaxe a Buenos Aires sen deterse en Montevideo, orde que os aviadores non acataron.

Independentemente desta convocatoria, a noite do día 9 tivo lugar unha festa no Club Orensano, na que se brindou polo éxito do “raid” e na que o celebrado versificador Antonio García Nóvoa “Perniñas” -que anos despois sería presidente de De Ruada- deleitou aos presentes cuns sentidos e enxeñosos versos relativos á fazaña do Plus Ultra, rematando con vivas ao comandante Franco, a Durán, a Alda, a Rada, a España, a Ourense e ao Club Orensano.


SEGUIMOS EL JUEVES.....

No hay comentarios: