Consejos y avisos

20/10/14

ARQUIÑAS, por Emilio Rodriguez Portabales


“ARQUIÑAS”

    Esta fotografía ilustrou, no seu día, unha entrevista (penso que do xornalista F. Álvarez Alonso) en “La Región” a Felisindo Arcas Barje “Arquiñas” no seu taller de reparación de bonecas da praza da Magdalena en Ourense.

      Este mesmo xornalista xa o entrevistara o 26 de novembro de 1952.

      Este artesán (o derradeiro na súa especialidade) vivía na parte traseira do seu taller e visitaba asiduamente o antigo bar “Campante” da rúa dos Fornos onde formaba parte dunha peña xunto co Sr. Anta, o Sr. Paradela, D. Antonio Blanco, D. Álvaro Feijóo, D. José García, o mestre Vide, o pintor Virxilio, o escultor Arturo Baltar e outros. Virxilio e Baltar bautizaron esta peña como a dos “Doutores”, supoño que pola idade avanzada dos seus membros en comparación coa deles.

     Non coñezo a data de publicación da entrevista con esta fotografía, pero debeu ser a comezo dos anos 60.

“La Región” do 11-11-1990, na sección “Hace 25 años”, publica os seguinte:

Homenaje a “Arquiñas”
11 de noviembre de 1965
El poeta José Ángel Valente leerá hoy el pregón de la fiesta del Magosto, que promete ser descomunal. Precisamente por ser ese día, un grupo de orensanos, entre los que se encuentran Baltar, Virgilio, Blanco y Vide, ofrecerán un homenaje al popular “Arquiñas”, un hombre que se dedicaba a reparar muñecas estropeadas y que, aunque no bebía*, no faltaba nunca a los vinos de la tarde, especialmente en el bar “Campante”.
El homenaje, además de misa, tendrá el ritual seguido por la generación del “Arquiñas”: cuando moría uno de la peña, los demás después del entierro, iban al “Campante” y pedían vino para todos, incluído el muerto.
O fotógrafo foi o famoso Reza que, como vivía na rúa dos Fornos, preto do “Campante”, facilitoulle a este a fotografía (penso que lla vendeu).
Emilio Rodríguez Portabales

* A peña dos “Doutores” era famosa, entre outras cousas, porque, a pesar de estar formada por persoas
aparentemente moi serias, eran moi partidarios de gastar bromas en canto tiñan ocasión. E aquí temos un exemplo, pois ao “Arquiñas” gustáballe ben o viño, aínda que non era un bébedo.

Grazas a Emilio lembramos hoxe ao ultimo "cirurxián" de bonecas e bonecos que tivemos na cidade; don Felisindo un artesán, que mais por devoción que outra cousa dedicaba todo o tempo que lle permitía o seu oficio de pintor a facer felices aos rapaces ourensanos. el era tamén o encargado de reparar e ás veces construír os cabezudos da cidade, (os que saían nas festas, bo xa me entendedes, os de cartón e xeso).
Grazas Emilio

No hay comentarios: