Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

19/11/14

A Rúa do Instituto*

É a primeira vez que subo unha fotografía con este tamaño, e non sé como a veredes nos vosos dispositivos, si algún non a pode ver ben lle agradecería que mo comentase vía mail, para poder buscar solución. Grazas

   Poucas ou ningunha ata hoxe, son as fotografías antigas que teño da que no seu día foi unha das rúas mais comerciais da cidade.
   Si o amigo Arturo Vispo animouse a presentar o seu excepcional traballo sobre a rúa dos zapateiros, perdón! Rúa dá Paz, el mesmo (calidade e lembranzas sóbranlle) ou algún outro amigo debería animarse a rememorar a vida da rúa do Instituto.
Permitídeme que eu faga un adianto do que me gustaría ler de mans dun autentico profesional: 

   Froito do primeiro ensanche da cidade, nace esta estreita callejuela, os seus primeiros ocupantes do mesmo xeito que a paralela Arcediagos (Gloria), fosen xente de igrexa e de clases medias da cidade; sábese da existencia dun vello forno de pan, e pouco mais en canto a negocios.

   Conta a historia, que nela obrigouse a residir á comunidade xudía, os anos antes da súa expulsión; descoñezo si porque nela estaba situada a Sinagoga, ou esta erixiuse eiquí porque se lles concentrou na zona.

   O seguinte fito histórico, fálanos da instalación dos Jesuitas a mediados do século XVII quen construíron o edificio do que foi seminario, e a actual igrexa de santa Eufemia, uns cantos anos antes ,(case 100, pero é que en historia iso non é moito) edificouse o mais belo edificio que se conserva, o pazo de Oca Valladares (actual Liceo).
   Ese edificio dos Jesuitas, tivo que compartilo o Seminario co Instituto durante uns incómodos cursos académicos (incómodos polas estreiteces). Ese é precisamente o motivo de que a rúa chamásese do instituto, aínda logo de haberse trasladado este centro académico ao seu novo edificio no Posío. Neses anos, comezos do século XX, creo que se obtivo a fotografía que hoxe vos ensino.

   Profundar nestes datos históricos, e aderezalos con vivencias da vida cotiá, como rememorar a pastelería do Macarrillo, (outra idea á que me apuntaría, é a de facer un roteiro destes templos do pracer, Macarrillo, Brasa, Coruñesa, Trinidad, Marín, Milhojas????.. si é posible con degustación de sabores recuperados. perdón por irme polas ramas).

Os escaparates do Barato e da Palma , a paqueteria dos Chantada, (ou García) contemplar as novidades eléctricas na Electra de don Pio Príncipe, recordar ao bo de Mosquera na entrada da súa zapatería; pescudar si o  cafe Méndez Núñez de verdade estivo en fronte do Instituto; ver as revolucionarias maquinas de coser da casa Singer, os instrumentos musicais de Pascual, e tantas e tantas historias que encerran estas pedras. Ahhh esquecíame A Mariposa resiste os embates do tempo cos seus exclusivos artigos para os ourensanos do futuro.

Aínda que hoxe está un pouco "parada", é unha das miñas rúas favoritas da cidade. 

*Antes de que me protestedes, xa me adianto.
Tédesme afeito a protestarme por que en ocasións uso un nome concreto das rúas, e outras veces abúrrovos co listado de todas as denominacions que estas tiveron.
Tedes razón, e dende logo que seguirei recordando os vellos nomes aínda que de cando en vez e en función da imaxe que vos ensine, procure utilizar o que tiña nese momento concreto. 

Ahh, por certo esta céntrica rúa, foi Uico Novo, Rúa Nova (que non barrio Novo, ese foi a Corredoira ,ou San Domingos, hoxe Santo Domingo), Rúa do Instituto, e hoxe Lamas Carvajal.

No hay comentarios: