Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

29/11/13

Cantos caerán este fin de semana????


   Tendo en conta o frio destes días e as datas nas que estamos, a colonia de guarros ourensana fai dieta ás agachadas para que non se lle vexan os quilos, e ver si así libran uns días máis.

  Estes dias os cheiros mais buscados, van ser os de chouriza fresca, nas suas versions de natural e picante, que rivalizaran cos seus primos, os salchichons as morcillas e outras variedades "exoticas", como o botelo, botillo etc.
   Os aires do sal marino procedentes das bodegas axudaran a levantar o espirito destes corpos maltratados pola crise, ca esperanza de que nun futuro proximo, eses xamonciños que agora repousan e collen substancia fagan un bo apaño entre duas paredes de bo pan (mellor si e de Cea).
    Veña o que imos, a eles que se lles faga un momentiño corto, e a nos que grazas a eles o noso bandullo alcance a groria.

(Rogo que fuxades do chiste fácil, que xa sei que esta entrada ata se podería dicir que o require.)

Na imaxe, dous bos amigos (aos que si recoñecedes, pídovos que "disimuledes"), acompañan con agarimo a un coñecido ao que debeu sentarlle mal a cea, ou mellor dito, "ao que parece que lle vai a sentar mal a cea".

   Unha aperta pra eses meus amigos e lectores que por estar lonxe da nosa terra; en paises onde non existe esta tradicción, van ter que agardar pra cheiralos.

No hay comentarios: