Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

19/2/13

As "miñas" Burgas


   As Burgas, marca emblemática de Ourense, para uns atracción turística, para outros zona de xogos infantís,
 .....e ti canto tempo aguantas coa man debaixo do chorro?,
.... ¡na poza non, que queima!.

   Quen non coñece "As Burgas"?, unhas fontes de auga quente, que misteriosamente brotan das entrañas da terra.
   Pero para os ourensáns, foron algo cotián, dende sempre estiveron connosco, utilizáronse, gozáronse, pero sen darlle mais valor, de feito ata correron perigo de desaparición, por esa falla de respecto que lle temos; foron a orixe da cidade, precisamente por esa calidade, de ter unha alta temperatura, os nosos devanceiros, situáronse ao redor dela, porque todo eran vantaxes, auga para cociñar, auga para lavarse, auga para curarse, todo é posible coa auga da Burga.

   Este era o aspecto de "As Burgas", a comezos do século XX, a zona de arriba estaba copada polas panaderias, estaba o forno da Rosa (é a casa que ten unhas caixas apoiadas na parede), a final desa rúa, outro forno que para min sempre foi a casa dos "Giles", alí tiñan o seu pequeno zoóloxico ((Dolly (unha bulldog con aspecto agresivo, pero que era un pedazo de pan) un mono, serpes, paxaros, había case de todo), a seguinte casa era o forno da "Canóniga", e despois estaba "A selva", nese solar hoxe afortunadamente, urbanizado, a finais dos sesenta lembro que xogabamos a cotio, e agora cos datos que teño, decatome de que o peligro non eran as espinas das silvas, senon as pozas que por ali habia, e que por fortuna non atopamos; serian as ninfas que protexian estes pequenos ourensans, algo inconscientes, do mesmo xeito que se supon protexeron os graxos da Burga??.
Que sorte ter crecido o calor das Burgas!!!!

No hay comentarios: