Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

6/10/14

Consello da cultura Galega, Celtiga e Ourense


    Céltiga foi o punto de encontro da intelectualidade galega residente en Arxentina entre 1924 e 1932. Eduardo Blanco-Amor, Eliseo Pulpeiro e Ramón Suárez Picallo foron os directores literarios dunha publicación pola que desfilaron Castelao, Maside, Suárez Couto, Francisco Asorey, Luis Ksado… Un expoñente de galeguidade que repousaba en varios sitios (Fundación Penzol, Universidade de Santiago, Real Academia Galega, Instituto Sarmiento) e que agrupamos, dixitalizamos e poñemos ao teu dispor.


  Este é o texto que nos presenta  a últíma dixitalización do Consello dá Cultura Galega: a revista Celtiga, un dos medios que serviron de unión entre Galicia e os Galegos da diáspora. Reler vellos exemplares de prensa é pra min un grato pasatempo; e de xustiza, é recoñecer este tipo de esforzos que malia a escaseza de medios con que a cultura conta nestes tempos de.... /permitídeme que como é o meu costume non fale de política/, 

   É evidente o gran esforzo que se está realizando, pra poñer ao alcance de todos os galegos estas xoias da nosa prensa histórica; aínda esta recente a aparición na rede dos exemplares da nosa Ourensana "La Zarpa"; é resulta sinxelo atopar enlaces que nos permitan ler publicacións como A Nosa Terra, Guieiro; ata están dixitalizados varios exemplares de Nós, (aos poucos terémolos todos). Aínda que sexa preciso ter paciencia, ter de cando en vez estas noticias, sobre novas publicacións é gratificante.
Rapazas do coro de Ruada na portada do numero 142  ano1931

   Lóxicamente os máis beneficiados desta proximidade da documentación, son os expertos, que cun click teñen ao seu alcance, elementos que antigamente supoñían desprazamentos, gastos, e infinidade de molestias. Xunto a eles, os afeccionados, agradecemos que se nos permita refollar nestas páxinas, aínda que non sexa máis que para insinuar ideas nas que un estudoso gustaríanos que profundase.

Ir o web do   Consello da Cultura Galega    ou revisar directamente as dixitalizacions    Revista Celtiga

Revista do 25 de Marzo do 31
   Do mesmo xeito que fago sempre que cae nas miñas mans unha vella revista, dunha rápida ollada, busco as referencias á nosa Auria. Nesta ocasión vai ser preciso dedicarlle bastante máis tempo, pero polo menos xa podo falarvos de dúas portadas relativas a Ourense, ou mellor dito ao noso internacional Coral da Ruada, foi nos números 142 e 150, nos que protagonizaron a primeira paxina da revista, no número 150, poderiamos case que dicir que se fixo un monográfico con motivo da xira que a  nosa Coral fixo por aquelas terras americanas. 
    

 Pero vaiamos con calma; no primeiro número da revista, xa se cita Ourense (Orense), cunha foto que admito non souben situar: o pé di Puente de la Merca (montañas de Orense), pero por máis voltas que lle dou á fotografía non sei decir de que ponte se trata, (teño que pasear mais os concellos do rural..).
  A vella ponte sobre o Loña mereceu ocupar tamen unha portada, foi a do numero 47, saido o 10 do nadal no ano 1926, (a fotografía foi unha colaboracion de Felix Dopazo)

   Tedes tamen unha seccion que conta novas de actualidade, accidentes, vida social, etc, etc..

Sera cousa de dedicarlle un fin de seman destes que se aveciña chuvioso, pra unha toma de contacto no??...

No hay comentarios: