Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

1/10/12

Ourense practico.

A fotografía non podo confirmar si e da praza do Anxo, ou na Imprenta , pero polo casco vello foi.

   Sempre que atopo unha destas imaxes, a miña cabeza dáselle por poñerse a matinar, no tema de por que nas cidades fixémonos tan remilgados, ou pretendemos que o pareza; de xeito que o seu e ter un can con pedigrí, un escorpión, ou unha iguana.

   Non teño nada contra eses animaliños, si es caso todo o contrario, pola miña vida xa pasaron dous cans, dous gatos, varios paxaros, algún hámster, e o que pode ser causa do meu pensamento, algún pitiño, e catro patos, (dos cales dous chegaron a alcanzar a tenra idade de servir para cazola; por certo na casa non houbo quen tivera o valor de velos na mesa, e serviron de agasallo para o padriño do meu irma, don Eustaquio).
   O asunto vai ser, que no lugar destes animaliños encantadores, e que nalgún caso semellan persoas polo seu comportamento; non seria mais practico volver a época na que se tiñan galiñas, coellos, e porcos como animaliños de compañía; xa sei que o alcalde nos anos trinta creo recordar sacou un bando ca prohibición de que andasen pola rúa estes últimos, e razón tiña claro esta, que non e bonito ver as rúas decoradas cos pasteis deses bichiños, pero cos cans pasa o mesmo e non todos os donos levan o saquiño para recoller o seu “tesoriño”.
   Facédeme caso a próxima mascota un porquiño, iso si poñerémoslle uns picos dos que usaban antes os nenos para evitar a multa.

    Eu penso que debe ser a crise a que me fai ter estas ideas que vos parece?. Terei que falar ca xente de COREN ou Frigoluoro neste caso,  por si se podería montar unha pequena cooperativa; nos criámolos, e eles encárganse da comercialización.

No hay comentarios: